_
_
_
_
_
LUCES

O musical desembarca en Galicia

As xiras de 'Cabaret', 'Grease' e 'Fama' chegan a Vigo e Vilagarcía

Hai algúns anos o única xeito de ver un musical en directo era achegarse a unha das grandes capitais. Agora xa non é necesario porque as grandes montaxes realizan xiras que permiten contemplar estos espectáculos por moitas cidades. Os interesados neste tipo de acontecementos terán a oportunidade de rememorar tempos pasados con dúas montaxes baseadas en filmes de éxito nos anos 80, Fama e Grease. A terceira ocasión chegará coa dun dos musicais máis famosos da historia, Cabaret, un espectáculo que xa visitou Galicia a principios deste ano e que acadou un gran éxito durante os 33 meses que permaneceu en cartel en Madrid, onde superou os 900.000 espectadores.

O auditorio municipal de Vilagarcía acollerá dúas funcións diarias deste musical entre o 12 e o 15 de xullo. A atmósfera do Kit Kat Klub berlínés é o escenario no que trinta artistas recrean o ambiente que se vivía na capital alemá nos anos nos que Adolf Hitler ascendía ao poder. Aínda que a imaxe de Cabaret sempre estará asociada á figura de Liza Minnelli pola súa interpretación de Sally no cine, a versión do musical realizada en España satisfará aos que disfrutaron coa película.

O musical Grease poderá verse no auditorio Caixanova de Vigo, tamén en dobre función, o vindeiro 7 de xullo. Ao longo de perto de dúas horas o público poderá seguir as aventuras amorosas dun grupo de estudiantes nun instituto estadounidense. O ambiente dos anos 50 está perfectamente reflectido nunha montaxe que lembrará aos inesquecibles John Travolta e Olivia Newton-John, que protagonizaron a película orixinal.

A versión musical de Fama chegará ao mesmo escenario vigués entre o 19 e o 22 de xullo. A historia dun grupo de estudantes de música e baile que fascinou durante moitos anos a milleiros de seguidores en todo o mundo convértese agora nun espectáculo no que as condicións físicas dos bailaríns e as habilidades vocais dos cantantes serán os maiores atractivos. Para voltar aos anos 80 e lembrar aos ídolos daqueles tempos xa non é necesario recurrir ao DVD, alomenos durante este verán.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_