_
_
_
_
Entrevista:CARLANGAS | Guitarrista de Novedades Carminha | Luces

"Cargamos contra os bravús porque Piñeiro xa non existe"

Tres santiagueses que estudan Xornalismo en Madrid xúntanse para fundar Novedades Carminha: unha chiscadela a un dos templos da Praza de Abastos compostelá. Tras o debú en casete de Grandes éxitos (2008), chega agora en vinilo Te vas con cualquiera (Bowery Records). O trío aproveita a estética situacionista, a roupa e as cancións de Richard Hell ou Johnny Thunders (o primeiro disco dos Heartbreakers, L.A.M.F., inspiroulles L.A.L.I.N.).

Quizais a novidade sexa a revisión roqueira do material simbólico galego. "A mala hostia e o humor que tanto nos rende aos galegos cando estamos fóra, hai que empregalo dentro", di Carlos Pereiro, Carlangas. Eles falan igual de Castelao que de Cuíña ou Yolanda Castaño.

"Segue habendo atraso estético, pero tamén desinterese do público"

Pregunta. Falan de matar pais "bravús e folkies". É o mesmo?

Resposta. Os bravús son a versión noventeira do folk tradicional, un rollo moi pesado para nós. Como Piñeiro xa non existe, cargamos contra os bravús, que falan sempre do mesmo. En troques de zugarnos tanto as pirolas, habería que empregar dentro a mala hostia e o humor que tanto nos rende fóra.

P. En Euskadi din que o punk comeza coa primeira nómina.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

R. Nós queremos ser os máis pijos. Temos todos moto, coche e licuadora, nunca dicimos que non á boa vida. Non vas comparar o marisco galego co que vén de Marrocos.

P. Como ven a escena galega desde Madrid? E a española?

R. Hai uns anos houbo unha caste de boom e agora amainou un pouquiño, no que lle toca a Galicia. Pero hai bandas que están moi ben aquí e alá: Juanita y los Feos, Samesugas, Telephone Rouges, os Indómitos de Vigo...

P. É acaído falar aínda de atraso musical ou estético?

R. En Galicia estamos igual de adiantados ca no resto do Estado: Siniestro Total, Viuda Gómez ou Radio Océano son grupos galegos dos 80. Si segue existindo atraso estético, que vas por Santiago pola noite e o tema está entre as réplicas de Cristiano Ronaldo e os hippies co zucre altísimo por culpa do licor. E a estética na música é importante. Os bravús nunca a tiveron en conta, esa é parte da risa que facemos deles: vístense fatal. Tamén é certo que moitas veces o atraso débese á falta de interese do público. