_
_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Ortigueira volve ás orixes

O máis veterano dos festivais reforza a presenza da música galega e de orixe celta

Hai xa uns anos que a palabra celta desapareceu do nome oficial do Festival de Música de Ortigueira. Pero para esta nova edición, que se celebrará entre os días 5 e 8 de xullo, un dos certames máis afamados de Galicia e con renome internacional volve ás súas orixes cunha marcada aposta polo folk galego. A boa saúde da producción musical autóctona e a gran demanda de artistas desexosos de presentar os seus últimos traballos nun festival que atrae a unhas 100.000 persoas levou á organización do evento a dar máis presenza ca nunca á música galega tradicional e celta no cartel destas 96 horas de festa ao aire libre.

"Retornamos ás orixes da esencia galega porque a producción da nosa terra ten potencial, forza e variedade", confirmou o director do Festival de Ortigueira, Francisco Rivera. Participarán desde os máis destacados representantes da música tradicional do país ata os máis innovadores, coma a artista Mercedes Peón, que será a encargada de pechar o festival, o domingo 8, cos temas do seu último traballo Sihá nos que fusiona os sons tradicionais cos ritmos máis modernos.

Ao escenario da praia de Morouzos regresará Milladoiro, o veterano grupo que foi un dos artífices do nacemento, hai 29 anos, desta cita internacional do folk celta. O grupo de Pepe Vaamonde e o conxunto formado por Daniel Bellón, Diego Maceiras e Álex Blanco serán outros dos interpretes da música galega máis arraigada que protagonizarán os concertos de Ortigueira.

Pero aínda coa marcada aposta pola música de Galicia, o festival non deixará este ano de ser ecléctico. Acudirán potentes grupos folk do mercado internacional, como os premiados anglo-irlandeses Flook, que encabezaron as demandas do público na web do festival; o veterano sexteto Dervish (Irlanda), que xa estivera hai dez anos; ou o escocés Eric Rigler, coñecido compositor de bandas musicais de películas como Braveheart ou Titanic e unha das figuras do mundo musical celta. En Ortigueira, tocará a gaita xunto a súa banda estadounidense Bad Haggis, coa que mistura os sons celtas cos ritmos latinos.

Volverán ter cabida artistas que fan música de raíz á marxe do mundo celta, como o acordeonista vasco Kepa Junkera, quen tamén agora especializouse en fusionar a música da súa terra coa doutros continentes, ou o grupo polaco Kroke, aclamados intérpretes nos festivais máis importantes de Europa polas súas composicións orixinais nas que engaden á música xudea tradicional do seu país arranxos de clásica e jazz.

Para dar pulo ás novas formacións, a festa arrincará o 5 de xullo coas actuacións das cinco bandas novas que gañaron, mediante votación por Internet, o concurso Runas'07, organizado cada ano co fin de permitir aos máis xoves músicos utilizar toda a loxística dos grandes artistas para darse a coñecer. Concorreron máis de 50 agrupacións, e os gañadores son tres grupos de Galicia (Sete Saias, Crema de Gaita e Bonovo), un de Madrid (Balbarda) e outro de Andalucía (La Jambre).

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Á marxe da música, o festival volverá dar protagonismo á danza, coa actuación nas rúas de Ortigueira do Centro Coreográfico Galego, así como á fotografía, cunha mostra das imaxes de José Pardo, e aos talleres de percusión. Proxectaranse ademais curtametraxes e un documental sobre o grupo musical das caboverdianas que viven en Burela.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_