Ourense remata con libro o Ano Blanco Amor
'EBA. 5.0' mestura cómic, música e xogos para a familia
Se o roteiro d'A esmorga se debeu á iniciativa civil do historiador Marcos Valcárcel, así tamén as homenaxes a Eduardo Blanco Amor en Ourense, polo 50º aniversario da publicación d'A esmorga, non deron acabado no ano.
O 3 de abril de 2009, o Pen Club e a Deputación -un dos seus primeiros empregos fuxidíos- celebraron o medio século da novela cun acto conxunto. O Concello tomouno con máis calma, pero o Ano Blanco Amor comezou no último trimestre do ano pasado. En xaneiro, despois de Reis, saíu o libro-homenaxe coordinado pola editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais e a Concellería de Cultura ourensá. Cunha tiraxe de 1.500 exemplares, CD e DVD no mesmo paquete, EBA 5.0. O universario de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois d'A esmorga, tira de cumpreanos "para xerar novo coñecemento a partir d'A esmorga", en palabras do director da editorial, Xabier Paz. Trátase, asegura, de "revisar a obra con prospección de futuro".
"A pretensión era xerar novo coñecemento a partir da novela"
Nese camiño se insiren, por unha parte, as colaboracións do artista vigués Álex Mene, que analiza ao EBA que retrataba os mozos n'A beleza da amizade ou a vida secreta das imaxes, ou o propio traballo de Xosé María Buxán Bran, tamén "un posíbel relato da vida e das imaxes de Blanco Amor". A parte narrativa consúmese coa engádega de José Somoza Medina, que fai un percorrido pola cidade do pasado e a do presente, incluíndo a transformacións dos tipos sociais.
Deixando á parte o Tres de Troula, xogo de mesa co Bocas, o Cibrán e o Milhomes en formato recurtable, nos outros soportes adxúntase unha das farsas para monicreques de Blanco Amor, a cargo dos lalinenses Viravolta, e un mosaico plural nas 12 cancións compostas para a ocasión. Dos Guezos a Burgas Beat e a Banda Municipal de Ourense.
Capítulo á parte e a adaptación en banda deseñada d'A esmorga. A noite e as sombras, de Carlos Rafael Ramos e Jaime Eizaguirre, sitúa a acción nos 70. "Non tivemos en conta a versión publicada do libro", di Paz.
A derradeira revisión do capítulo quinto
- O artigo As vicisitudes editoriais d'A esmorga, de Xosé Manuel Dasilva (Grial, número 84), adianta parte das correccións que incluirá Galaxia na edición definitiva do libro, que podería saír contra finais do ano. O comisario de Editar en galego baixo a censura franquista avanza no seu texto as modificacións esenciais que han ser fixadas no derradeiro capítulo d'A esmorga. Crónica de tres borrachos. Publicada por primeira vez en Bos Aires (Citania, 1959) por Luís Seoane, a Galicia chegou en 1970, sen as pasaxes onde a Garda Civil malla no Cibrán. En 1956, no primeiro exame da censura, o falanxista Miguel Piernavieja del Pozo nin se molestara en facer borranchos. Estes son algúns dos fragmentos prohibidos pola censura, coa solución de 1970.
- "De uniforme", no orixinal, deu en "fardado".
- "Fillo de puta de sargento" / "Fillo de puta de mandamais".
- "Tapándolle a boca a hostia limpa cando quere falar" / "Facéndollas tragar si as dice".
- "Asasinos" / (...)
- "Da navalla ou dos culatazos con que alí mesmo o mallou a parexa da Benemérita" / "Da navallada ou dos golpes de... dos...".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.