_
_
_
_
Reportaje:Luces

A inesgotábel canteira da animación

Novos realizadores conquistan premios e nominacións en festivais de todo o mundo

"Estamos moi contentos, porque este é o premio número 51 que recollemos". Ignacio Benedetti, de IB Cinema, agradecía no pasado festival Curtocircuito, outro GALARDÓN máis para a curta The Werepig, que el produciu. Aínda non dera baixado do escenario, e foi reclamado para recoller outros dous. A tal ritmo vai esa obra, xa seleccionada 200 festivais de todo o mundo.

The Werepig, traducido como The Güereporco, é unha comedia delirante sobre dous americanos que chegan de casualidade a Galicia. O seu director é Sam Ortí, formado nos prestixiosos estudos Aarmand de Bristol, e cun brillante currí culo no mundo da animación, onde acumula arredor dun cento de premios. Sam, como asina as súas obras, chegou ata A Coruña reclutado por IB Cinema, unha produtora que se adica á caza de talentos para producir as súas curtas desde Galicia. "Trouxemos a Sam e levounos un ano facer The Werepig. É valenciano e o inverno de aquí queimouno un pouco, pero foi unha boa experiencia ", explica entre risas Xosé Zapata, produtor executivo de IB Cinema.

'The Werepig', de Sam Ortí, xa foi seleccionada en 200 festivais
Miguelanxo Prado prepara unha versión de 'Pedro e o lobo'

Antes deste éxito, Sam xa dirixira para esta mesma produtora O ataque dos kitters asasinos, nominada na última edición dos Goya, ó que volven ter posibilidades de optar. A fructífera colaboración terá continuidade, porque están a traballar na primeira longametraxe deste director, titulada Ramón, e rematando Vicenta, unha ambiciosa curta cun presuposto que ronda os 350.000 euros. "Pode parecer moito, pero unha curta de animación con opcións de conseguir un Oscar pode valer arredor dun millón de euros", compara Zapata.

The Werepig foi atopándose no circuito internacional con outras curtas galegas. "Ía de festival en festival e sempre atopaba a Sam", explica Jorge Morais, director d' O pintor de ceos. Morais é a última gran revelación da animación galega, e representa o entusiasmo dos que empezan: un home-orquestra que anima, guioniza, produce e dirixe. No cuarto da súa casa, ó longo de dous anos, fixo esta curta de corte fantástico. Empezouna a enviar a festivais de todo o mundo cun resultado abrumador: foi seleccionada en case 200 e leva recollidos 50 galardóns, algúns tan importantes como o segundo premio á mellor curta europea de animación para menores de 31 anos, ou en eventos como Imago ou Arts Futura. "Estiven dous anos encerrado na casa pero compensoume. Foi alucinante, pasei da miña habitación a ser premiado en Australia", explica. Hoxe debería estar en Burgos recollendo o seu premio número 51, e a fin de semana pasada tiña onde elixir: Polonia ou Ciudad Real. "Xa non dou para mais. Alégranme os premios, pero prefiro centrarme na miña segunda curta", explica abrumado este realizador que chegou ó cinema desde Belas Artes, e que lamenta non poder optar coa súa curta ás nominacións dos Goya. "Habería que volcar a cinta a 35 milímetros , e iso custa sete ou oito mil euros dos que non dispoño".

Dun xeito semellante a Morais empezaron na animación Virginia Curiá e Tomás Conde, da produtora Algarabía. Levan 14 anos adicados á animación, e agora están a obter un importante recoñecemento coa obra O soldadiño de chumbo, unha fermosa adaptación do clásico de Andersen. Esta curta producida por Continental foi seleccionada xa en 30 festivais, e leva recollidos ata o momento cinco premios. En numerosos festivais coinciden con The Werepig e O pintor de ceos, co cal a competitividade é máxima. "Sempre nos cruzamos con estes dous e machacannos, son como un pesadelo", bromea Tomás Conde, codirector desta curta que acaba de recoller no Filmets de Badalona, o premio á mellor obra infantil, compartido co A flor mais grande do mundo, baseado nun conto de José Saramago e dirixida por Juan Pablo Etcheverry, outro dos grandes talentos da animación do país.

"Facemos curtas para nenos e para adultos, non cousas ñoñas", explica a produtora executiva desta fita, Chelo Loureiro, de Continental animación. Loureiro recoñece "ter fe na animación feita en Galicia", e se cadra por iso, embarcouse nun proxecto tan ilusionante como complexo: facer curtas de animación baseadas en historias de grandes escritores. O seu próximo reto será Pedro e o lobo de Profokieff, dirixida por Miguelanxo Prado, co que xa traballara na longa De Profundis.

Loureiro tamén traballa por libre coa súa propia produtora, Abano, coa que desenvolve Regina Verbum, a primeira longametraxe de Juan Pablo Etcheverry. "Creo na animación como espazo para contar historias, arrastrando outras disciplinas como a pintura ou a banda deseñada, e aí temos os casos de Prado ou de David Rubín [tamén debuxante de cómics]", comenta Loureiro, entusiasmada co seu proxecto, ao mesmo tempo que está de cheo na produción de e Meigallos, o que suporá o debú na longametraxe de Virginia Curiá e Tomás Conde.

Entrementres, IB Cinema tamén terá lista o vindeiro ano Linko, filme dirixido polo propio Xosé Zapata e David Valero. Ademais, a animación galega agarda para o vindeiro ano a estrea de Noite de Paz, dirixida por David Rubín e Juan Galiñanes, e producida por Dygra, e O Apóstolo de Fernando Cortizo. Todos eles proceden do mundo da curtametraxe e desenvolveron a súa traxectoria profesional en Galicia. "Estamos tendo unha colleita de animación bestial, e podemos presumir do traballo que se está a facer aquí", sentencia Tomás Conde.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_