_
_
_
_
_
Reportaje:TERRA DE SEMPRE | LUCES

Novas paisaxes, novas imaxes

Documentais para mostrar como se transforman algúns lugares do país

"Interésame a paisaxe como rexistro da memoria e coma un xeito de apoiar á identidade". Son as palabras de Olalla Sendón, directora d'A casa de Lola de Andrés, un documental sobre a transformación paisaxística na Costa da Morte. Xunto con Sendón, varios directores novos traballaron nos últimos meses en fitas relacionadas con urbanismo e impacto ambiental, moi marcados polas súas orixes.

"Veía como empezaron a excavar nunha punta do val, e como se ía transformando todo ata a miña aldea, logo de percorrer tres quilómetros, como se fose un verme xigante", explica Xosé Bocixa, director do documental A ceo aberto, un traballo sobre o impacto físico e psíquico que supuxo para As Encrobas a posta en marcha de Lignitos de Meirama, a mediados dos setenta.

Bocixa (As Encrobas, 1967), tiña dez anos cando as paisaxes da súa infancia transformáronse radicalmente: "Comprobaba como cada día mudaba a paisaxe, aumentaba a tensión social, as casas agretábanse e derrubábanse, as fontes secaban e as estradas eran un lamazal". Na memoria da súa nenez, o vindeiro 15 de novembro, quedan "as fragas, as bubelas, os teixos e os ríos do Val das Encrobas". Pero esta non semella ser a última transformación das Encrobas. O vindeiro ano rematará a licencia de explotación da mina, e o documental afonda no que pode ser outro cambio radical da paisaxe: "Un lago que encherá o oco da mina, un campo de golf e seguramente unha urbanización", explica Bocixa resignado.

Pero a idea dos campos de golf e dos macrolagos artificiais non se limita só ás Encrobas. A realizadora das Pontes Sabela Pernas trata unha temática moi semellante en Ciclo combinado, o seu debú como documentalista, onde indaga no impacto que Endesa tivo nas Pontes, un pobo que según a directora, "entrará nun punto de inflexión cando o 31 de decembro remate a licencia de explotación da mina, logo de 30 anos". Para esta directora, a presencia de Endesa mudou o espazo físico e sociolóxico do pobo: "Aquí veu moita xente de fóra a traballar e foise artellando un pobo desarraigado, co cal ademais do brutal impacto paisaxístico houbo tamén un impacto sociológico". O futuro do cráter de Endesa tamén pasa por un lago artificial. "Ocupará un espazo comparable a 800 campos de fútbol. É intentar convertir un pobo industrial noutro turístico e fálase incluso de que poida condicionar o clima", explica Pernas.

Os cambios da paisaxe e do urbanismo na Costa da Morte, en concreto na praia de Sardiñeiro, espertaron a atención de Olalla Sendón, que pasou neste lugar longas tempadas na súa infancia. A insaciable febre constructora nun espazo nautural ata hai poucos anos case virxe, levou a Sendón a realizar o documental A casa de Lola de Andrés, un traballo no que agroman a memoria, a paisaxe e a especulación. O filme foi seleccionado en importantes eventos coma o Cinema Jove de Valencia, o Festival de Málaga, o Alcances de Cádiz, ou o Festival de Ourense.

No documental ofrécense opinións plurais sobre a evolución da Costa da Morte e tamén algunhas visións alleas, coma as dos pelegríns, que viaxan cara Fisterra agardando atopar paisaxes idílicas.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

"Parece mentira que facendo o que fixeron no sur de España, se repitan agora os esquemas no norte", reflexiona resignado un alemán.

"Cando era pequena, para min a paisaxe tiña unha sensación de eternidade, pero de catro anos para aquí houbo unha transformación tremenda. O pasado verán en catro meses mudou completamente a paisaxe, foi algo brutal", explica esta xove realizadora, que está a rematar agora Os Fabulosos irmáns da luz, un documental sobre os vellos espazos da Costa da Morte onde antigamente se proxectaba cine mudo.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_