_
_
_
_
Reportaje:Luces

Ao rescate da gloria do Pórtico

A restauración máis ambiciosa nunca proxectada da obra do Mestre Mateo non lle devolverá as cores perdidas, pero revelará tonalidades insospeitadas e definirá a canteira de onde saíu a pedra

Os canteiros vellos xa o sabían. Sabían que a pedra que elixiu o Mestre Mateo en 1168 para dar corpo á súa imaxinación viña dalgunha canteira das moitas abandonadas, cubertas de silvas e toxos, que hai en Santiago, entre Figueiras, nas abas do Pedroso, e o outro monte veciño de Fontecova. Logo, hai xa anos, o departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago, que leva dúas décadas estudando a alteración da pedra dos monumentos galegos, confirmou aquilo e engadiu que o granito do Pórtico da Gloria era dos chamados migméticos. Moi heteroxéneos, ás veces cheos de vetas e ás veces non, bastante duros pero non tanto como para non ir esfarelándose, perdendo as escamas co paso do tempo, a humidade e a man e o bafo do home.

O vaciado dos ingleses protexeu ata hoxe as cores que aínda quedaban
A pedra do Pórtico procede dalgunha canteira do Pedroso ou o Fontecova
Más información
El Pórtico de la Gloria, como el primer día

O que pasa é que este equipo, composto de xente de Farmacia e de Bioloxía, non puido nunca obter unha mínima mostra do material do Pórtico para comparar ese petisco coas outras catas extraídas dos xacementos composteláns. Pero é máis que probable que os tempos sexan chegados. Das 40 empresas de restauración que convidou a Fundación Barrié de la Maza a participar no concurso de proxectos para a restauración, 13 foron preseleccionadas polas súas propostas iniciais e 10 delas confirmaron que asumirán o reto. O 4 de xullo péchase o prazo para as ofertas e o 24, véspera "por casualidade" do día de Santiago, o xurado emitirá o seu dictame. Pero estes días, cada unha destas empresas (hainas galegas, españolas, italianas e francesas) prepara o seu proxecto e algunhas queren contar co coñecemento dos edafólogos santiagueses.

Co gallo da restauración, poida que se concrete a canteira (ou canteiras) da que saíron as 200 figuras que labrou durante 20 anos o taller de Mateo. "E iso será interesante, sobre todo, para levar a cabo ensaios e tratamentos" desta obra mestra, apuntan dende a universidade. Se cadra ata se termina sabendo de onde veu o mármore gris do parteluz que leva a xenealoxía de Xesús, ese que furaron ó longo de oito séculos os dedos peregrinos.

Cando remate a restauración, contra marzo de 2010, segundo Juan Monterroso, director do departamento de Historia da Arte da mesma universidade, verase "máis ou menos o mesmo que agora, aínda que en mellor estado de conservación, e é probable que se recupere parte do cromatismo que está debaixo". Os restauradores, despois dunha fase de análises previas (que veñen precedidas polo escaneo que xa acometeu a Barrié "para ir adiantando un traballo que vai contrarreloxo"), empezarán a limpar con bastonciños de algodón como os das orellas, bisturí e auga destilada a pedra. Poida que non avancen a un ritmo maior dun centímetro cadrado por xornada.

Na restauración non usarán pigmentos. Cando se limpe a pátina, a primeira capa que apareza será a que quede á vista. Crese que o Pórtico, tal e como o asinou Mateo, era branco, negro, vermello, azul e dourado de pan de ouro. Logo, os sucesivos repintes cunha climatoloxía como a nosa, onde ningunha pintura (e menos as de entón, que contiñan aglutinantes orgánicos) conserva o esplendor "despois de 30 anos", foron modificando a estética inicial. Pero Monterroso di que ningún experto pode prescindir desas restauracións seculares, porque "iso sería o mesmo que quitar capas de historia". Un destes retoques está documentado, foi o que fixo Crispín de Evelino en 1651. Encarnou brazos, pés e fazulas por 130 ducados.

O máis seguro é que os escaneos en altísima resolución destes días sirvan para, unha vez rematada a recuperación do Pórtico, facer recreacións dixitais de cada unha das facianas que presentou esta obra relixiosa, unha das máis famosas do mundo, en distintos momentos da súa historia. En papel ou en vídeo, pode que vexamos como era o Pórtico en 1188, naquel día das "calendas de abril" no que Mateo entregou a obra ó bispo Suárez de Deza, no mesmo ano en que morreu Fernando II, o rei que llo encargara. Polo de agora, mentres non haxa imaxes virtuais, o público pódese facer unha idea de como era a obra orixinal visitando o Pórtico do Paraíso de Ourense, que si ten cor.

O Pórtico, por fortuna, nunca estivo directamente á intemperie. Era o adro. Tiña e segue tendo unha cuberta sostida, na outra beira, por eses piares de en fronte dende onde unha exuberante Esther esperta o erotismo durmido do profeta Daniel. Esta parte que nunca sae nas fotos tamén será restaurada.

A deterioración do Pórtico veu, xa pechado pola fachada barroca, polas humidades e a condensación propias da catedral "máis viva" de todas. Na basílica de Santiago sempre hai xente. Isto mancouno moito máis que o famoso baleirado de Domenico Brucciani en 1866, que se exhibe no museo South Kensington. Desprendeuse algo de pintura, sí, di o profesor Monterroso. "Pero a cera con que protexeron a pedra" antes de poñer a escaiola quedou aí. Segue aínda aí amoreando po. E protexeu todo este tempo do bafo e da calor as pinturas que quedaron.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_