_
_
_
_

Entrevista con Xosé Manuel Pérez Bouza

Candidato del BNG al Congreso por Ourense

Xosé Manuel Pérez Bouza

Xosé Manuel Pérez Bouza (Caracas, 1970) es enfermero y ha ocupado un escaño en el Senado por designación autonómica desde marzo de 2008. Ha sido portavoz del grupo municipal del Bloque en el Ayuntamiento ourensano de A Porqueira y portavoz de los nacionalistas en la Diputación de Ourense. Buena parte de su actividad en el Senado durante esta legislatura se ha centrado en criticar la sobreexplotación de la cuenca del Sil, gestionada por el Ministerio de Medio Ambiente, por parte de las compañías eléctricas.

1Salgado16/11/2011 06:04:32

Como exdiputado provincial, crees necesario que as diputacións, desaparezcan, e den paso a outra forma de articular o territorio? Moitas gracias e sorte.

Ola, grazas a todos pola vosa participación e a elpais.com polo convite. Por suposto, creo que as Deputacións deben desaparecer, posto que non serven máis que para que Baltar enchufe aos seus. Habería que habilitar mecanismos comarcais moito máis interesantes para a cidadanía. Por certo, o BNG defendeu nas Cortes a supresión das Deputacións e PP e PSOE votaron en contra. Agora o PSOE di que quere acabar con elas, pero xa non ten credibilidade, puido facelo cando llo dixo o BNG.

2Karlos16/11/2011 06:08:38

¿Por qué el PP va en contra de nuestra lengua gallega? Gracias

O PP vén dunha tradición que sempre negou a nosa identidade porque no fondo prefire un estado español uniforme, sen riqueza cultural. Pero ademais moitos deles teñen complexo de ser galegos e ás veces parece que quixeran ser madrileños. Hai pouco o conselleiro de infraestruturas afirmaba que era máis importante o AVE a Madrid que o da Coruña a Ourense. Isto demostra que non cren no noso territorio e que o que pensan é que a riqueza hai que ir buscala alá, como se nós non tivesemos recursos, iniciativa e riqueza, xusto tres cousas das que imos sobrados a pouco que se xestionen ben, como defende o BNG.

3José Manuel Maside 16/11/2011 06:11:42

Querido Xosé Manuel: Cal cres que é a explicación de que non exista unha maioría de galegos que votemos polo BNG cando é a única forza política cuxo único obxectivo é defender o mellor para Galicia? Cómo é posible que a túa elección por Ourense teña tantas dificultades cando fuches o mellor senador de toda España na derradeira lexislatura? Ánimo. Necesitámoste en Madrid.

Grazas polo apoio. Aínda non sabemos cando xente nos vai votar e dende logo o que está moi claro para calquera é que o noso traballo en Madrid está moi ben valorado (incluso polos nosos adversarios políticos, aínda que non o digan en público) co cal estamos convencidos de que podemos obter representación do BNG por Ourense en Madrid por primeira vez na historia. Está no ambiente. E non queremos estar nas Cortes por interese propio ou da organización, senón polo de Galiza e, no meu caso, moi especialmente polo de Ourense.

4Azaídes16/11/2011 06:19:01

Los partidos se hartan de decir que los pilares del sistema son la educación y la sanidad. ¿Para cuando lo será también la fiscalidad justa y progresiva, que es la base que sustenta a las primeras, a la vez que el instrumento que cohesiona la sociedad?

A potenciación dunha educación e unha sanidade pública, universal, de calidade e gratuita sen ningún tipo de recorte é un dos alicerces do programa do BNG pero non do de PP e PSOE, que nunca se negan os recortes senón que andan dicindo a ver se son menos e cousas así... sempre axeonllados os intereses financeiros. O BNG non quere recortes nos servizos públicos, ao contrario, queremos melloralos e iso, efectivamente, pode conseguirse cunha fiscalidade xusta e progresiva, na que acheguen máis o que máis teñen, algo que xa sabemos que o PP non vai facer e o PSOE tampouco, por moito que diga en campaña enganando á xente. Puido facelo e non o fixo. Con eses cartos que se recauden financiaríase a sanidade, a educación e outros servizos como a dependencia, moi importante en Galiza e en Ourense. Ademais, tamén deberíamos reducir o gasto militar e loitar en serio contra a fraude fiscal, que é un escándalo.

