Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra

Lagarta Lagarta recrea o derradeiro día de Stefan Zweig

Algo como Europa ha muerto, entroutras tonadas contemporáneas, debía estar na mente da compañía Lagarta Lagarta cando decidiron montar por primeira vez Unha hora na vida de Stefan Zweig, dende hoxe e ata o domingo no Teatro Principal de Ourense. "Vimos que podía estar moi de actualidade", di Ernesto Chao, no pelico do escritor vienés. "O que vivía Stefan Zweig cando morreu ten algunhas analoxías coa especie de preguerra mundial que vivimos hoxe".

O texto, do xornalista e dramaturgo canario Antonio Tabares, sitúase en Petrópole (Brasil) o mesmo 22 de febreiro de 1942 que escolleron para se suicidar o autor de Carta dunha descoñecida e a súa compañeira, Charlotte Elizabeth Altmann (Belén Constenla), ao pouco da toma de Singapur polos xaponeses. Un pouco antes do acto en por si -deixaron o hotel pago e unha presa de cartas para os amigos-, fartos de recibiren boas novas do Terceiro Reich, interrómpelles un exiliado xudeu (César Cambeiro), ao que confunden cun nazi. "Nós abrimos unha porta coa idea de que cadaquén pense o que queira", fixa Chao este drama "de intriga e suspenso".

Lagarta Lagarta chegou ao texto de Tabares, dirixido por Rosa Álvarez -á fronte das montaxes da compañía compostelá dende Aeroplanos (2008)-, por decantación e algo da sorte. Antes da desaparecer, o Centro Dramático de Aragón decidira subvencionar o texto para logo representalo. Tras a parada en Ourense, Unha hora na vida de Stefan Zweig pasará por Tui e Cedeira a vindeira fin de semana. A viaxe remata con tres funcións no Teatro Rosalía da Coruña, a comezos do mes de decembro.

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 7 de octubre de 2011