_
_
_
_
Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

'Swing'

O swing ou bambeo é unha cualidade atribuída ao estilo interpretativo do jazz, pero as multitudes actuais xa non abalan ao ritmo das big bands de Duke Ellington, de Benny Goodman, de Jimmy Dorsey, ou Artie Shaw. Unha fracción da populanza segue porén practicando o balanceo en clubes de swingers que nada teñen a ver coas inocentes expansiós danzantes dos anos 30 e 40. Agora existen locais onde as parellas retouzan intercambiándose, traquinan con rapazolos á xaneira dispostos a completar tríos, rebrincan alegremente en pistas de baile tumultuarias e nudistas ou arrebóllanse en colchonetas estradas polo chao compondo arabescos pintados por Ingres. Será un síntoma da caída do Imperio en analoxía co golferío da Roma postrimeira? Así o cre Denys Arcand, cineasta con dous títulos aleccionadores: O declinio do Imperio americano e As invasiós bárbaras. E tamén o cría Cortázar cando escribía na noite de Saint Tropez, a bordo do iate de Joyce Mansour, sobre o obsceno reclamo dunha Harley Davidson estacionada no peirao que desataba a libido dos paseantes: "O tamaño do motor incrustado no ventre xenital do touro de prata, a muller escuramente excitada por unha máquina que a levaría a un goce de hoteis de luxo, ás festas de Fellini ou Pieyre de Mandiargues... epílogo dun tempo que podrece como unha orquídea".

Espíritos soturnos hai que constatan o regreso da idolatría; no pop e no fútbol fornecen feitizos
Os escribidores coinciden en sinalar que o tema do sexo está "un tanto atrasado en Galicia"

Espíritos soturnos hai que constatan o regreso da idolatría (os ídolos da música pop ou do deporte fornecen unha chea de adorables feitizos) e anuncian a inminencia de sacrificios humanos. Un anticipo desas inmolaciós ofréceo a pornografía hodierna, que escenifica a paixón co sentido literal de calvario ou suplicio, mostrando violaciós, humillaciós sádicas e torturas onde os vellos filmes de bordel de principios do século XX ensinaban lances de cinema cómico, sexo unido á risada segundo unha tradición que circula polas marxes da historia aboiando nas nosas cantigas de escarño e maldicer, na poesía licenciosa dos goliardos, n'As mil e unha noites ou no Decamerón. Pier Paolo Pasolini (que non é sospeitoso de puritanismo, como ben sabe quen teña gozado cos filmes da Triloxía da Vida, espléndidos fogonazos de gioia sensual) denunciou na altura de 1975 a falsa tolerancia do poder consumista e o paroxismo hedónico que despoxa a cópula do seu carácter tráxico e misterioso.

En calquera caso, prós narradores resulta mortífero o frenesí lúbrico do sexo liberal, porque deixa en ridículo as transgresiós dos literatos libertinos do XVIII e sen argumentos aos romances do XIX, desa centuria dourada na que unha novela se podía resumir en poucas liñas: "Savoir pourquoi monsieur Un tel comettait ou ne comettait pas l?adultère avec madame Une telle" (A rebours, Huysmans). Os textos pillabás de Restif de La Bretonne que consagran o feiticismo dos pés femininos, as tétricas sevicias de Sade, os ardores da condesa Gamiani esaxerados ata o delirio por Musset, a luxuria verbal de Lezama Lima, o pracer glacial das narraciós de Bataille ou as delongadas felaciós descritas por monsieur Houellebecq palidecen ao comparalos coas nove orxías que seica se celebran cada fin de semana en Madrid. É imposible resistir hoxe a competencia desleal do swing e dos sexólogos: "Un home ou unha muller que sinta a arela de familiarizarse co coito anal non terá ningunha razón pra ler A vida interior de Moravia, pois poderá requirir noticias in via inmediata a un sessuologo" (Il trionfo della scienze umane, Giampaolo Rugarli). Aos novelistas non lles queda outra que pór o cu aos azoutes (unha especialidade erótica en alza) e darse por fodidos.

Os escribidores autóctonos tal vez esteamos a salvo de amoladelas por agora, de crermos aos entrevistados por Manuel Abad, director do documentario Sexo. Entre o ceo e a terra, coincidentes en sinalar que o tema está, como fenómeno social e como mercado, "un tanto atrasado en Galicia". Tal subdesenvolvemento contrasta co mito dunha ruralía galaica liberada de xustillos moralizantes, cos fillos de solteira e cos fillos de crego á rangalleira. Mitoloxías á parte, certo é que nas aldeas rexía unha naturalidade inducida polas femias do gando doméstico que andaban ao boi ou ao carrabiro e por un exhibicionismo asnal máis espectacular cen veces que Nacho Vidal ou Rocco Sigfredi itifálicos. Pero trabúcase de medio a medio quen pense que as nosas avoas imitaban a donas gaias como Sophia Evans ou Laura Angel. Engarra no mesmo xuízo retrospectivo e sumarísimo que difama ao cavernícola presentándoo como brutamontes amigo de arrastrar a muller turrándolle dos pelos.

As notas precedentes pareceranlle alarmistas a aqueles que conciben a literatura como sopa de palabras antes que de feitos. Admitindo que o adxectivo "real" ha de escribirse encortellado entre aspas cando tratamos de ficciós, non por iso deixaremos de advertir que as belas letras murchan se carecen de biortos que as afeixen ao mundo histórico. Desde a antiga Grecia coexisten na cultura dúas tendencias opostas: a dos que prefiren os signos e a dos que optan pola densidade das cousas. No tocante á narrativa convén observar que nos seus momentos de bravura se manifesta como industria aristotélica da mímese, engadíndolle un elixir consolatorio no caso da novela popular e a pretensión de revelar misterios ocultos entre a broza cuotidiana na tenza da literatura artística (lembremos a minucia asañadamente realista de Joyce ou Proust). Nas listaxes de obras máis vendidas notamos un predominio de xéneros que foxen do presente e renuncian ao espesor da realidade: a novela histórica (baile de máscaras que non ousa expor lascas de vida se non é camuflándoas na alegoría pasadista), a novela ensaio que evita o caos consuetudinario desde a distancia aristocrática e a novela "alta", que fai abstracción do espazo e do tempo particulares partindo dunha lectura equívoca de Kafka, escritor concreto onde os haxa. Tamaña impotencia remite a un descrédito da ficción producido pola concorrencia da fisicidade da imaxe, pero tamén polo romance que perdeu o seu cerno de simulación e epifanía. Xa non axuda a habitar o mundo e corre o risco de conservarse entre o xelo das palabras como certos fósiles de épocas glaciarias.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_