5Dende a Limia16/11/2011 06:23:15

Cales son as súas expectativas a nivel galego (en canto a resultados esperados nestas eleccións)? Non lle parece que esta vez as enquisas están moi cociñadas para mobilizar a esquerda? E finalmente, non se ve vostede como un posible líder do BNG e mesmo como candidato á Xunta ? (a ninguén se lle escapa que vostede é un dos activos do BNG con máis presenza mediática e ten reputación de bo traballador). Saúdos e grazas

Un pracer sempre falar coa xente da Limia, unha comarca cunha potencialidade enorme pero sometida ao fracaso do bipartidismo. As nosas expectativas son as de mellorar as nosas posicións e obter máis representación e creo que estamos en condicións de facelo. O ambiente, tanto en Ourense como a nivel galego no que participei ou me contan os compañeiros, é de optimismo, porque a xente, primeiro, sabe que a nosa presenza en Madrid é útil para o país, sen nós Galiza non existe en Madrid, e, segundo, porque as nosas propostas están na liña das de moitas persoas que nos últimos tempos están a protestar polo rumbo dos acontecementos e se negan a seguir participando na farsa dun bipartidismo ás ordes dos mercados e non da xente. A única alternativa galega útil e de esquerdas é o BNG.

6Oscar16/11/2011 06:28:12

Hola, ¿Cuánto cuesta la campaña del BNG y cómo se financia? saludos.

Pois non teño ese dato, pero dende logo é unha campaña moi austera que nada ten que ver cos caros despregamentos de PP e PSOE e baseada en falar coa xente na rúa, cara a cara e sobre todo escoitando as súas preocupacións. Como ben sabe vostede, falar cos cidadáns é gratis e o máis democrático, pero desgraciadamente vivimos uns tempos nos que a democracia comeza a ser atacada dende os partidos gobernantes. Xa puido ver vostede como, logo de anos dicindo que era intocable, algo tan relevante como unha reforma constitucional se fixo cunha conversa de dous tipos nun chiringuito de praia e sen consultar aos cidadáns en referendo. Unha vergoña. O BNG leva no programa a redacción dunha nova Lei de Consultas para que sexa obrigatorio que as grandes decisións sexan refrendadas en referendos. Non se trata de votar cada catro anos, a xente ten que participar e opinar todos os días. A xente, non iso dos mercados.

7Parada de Xinzo16/11/2011 06:34:19

soy una parada de Xinzo de Limia con mas de 50 años. Que propones, a las personas como yo, mujer, con amplia experiencia laboral y mayor de 50, en la comarca de la Limia, para encontrar trabajo digno, y no me digas, que haga cursillos, para reciclarme, que ya he hecho mas de 10?

Sinto moito a túa situación, que desgraciadamente é a mesma na que están inmersos uns . ourensáns. Esta provincia está sendo machacada a pesar da súa riqueza natural. Nós apostamos por crear traballo, non pola emigración á que nos aboca o bipartidismo que leva gobernando Ourense as últimas décadas. E para crear traballo nós si falamos de accións concretas, non como Rajoy. Por exemplo, nas comarcas de Ourense hai que apostar polos sectores produtivos como o da pataca, o viño ou a pizarra. Tamén necesitamos que se invistan xa os . millóns de euros pendentes en infraestruturas como o AVE ou as autovías, que dinamizarán a zona e crearán traballo. Tamén, dado que a banca privada está a outras cousas non moi axeitadas, estamos a prol da banca pública para darlle crédito aos emprendedores e as boas ideas. E para crear traballo hai que apostar polos servizos públicos, non polos recortes. E para recuperar xente do sector do ladrillo pensamos na rehabilitación, moito máis estética tamén. E por suposto, Ourense e en especial A Limia ten un enorme potencia no turismo sostible ou no termalismo. Temos grandes recursos naturais. Como naquel programa 'somos unha potencia' pero PP e PSOE non nos deixan explotala. O BNG si. Espero que atopes traballo axiña.

8Patricio16/11/2011 06:37:13

Por qué los políticos de los partidos nacionalistas se refieren a sus comunidades autónomas como países si saben que los que creen en la independencia de esas regiones son minoría? No le parece que revela falta de tacto?

Con todo o respecto, pero unha cousa é país e outra é estado. Non é cousa de nacionalistas, o propio Fraga cando era presidente da Xunta falaba de Galiza como "país" e de feito unha das sús frases preferidas era "hai que facer país", cousa que por certo el non facía e aínda menos que el o seu sucesor Feijóo. En todo caso, chamaba a Galiza "país" e que eu saiba Fraga de independentista galego pouco.

