_
_
_
_
Reportaje:Luces

Sen cartos pero con polémica

O rexeitamento de Agustín Fernández Paz do premio das Letras da Xunta suscita posturas encontradas sobre os galardóns entre a xente da cultura

Os premios son sempre polémicos, porque supoñen elixir o traballo de alguén por riba do dos seus pares. Pero o debate case sempre se produce baixo da superficie. Os Premios da Cultura Galega que concede a Xunta naceron (ou renaceron das cinsas dos Premios Nacionais de Cultura) xa discutidos. Primeiro porque, en relación cos anteriores, perderon a dotación económica (15.000 euros), o adxectivo Nacionais e tres categorías (Arquitectura, Pensamento Científico, Cultura Tradicional), que en principio ían ser cinco (recuperáronse os de Música e Audiovisual). Pero a polémica abrollou con forza cando se deron a coñecer o 16 de outubro.

"Cando os Premios da Cultura Galega foron convocados, manifestei o meu desacordo. Sigo a pensar o mesmo. En coherencia, non podo aceptar este premio". Agustín Fernández Paz, o galardoado co das Letras, rexeitábao nun breve comunicado no que tamén agradecía ao xurado a súa decisión. O escritor galego máis traducido, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, daba por rematadas as súas explicacións remitíndose ao chamamento Rosalía nunca aceptaría ese premio que fixera o 8 de outubro a plataforma Prolingua. "Nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega", dicía o manifesto, "polo tanto xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a cultura".

"Quitamos o de Nacionais porque tiña ecos políticos", aduce o conselleiro

O tamén escritor Víctor Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia (Premio á Promoción Cultural), cuestionaba antonte esa lexitimidade de non aceptar un galardón, invocando respecto "ás regras do xogo". "Galicia ten as súas institucións e estes premios tamén son institución dun país. Non teño nada claro que cando están os nosos teñamos que aplaudir e, rexeitar cando non están os nosos", dixo no Diario Cultural da Radio Galega. "Estes premios non se aceptan porque non sexan dos nosos, caso de que saibamos quen son os nosos. É que non son os nosos premios, desprestixiáronos e rebaixáronos. Primeiro suprimíronos, logo fixeron outros sen dotación económica. Os premiados non xulgan os premios polos cartos, pero a sociedade si. Non creo que Vargas Llosa necesite o millón de euros do Nobel, e a Ana María Matute tamén lle deron o Cervantes cunha dotación, e tanta austeridade ten un Goberno como o outro", contestoulle onte un dos voceiros de Prolingua, o escritor Xabier Docampo que, cos outros creadores galegos ganadores dun Premio Nacional de Literatura, criticou a reforma dos Premios de Cultura.

"Todos somos Agustín. Cunha elegancia exquisita, fixo un comunicado e deu o asunto por rematado, sen leas nin controversias. As regras de xogo mudaron co partido comezado e foi este Goberno quen as trocou, retirando do premio o termo nacional e deixándoos sen dotación económica, cando Fraga recibiu 30.000 euros por unha defensa da nosa cultura que ninguén coñece. Non é unha cuestión de cartos, senón de dignidade. Quen non o entenda ten un problema", opina o novelista Marcos Calveiro. Un compañeiro de oficio e xeración, Santiago Jaureguizar, tamén valora a decisión do xurado, xa que "por vez primeira o mellor novelista resultaba exaltado cun premio nacional como escritor sen adxectivos, sen ese trato degradante co que se contempla aos que escriben para rapaces". Pero non a do galardoado: "O seu rexeitamento sorprendeume. Secundo a opinión de Freixanes de que estes premios non os concede un partido, senón a máxima autoridade do país".

Fóra da escrita, as augas baixan máis calmas. A cantante Mercedes Peón, hai dous anos Premio Nacional con dotación, non ve mal que agora non a teñan. "O problema é que lle chamen Nacionais, porque en vez de tomalo con naturalidade, hai xente que non o tolera. Son competicións patriarcais de a ver quen ten o poder. O malo é que afecta a unha cultura harmónica, en perigo de desaparecer, e que hai que mimar". Enma Lustres, directora de Vaca Films (Premio de Creación Audiovisual) cree que "todos os premios culturais son bos porque dan repercusión nos medios, aínda que haxa algúns que son para que un político faga a foto. A min non se me pasou pola cabeza renunciar ao premio, pero entendo o cabreo da xente". "Eu preferiría que se chamasen Nacionais, porque creo que Galicia é unha nación, e teño boa relación co conselleiro Roberto Varela, pero foi unha torpeza cambiarlle o nome. Non gañaron nada e creou polémica", di a produtora de Celda 211.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

"Vexo ben a polémica, e estou cos que están en contra de quitarlle a dotación económica e o calificativo de Nacionais, porque é baixalos de categoría", sinala Eduardo Alonso que non renunciou ao Premio das Artes Escénicas. "porque mo deron os compañeiros de profesión, non unha institución. É máis, non estou especialmente cabreado con este Goberno, senón con quen os votou". Por alusións, Roberto Varela, asegura ter "a conciencia moi tranquila. Quitamos o de Nacionais porque tiña connotacións políticas coas que eu e o Goberno non estamos de acordo. O da dotación económica é discutible, hai premios con ela e sen ela, pero considerei que había que premiar as traxectorias, e o único que lle pedín ao xurado, porque me abstiven nas votacións, era que non escollera xente nova, porque que non haxa cartos afecta máis aos que empezan. Eu respecto moito a decisión de Fernández Paz, non é a primeira vez que alguén non acepta un. Estou moi orgulloso dos premios, e non teño que pedir perdón por iso".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_