_
_
_
_
Reportaje:Luces

Á procura dunha lingua de 'calidade'

Un ensaio do profesor Sánchez Rei reaviva antigos debates sobre o galego

As únicas linguas que non mudan son as mortas. A variación é característica esencial de calquera idioma. A uniformidade do rexistro estándar é resultado dun proceso complexo que non remata cunha variedade dialectal, que non é unha eiva, senón unha riqueza. E o galego non é excepción. Se algo o ameaza son as interferencias do castelán. O profesor da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei reforza con argumentos coma estes a réplica a preconceptos sobre o galego no ensaio Lingua galega e variación dialectal, que acaba de publicar Laiovento.

O libro reaviva algúns dos principais debates arredor das diferenzas internas que amosa o idioma. Unha, a que responde ao factor xeográfico, foi ás veces condenada como atraso e utilizada para negarlle ao galego o status de lingua, e noutras ocasións idealizada como fala natural oposta ao estándar. Sexa como for, a variación dialectal do galego non é tan elevado como de xeito intuitivo se considera. "No ámbito fonolóxico e fonético, por exemplo, as similitudes no sur de Francia son do 50%, e en Galicia, do 90", explica a profesora e directora do Instituto da Lingua Galega, Rosario Álvarez.

A posición dominante do castelán é fonte de deturpación

Todas as linguas varían. Tamén no tempo, segundo o contexto ou como reflexo da estratificación social, da diversidade étnico-cultural ou das diferenzas de xénero ou idade, sinala Sánchez Rei no libro. Non hai dous falantes iguais. Nin a variación se atopa en perigo de extinción. "Hai trazos dialectais que avanzan e outros retroceden, é normal. O estándar é convención, unha variante que se adopta como forma culta, pero nin pretende nin pode acabar coa variación dialectal, simplemente faina cambiar", indica Álvarez.

"Nos setenta o propio idioma ía eliminando variación: en zonas onde concorrían formas como a rosaliana cantás e a maioritaria cantades, aquela de xeito espontáneo ía desaparecendo", engade o catedrático da Universidade de Santiago Francisco Fernández Rei, un dos responsables do traballo de campo do Atlas Lingüístico Galego.

As orixes da variación son diversas. Do mesmo xeito, a preocupación dos poderes públicos por crear un estándar que unificase a lingua e favorecese o Estado-nación, áchase nos alicerces da uniformización. "As linguas que son só orais na comunidade local, en sociedades tradicionais, teñen moita variación dialectal. A pregunta que temos que facernos é a contraria: como se unifican as linguas?. Na medida en que se modifican as condicións anteriores, a unificación avanza", comenta o tamén profesor Henrique Monteagudo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

A cuestión é que, no galego, a posición dominante do castelán é fonte de deturpación. Ambas confúndense, de xeito que o que son en realidade castelanismos acaban sendo aceptados, a nivel popular, como trazos dialectais, converténdose nun obstáculo para a calidade da lingua. "A presión do español provocou que levemos anos a confundir variación dialectal con trazos alleos á nosa lingua, de maneira que ás veces xustifícase calquera fenómeno por escoitármolo habitualmente na fala, sen peneirar o propio do foráneo", salienta a profesora Goretti Sanmartín.

O desacordo que se mantén entre filólogos sobre a orixe da gheada exemplifica deste fenómeno. Para uns é unha evolución do galego medieval. Para outros, interferencia do castelán. Sánchez Rei decántase pola segunda hipótese e Monteagudo pola primeira. A extensión xeográfica da gheada e do seseo, aclara Fernández Rei, "é a mesma desde hai trinta anos. Na xente nova si que se aprecia un intento de agachalo, porque aínda que forman parte da normativa, na práctica os prexuízos contra a gheada, fenómeno xerado polo galego, seguen vixentes".

Fernández Rei dá pistas, porén, para non esaxerar o impacto do castelán. "Nas propostas da normativa vixente houbo que escoller. No plural occidental -ns que é o que usaron clásicos como Rosalía, Pondal ou Manuel Antonio; e tamén no pronome basicamente occidental ti, que non só usaron escritores que o tiñan no seu galego, senón támén Otero Pedrayo ou Cunqueiro, que preferiron a forma diferencialista do castelán no canto da propia, que era tu". Sánchez Rei advirte da ameaza que supoñen para o galego a substitución polo español e o proceso de hibridación. "O principal problema está na sintaxe", sostén.

"É grave a deficiente colocación do pronome persoal átono, mesmo por eliminar as distintas opcións existentes e confluír co español, a introdución de tempos compostos, de maneira directa ou disimulada [a partir, por exemplo, da tradución de 'haber' a 'ter'] e, en xeral, na ruptura da sintaxe do galego que mesmo galegofalantes poden non recoñecer ou traducen sistematicamente ao modelo español", subliña Goretti Sanmartín. O problema está intrinsecamente relacionado coa percepción social do estándar. "Dun xeito inconsciente, moita xente asume que o galego é a lingua B e a o castelán a lingua A", cre o profesor Freixeiro Mato.

Incorporarse á 'neofala'

"Hai unha certa resistencia ó estándar que eu vexo ata certo punto comprensible, porque un ten que estar cómodo coa súa lingua. Nun contexto máis formal é o estándar o que se debe usar. Pero o que non podemos é pedirlles aos falantes que estean nun permanente acto de militancia", opina Rosario Álvarez. "Os castelanismos, para algúns galegofalantes, poden ter unha afectividade que non ten o estándar e en usos familiares non che é o mesmo queixarse de dolor que de dor; e no galego oral hai castelanismos que o falante pode usar conscientemente polo valor intensificador. É caso de adxectivos como bueno que xente que sempre di bo ou bon pode usarse ese bueno para indicar moi bo, excelente", amece Fernández Rei.

Monteagudo propón reforzar o galego culto na riqueza dialectal para ter menor "artificialidade". "Recoñecermos como singulares o infinitivo flexionado ['É urxente lermos literatura contemporánea'], da interpolación ['Fai o que che eu digo'], de estruturas do chamado complemento directo preposicional ['Non andes a regalar neles'], optar polos conectores propios do galego ['Ben', 'mais', 'porén') e dedicármoslle esforzo a potenciar o seu uso son maneiras de nos diferenciar do castelán e de reducir o perigo da confluencia que provoca innumerábeis deturpacións", suxire Sanmartín.

"Os galegofalantes tradicionais, os que falan o auténtico galego con fonética, fraseoloxía e sintaxe galega, pero con castelanismos léxicos teñen baixa estima da súa fala e ven nos neofalantes un modelo de bo galego. Mais benvidos sexan milleiros de neofalantes, con cinco ou sete vogais e con erros de colocación de pronomes, que esperemos vaian corrixindo", conclúe Fernández Rei.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_