_
_
_
_
Reportaje:Luces

Construíndo nenos

O libro dirixido aos máis pequenos disolve as barreiras que exclúen os lectores adultos - Escritores e críticos falan en Santiago sobre literatura infantil

Ningún cativo corricaba na mañá de onte polo Palacio de Congresos de Santiago. Só centos de adultos obstinados en escribir libros para os pequenos, e non tan pequenos, ocupaban a infraestrutura das aforas da capital na primeira xornada do 32º Congreso Internacional do IBBY [siglas en inglés da Oficina Internacional do Libro para Mozos]. Eran parte dos 600 participantes entre escritores, críticos, profesores o bibliotecarios que, deica o domingo, debaten baixo o epígrafe A forza das minorías.

O encontro, inaugurado o mércores á noitiña por Alberto Núñez Feijóo e a ministra de Cultura, Ángeles González Sinde, arrincou cunha disertación da educadora arxentina Emilia Ferreiro (1937). "O importante é entender que o acceso ao libro debe ser dende a máis tenra infancia", explica a este xornal despois da súa conferencia, "e é bo que así sexa; e o libro ao que accedan pode ser comprensíbel ou incomprensíbel. Mellor que sexa comprensíbel". E se nos vellos tempos, os nenos non lían textos adaptados debíase, segundo a discípula do psicólogo suízo Jean Piaget, "a que antes escoitaban contos, agora len contos".

Emilia Ferreira: "O acceso ao libro debe empezar na máis tenra infancia"
No libro infantil e xuvenil entra o álbum ilustrado e saga 'Crepúsculo'
"A atención ao neno aparece no século XIX", expón Marilar Aleixandre
A israelí Orit Raz considera que escribe "da nena que aínda é"

Pero o libro infantil, na versión manexada estes días en Santiago, é un concepto tan flexíbel que conecta o álbum ilustrado -o picture book- coas novelas de Harry Potter ou a saga Crepúsculo de Stephanie Meyer. "A distinción entre libro para adultos e libro infantil e xuvenil estáse diluíndo outra vez", considera Jochen Weber, un bibliotecaro chegado de Múnich para o certame. Weber refire a crecente sofisticación das técnicas literarias, os relatos all age [para todas as idades] e mesmo o redirecionamento dos álbumes ilustrados, "que xa non son unicamente para nenos".

O alemán defende, ademais, que o mellor libro é o que se pode ler a todas as idades e en cada idade di cousas diferentes. E cita, por dar exemplo, un clásico: Alicia no país das marabillas. Precisamente a Lewis Carroll, aínda que o seu poema precursor da literatura do absurdo A caza do Carbairán, traduciuno Marilar Aleixandre (Madrid, 1947). "As nenas e os nenos están facendo a aprendizaxe da vida, e non só académica, senón tamén emocional", opina, "e a literatura serve nesa aprendizaxe". A autora d'A expedición do Pacífico lembra que, con todo, a distinción entre escribir para pequenos e escribir para grandes non vén de moi atrás. "Antes, os nenos escoitaban a literatura popular, que era para todos", di, "pero que o neno precisa atención específica é algo recente, unha construcción do século XIX". Weber, o bibliotecario de Múnich, retrodece unha miga máis e data no XVIII o tempo en que os escritores comezaron a traballar para os cativos. "Descóbrese a nenez como unha idade diferenciada", explica.

No pazo de congresos compostelán, unha serie de paneis pendurados trazan a historia da literatura infantil en galego, esa que abre Memorias dun neno labrego en 1961. Nun deles, Paco Martín declara, a pé feito do seu lendario Das cousas de Ramón Lamote, a indiferencia coa que pensa na separación entre libros para nenos e non: "Nunca vin razóns para desterrar os adultos dos libros infantís e xuvenís". Tampouco a autora israelí Orit Raz (1953), coa súa última obra na listaxe do IBBY deste ano, está conforme coa visión dominante da literatura infantil. "Non escribimos só para os cativos", afirma no descanso entre mesas redondas, "senón tamén para os cativos". "Non pensamos nos nenos ao escribir, máis ben pensamos nos nenos que aínda somos", engade.

Unha profesora de Teresópolis, no estado de Rio de Janeiro (Brasil), refrenda a necesidade de descubrir o mundo dos pequenos e a función da litera nesa tarefa. Ana Maria Gomes salienta, tamén, que "o máis importante é que os nenos teñan contacto coa literatura". E ese primeiro achado dos libros prodúcese, a dicir da propietaria da Libraría Pedreira de Santiago -a única con posto no congreso-, con volumes asinados por Barbara Fiore ou cos célebres Bolechas de Pepe Carreiro. Logo xa cae o canon e nel sobresae Xosé Neira Vilas e as 25 edicións que, en 2007, levaban as Memorias dun neno labrego.

Henrike Fesefeldt, comisaria do encontro tras substituír a Xosé Antonio Neira Cruz, non dubida en defender a idea dunha literatura infantil. Tampouco aforra optimismo para o traballo realizado en Galicia: "Estamos no bo camiño, ampliando e transcendendo ao exterior. E que veñan tempos mellores, por suposto".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_