Viaxe plástica de ida e volta entre Vigo e A Coruña
Unidas polo asfalto da autopista, A Coruña e Vigo estrean agora unha ligazón plástica: unha exposición de ida e volta con catro artistas naturais de ambas cidades que idearon obras ex profeso inspiradas nos feudos de María Pita e Cachamuíña. Unha viaxe pictórica que, tras mes e medio na Casa das Artes de Vigo, chega hoxe ao Kiosco Alfonso coruñés. O proxecto, inédito e con intención de repetirse, naceu da vontade das concellerías de Cultura de ambas cidades, dirixidas por edís do BNG, de crear unha especie de irmanamento "con ánimo de sumar forzas en vez de tirar pedras" entre dúas urbes eternamente rivais, conta o comisario da mostra, David Barro.
Para darlle forma á proposta, Barro escolleu a catro artistas contemporáneos cunha traxectoria xa asentada que "tivesen en común un ollar pictórico sobre a realidade". Como ocorreu na Casa das Artes, encherán ata o 20 de marzo o Kiosco Alfonso con pinturas, fotografías e debuxos "que teñen a mesma intención de xerar unha realidade distinta". Son creadores, engade o comisario, que "pensan a pintura ao tempo que a producen, que traballan máis pensando na tradición da pintura que na técnica".
Recreando edificios
Bosco Caride (Vigo, 1963) elixiu recrear no seo das Casas das Artes e do Kiosco Alfonso o entorno exterior de ambos centros, a avenida viguesa García Barbón en obras e os Cantóns coruñeses. Realizou ademáis serigrafías específicas para estas exposicións. Almudena Fernández Fariña (Vigo, 1970), que sempre vencella as súas creacións plásticas ao espazo no que as expón, xogou en Vigo coas estructuras do chan da Casas das Artes que pintou nas paredes e optou na Coruña por darlle vida ás fiestras cegadas do Kiosco Alfonso reproducindo o exterior coma se estivesen abertas.
Os coruñeses Xurxo Gómez-Chao (1960) e Tatiana Medal (1971) escolleron, ofrecer as mesmas obras en ambas cidades. Fotografías que parten dun concepto pictórico cun xogo de flores e petálos compoñen a obra de Gómez-Chao, mentres que Medal expón pinturas e debuxos arquitectónicos nos que dominan as liñas que se multiplica case ata o infinito.
O propio título desta mostra de ida e volta, Abreveverba, é un palídromo (palabra que se pode ler igual de esquerda a direita e viceversa) que tenta reforzar este exercicio de unión cultural entre ambas cidades. O catalogo da mostra tamén é reversible.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.