_
_
_
_
Reportaje:Luces

O escudo de Galicia é un intruso

O arquitecto colocou a insignia galega no Palacio de Comunicaciones de Madrid

O Palacio de Comunicaciones de Madrid, hoxe sede do concello, é obra do arquitecto galego Antonio Palacios (O Porriño, 1874- El Plantío, 1945). Correos converteuse nun símbolo da cidade, un pano de fondo imprescindible para calquera postal turística. O edificio adquiriu dende o momento que foi proxectado (1904) un marcado carácter nacional. "Era un símbolo da centralidade de España. Ademais, o neoplateresco, de connotacións nacionalistas españolas, remarcaba ese carácter", sinala Jacobo Armero Chautón, arquitecto madrileño e comisario dunha retrospectivas sobre o arquitecto porriñés. Sobre a porta de entrada do inmoble sitúase un poderoso escudo de España que acentúa Correos como núcleo de comunicacións do Estado. Do que moi pouca xente se decatou é de que no centro dese escudo foi esculpido outro: o de Galicia. E alí está hoxe, como un intruso; dando a sensación de ser un entremetido que ninguén chamou, un forasteiro desorientado pero cargado de significado e unha dose de improvisación.

Foi Valentín Paz Andrade quen empuxou a Palacios a inscribir o escudo

Para o historiador Xosé Ramón Iglesias Veiga, experto no arquitecto, a decisión de incrustar o escudo galego no de España "é anecdótico, pero pode explicar o achegamento de Antonio Palacios a Galicia durante esa década". "Ese escudo sitúase nun momento de aproximación do técnico ao mundo cultural do galeguismo; quixo deixar a súa marca de galego en Madrid", apunta. Palacios achégase sentimentalmente ao pensamento galeguista e esa inquedanza reflíctese no seu traballo: "En 1912 aparece ligado ao círculo de artistas que vive en Madrid e encárgase en solitario da instalación da mostra Arte Gallego que se celebrou alí. E en 1917 participa na gran exposición Arte Galego da Coruña, que consolida a plástica rexionalista, e en 1918 redacta o primeiro proxecto rexionalista da Encarnación de Celanova", explica Iglesias.

Daquela, mentres a construción do edificio de Correos avanza, o técnico ten entre as súas amizades a Ramón Cabanillas ou Valentín Paz Andrade, o responsable da improvisada inxerencia. O avogado e intelectual galeguista adoitaba rememorar a anécdota entre amigos e familiares. O seu fillo, o empresario Alfonso Paz Andrade, lémbrao: "Meu pai acostumaba ir a Madrid por traballo e, nunha desas viaxes, decidiu ir visitar o seu amigo. Palacios estaba preparando sobre unha mesa e a tamaño natural o bosquexo do escudo de España para Correos e o meu pai díxolle 'plántalle aí o de Galicia". Palacios aceptou o reto. Así foi, sen máis. O arquitecto debuxou no centro do escudo imperial un círculo no que inseriu o cáliz e as sete cruces. Ao día seguinte, o capataz dos canteiros foi recoller os patróns, levounos ao seu lugar de traballo e os artesáns executaron en pedra o debuxo. Ninguén se decatou do asunto.

Paz Andrade lembra que o seu pai contaba que o día da inauguración, o 14 de marzo de 1919, o capataz achegouse ao arquitecto e con voz nerviosa díxolle: "Don Antonio, veña aquí que aconteceu unha traxedia". Segundo as súas palabras, Palacios acompañouno e, logo de se decatar de que falaba, díxolle ao canteiro que mellor era non dicir nada porque aquilo non tiña remedio. Ao acto inaugural acudiu Alfonso XIII que, explica o fillo do avogado, advertiu que algo interrompía o escudo de España e comentou: "A min que mo explique Antonio que o entendo á primeira...".

Antonio Palacios é un deses esquecidos que de cando en vez cuspe a propia historia. No documental O galego que construíu Madrid, de Carlos Davila, preguntados diante dos edificios máis emblemáticos do arquitecto, un grupo de madrileños e galegos descoñecen a autoría da obra. Palacios foi o construtor de Madrid, o que a transformou en cidade moderna, e proxectou na súa terra edificios cun profundo sentimento de identidade. O episodio do escudo, dalgún xeito, unifica as maneiras de traballar do técnico para dous lugares completamente distintos.

O escudo de Galicia quedou para sempre nun dos edificios máis característicos da arquitectura española do século XX. Desa obra escribiu Ramón Gómez de la Serna: "Caracteriza Madrid e máis que nada caracterizaraa no porvir". Hoxe, o Palacio de Comunicacións é sede do concello da capital, pero a ningún dos novos inquilinos lle chamou a atención o escudo galego. "Non coñezo a ninguén que se decatara da súa existencia e a min mesmo se me esquecera. Galicia, ao fin e ao cabo, está no corazón dos madrileños do mesmo xeito que nas súas rúas e nos seus bares", conclúe o arquitecto Jacobo Armero.

En 1922, cando presenta un plan de urbanismo para Vilagarcía, Antonio Palacios presume de galeguidade e, no seu discurso, lembra que había pouco tiña deixado a súa sinatura de galego, para sempre, no corazón de Madrid.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_