_
_
_
_
Entrevista:ESTALEIRO | EDITORA | Luces

"Sen estarmos á marxe, non poderiamos facer o que facemos"

"A nosa posición é facer sempre o que decidamos facer", explícase Mark Wiersma. En Estaleiro Editora publican, baixo licenzas libres e sen ferrollo normativo, poesía, ensaio ou teatro fóra do circuíto subvencionado. Viven do traballo voluntario e asembleario, distribúen artesanalmente en librarías e centros sociais, traducen cartas e anacos dos cadernos do cárcere de Gramsci ou a prosa autobiográfica de Bobby Sands, preso do IRA, e espallan as teses do decrecentismo da man de Carlos Taibo. Co Proxecto Derriba, preparan introducións ao pensamento de Fredric Jameson, Antonio Negri, Giani Vattimo ou Jacques Derrida. "A escolla normativa, as especifidades estilísticas e editar autores que noutros lugares non editan son os principios de Estaleiro", resume Alba Viñas, do colectivo editor.

Más información
Cultura sen axuda

En Estaleiro non negan a validez do subsidio en abstracto. Contextualízano. A subvención, ao cabo, non é máis ca un mecanismo de redistribución dos cartos públicos. "Se todos os gobernos apoiasen a cultura galega, aceptar subvencións non sería un problema, porque é un dereito", sinala Viñas, "pero na situación actual crea dependencias: agora que este Executivo recurta as axudas, as editoriais entran en crise".

Wiersma, con todo, puntualiza que o exilio de Estaleiro "é bastante buscado". "Sen estarmos á marxe, non poderiamos facer o que facemos", engade, "e evitar a lóxica do sistema, esa que consiste en incorporar todo ao seu modo de funcionamento". E o que farán nos vindeiros meses será colocar na rúa Finlandia e Ze Grotewski, textos dramáticos de Carlos Santiago, e continuar coas presentacións de Canibalismo, de Marcos Abalde e encadrado na colección de teatro, e a novela de xorne lírico experimental Tres Cores: azul, de Moncho Iglesias. A Porto, onde chegan os seus libros, tamén levarán unhas xornadas galego-portuguesas sobre a edición independente, que iniciaron en marzo deste ano a súa andaina en Compostela.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_