_
_
_
_
Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

No tempo da literatura 'Roger Rabbit'

En 1986, en Galicia aínda era o tempo en que se coidaba que unha ars nova mudaría a vida -talvez, de paso, cambiaría o mundo. Era a época da literatura Roger Rabbit (como a denominou un escritor arxentino cuxo nome non lembro): cando estaba claro que a ficción literaria estaba disposta a actuar valente, ousada, decididamente coa vida, a rectificala, a encarreirala. A vida individual e a vida colectiva, da nación. Daquela, a literatura Roger Rabbit propuxo o seu lugar entre os discursos que cambiarían o mundo e arredores. Mais talvez teñamos que conceder que os efectos logrados eran (son) ben poucos -máis logrou o filme de Spielberg, onde os debuxiños derrotaban ao malvado home real. Era o tempo en que a maioría dos literatos galegos semellaban atormentados pola "consciencia" nacional.

Daquela, a vila, a cidade, eran, na literatura galega, o lugar do baleiro, da barbarie, ao que se lle opuña o ateigado: o campo, a aldea. Naquela década, escritores corentóns que nunca traballaran a literatura Roger Rabitt tentaron, quizais inadvertidamente, unha operación: facer da cidade bárbara, do baleiro vilego, un demasiado ateigado, un lugar de civilización. Fracasaron, ou ficaron a medias. Era un traballo que correspondía, debía corresponder, a unha nova promoción, cuxo abandeirado foi Suso de Toro. Mellor dito, unha obra deste: Polaroid.

Como foi recibida unha obra que se erguía contra a tradición ao tempo que a transcendía? Con certo entusiasmo, talvez máis por parte dos novos lectores que, ao abeiro dos planos de estudo e da situación política, se incorporaban ao galego, que por parte da crítica. Aínda que esta tamén manifestou entusiasmos. Ao seu respecto falouse de costumismo, de realismo sucio (era o seu tempo americano), da fenecida posmodernidade. En realidade, a súa aparición colleu(nos) despistados a case todos, debido á tradición que carrexabamos -malia Blanco Amor.

Segundo Dolores Vilavedra, en 1986 prodúcese un cambio de paradigma na narrativa. Se así foi, non hai dúbida de que Polaroid foi o edificio que o sustenta, non só a primeira pedra. Porque, en certa maneira, pódese considerar esta novela como un manifesto narrativo. Suso de Toro, mellor dito Polaroid, viña dicir que a literatura é creación, non comunicación (crear: dicir algo novo, non explicar unha cousa nova), como lembraba Deleuze. Ademais, o autor fuxía dese elemento tan loado entre nós como elemento intrinsecamente literario e que, no fondo, non é máis que outra forma de retórica -no mal sentido- literaria: a pericia lingüística. Non daba importancia á acción argumental, un elemento vicario. O importante era a descrición dun tipo, dun ambiente.

Polaroid goza dunha prosa natural, de sintaxe simple e períodos curtos, cunha gran capacidade de recreación dos tics de comportamentos, de rexistros non estritamente literarios e de actitudes intranscendentes do individuo, que sabe reflectir no papel. Era un texto fundador non só por dar fe de clases sociais que até entón apareceran na narrativa galega de maneira marxinal, senón tamén porque unha serie de narradores novos se basearán nel, citándoo ou non, recoñecendo ou non a súa influencia. Velaquí os maiores logros da novela: a creación dunha linguaxe (que nada ten a ver coa chamada "riqueza lingüística") e, sobre todo, dunha dinámica narrativa. Esta despregaba diversas tácticas: desconfianza perante os grandes temas, manipulación dos xéneros, pallasada moderada contra o necesariamente verdadeiro, digresión, ruptura da sucesión lineal, traballo do fragmento, dos espazos incompletos, do que queda por ser dito ou ouvido... Nada acabou de callar. Por tanto, aínda hoxe hai que celebrar a lección de Polaroid, presente e actual.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_