9Iñigo16/11/2011 06:41:00

¿veo que todas sus respuestas son en Gallego, tiene inconvenientes en contestar en castellano? ¿considera que contestando en gallego defiende mejor sus ideas polítcas?

Simplemente, o galego é o meu idioma. E iso non significa ter nada en contra doutros, como é o caso do castelán, ao contrario. E creo que ninguén se pode ofender porque unha persoa fale a súa lingua, eu nunca me enfadei por ver a unha persoa falar o seu idioma. É o normal.

10Joâo do Campo da Fonte16/11/2011 06:47:01

Desde la noche de los tiempos Ourense y la comarca de la Limia vienen siendo una potencia en emigrantes. La mayoría de los hijos y nietos de estos emigrantes estudiaron una carrera y se hicieron funcionarios. Todo este capital humano de gente preparada pero sin iniciativa. ¿Cuál es el camino Xosé Manuel?.

Na resposta a unha pregunta dunha parada de Xinzo falo dos remedios que hai que tomar para acabar coa emigración, remítote a ela con todo o respecto para non repetirme. Agora é a xeración de ourensáns mellor preparada da historia a que se ve obrigada a emigrar. É un drama enorme do que PP e PSOE non falan. Nós si e queremos acabar con el. Temos medidas concretas como as que che sinalei da anterior pregunta pero sobre todo temos unha convicción, Ourense ten potencial. Para o fracasado bipartidismo, Ourense é un caso perdido, non son conscientes da nosa riqueza e da nosa capacidade. E si que temos iniciativa, no rural ourensán hai exemplos abondo, pero as caixas estaban máis ocupadas co ladrillo de Valencia e non sempre daban créditos a estes emprendedores. E agora xa non hai crédito ningún para naide en Ourense. Por iso nós queremos que flúa outra vez o crédito e para iso, a grandes males grandes remedios, apostamos pola banca pública ao servizo da xente, non da especulación.

11alferiso16/11/2011 06:50:51

Gustaríame que lle dixeras á xente, que fan os representantes do PP e do PSOE en Madrid,cantos crucigramas fan e xornais len o día etc...

Xa falei moitas veces dos males do Senado. O que fan ou máis ben non fan os representantes de PP e PSOE é ben coñecido. Non fan nada ou case nada. Pero eu non miro cara eles. Eu creo nunha forza honrada como o BNG, que en Madrid, tanto no Senado pola miña parte como no Congreso pola dos meus compañeiros, foi unanimemente recoñecido como a máis traballadora e sempre polos intereses dos galegos e as galegas.

12Manolowsky16/11/2011 06:55:55

¿Hasta cuando nos van a congelar los salarios a los que trabajamos en sanidad?

O BNG está en contra de calquera recorte ou conxelación de soldos que afecte os servizos públicos. Dende logo, cun voto masivo ao BNG non habería máis recortes. PP e PSOE non poden dicir o mesmo.

13Xacobe16/11/2011 06:57:55

¿Pódese ser austero e malgastar (gastar pouco e mal)? ¿A clave é como di Rajoy non gastar máis do que se ingresa ou é gastar ben o que se ten?

Sobre a austeridade os galegos xa sabemos o que significa porque era o gran lema de feijóo e xa sabemos que se traduce en recortes dos dereitos sociais, desaparición do tecido industrial, subida do paro que dobla a media estatal, desaparición dos instrumentos financeiros propios, ataque á cultura, privatizacións dos servizos sociais...

14ignacio16/11/2011 07:00:43

Buenas tardes, ¿Qué tienen en común con el PP y que estarían dispuestos a pactar con ellos o con qué condiciones? Contésteme en español para que lo pueda entender y si no, no me conteste. Gracias.

Nós estamos dispostos ao diálogo con quen faga falta, pero con este PP dos recortes vexo complicado chegar a acordos. A que me puido entender? Permítame engadir que nós non impoñemos idiomas, malia que se nos acusa dende a extrema dereita diso. Polo contrario, vostede acaba de dicirme que castelán ou nada, o que si soa a imposición. Grazas por participar nesta charla aberta.

15CIENGUEGOS16/11/2011 07:02:31

Pensas que Guilherme ten mas presencia (sin ser candidato) en campaña que os candidatos? Sera que está na campaña de Xaneiro?

Mensaje de Despedida

"Moitas grazas polas vosas preguntas. Sempre é un pracer responder á cidadanía, que ademais ten dereito a coñecer de primeira man as ideas dos que queremos ser os seus representantes. Afondar na democracia real é un dos obxectivos do BNG. Para iso pedimos o voto este domingo. Fortes apertas".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_