_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Por fóra dos camiños mallados

Alberte Pagán sitúase á marxe do convencional con filmes autoproducidos

"Traballo sen subvención, sen industria, sen nada; completamente por libre, no mellor sentido da palabra". Con esta poética preséntase Alberte Pagán (O Carballiño, 1965) para falar da súa obra cinematográfica. Tres curtas e unha longametraxe, encadradas na probábel tradición do cinema experimental, puntúan a carreira do realizador. Pagán vén de recibir o premio de ensaio cinematográfico Román Gubern polo seu último filme, Bs. As., que se impuxo aos traballos do catalán Marc Recha ou do estadounidense Alan Berliner.

"O cinema experimental defínese, máis ben, polo que non é", sinala Alberte Pagán. "Un mundo tan amplo que resulta imposíbel esgotalo" e no que o autor do Carballiño detecta "o cinema máis radical, o que escapa do camiño mallado e repetitivo do comercial". O traxecto que levou a Pagán aos terreos do experimentalismo comezou na intuición. "Como espectador, descubrín cinemas alternativos sen posuír bagaxe crítica para aprecialos", lembra, "pero que me interesaban máis que o convecional, un cine que naquela altura xa me aburría".

"Se a propiedade privada é un roubo, a propiedade intelectual aínda máis", di Pagán

Ás querenzas fílmicas de Pagán naceron na narración periférica de cineastas como Michelangelo Antonioni ou Ingmar Bergman. "Trátase de cinemas narrativos que forzan o modelo convencional; Ingmar Bergman mesmo chegou a manipular directamente a tira de celuloide ou o propio aparello cinematográfico, como os cineastas experimentais". O estremismo estético do tailandés Apichatpong Weerasethakul ou a monumental Ao oeste dos camiños de ferro, do chinés Wang Bing, sérvenlle a Alberte Pagán para apuntar que o epicentro do cinema experimental arestora trasladouse cara a Asia. "Wang Bing gravou o filme [de nove horas] só cunha cámara e sen equipo", di, "así que hai futuro". Pagán, que monta os filmes nun computador caseiro, non dubida: "Viva o vídeo".

Precisamente na súa faceta de teórico, que representan libros como Introducción aos clásicos do cinema experimental (1999), Imaxes do soño en liberdade. O cinema de Eugenio Granell (2003) ou A mirada impasíbel. As películas de Andy Warhol (2007), que constitúen referencias no ámbito europeo, Pagán amosa certa fascinación polos cineastas que traballan sobre a materialidade da película de celuloide. No mes de xullo, coordinará unha mesa redonda que contará coa presenza de José Antonio Sistiaga. "Sistiaga é o autor de Ere erera baleibu icik subua arauaren, de 1970, a película pintada sobre celuloide máis longa da historia", explica, "e semellante aos traballos de Granell".

Mais o cinema do propio Alberte Pagán afástase da manipulación do soporte. "Existe un pequeno desfasamento entre o cinema que me gusta, sobre o que escribo", confesa, "e o cinema que eu realizo". Para Pagán, os seus filmes non participan dun formalismo puro: "O corpo sempre me pide meter realidade no cinema, a vida social, as relacións, a política". Bs. As., que no inicio pensara sen banda sonora, rematou convertida nunha reflexión sobre como a época histórica inflúe na vida individual. "Bs. As. xoga a dúas bandas, a inmersión da realidade nun marco formal", relata. A pegada da francesa Chantal Ackerman, afinidade declarada de Pagán, ou do armenio Artavazd Pelechian pairan sobre o enfoque visual da fita.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Antes do recoñecemento público de Bs. As. -exhibida nos festivais de Xixón, Las Palmas ou Punto de Vista, de Navarra-, Pagán explorou as dimensións do relato en Como foi o conto, e reconstruíu as imaxes que recollera nunha comunidade waslala na illa nicaraguana de Zapatera en Os waslala e Conversa em Zapatera. "Agora comezarei a traballar no que rodei en Zimbawbe no mes de marzo, máis de quince horas de bruto", revela. Alberte Pagán botou tres semanas no sureste de África, onde foi arrestado por gravar na capital, Harare, durante os disturbios que abalaron o país logo dunha manifestación contra o goberno. "Tamén filmei nunha aldea do interior de Zimbawbe, e a miña idea é armar un díptico sobre a vida dunha muller e, ao mesmo tempo, falar da situación social".

Alberte Pagán viaxa e roda pola súa conta e risco. "Nunca presentei proxectos a ningunha produtora, entre outras cousas porque non os teño; os filmes van nacendo sós a partir das imaxes", afirma. "Como lle vendo iso a unha empresa?". E continúa: "Amais, estou en contra dos dereitos de autor, que en realidade son dereitos do produtor; se a a propiedade privade é un roubo, a propiedade intelectual moito máis".

Ao cabo, o cinema de Pagán móvese por copias privadas e, no caso de Bs. As., con dúas proxeccións públicas na Galiza -no CGAI da Coruña e no Cineclube de Compostela- e un pase pola televisión local do Carballiño. "Fago o que quero, como quero, cando quero; que me gustaría que máis xente vise o meu cinema? Loxicamente, pero tampouco aspiro a nada máis".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_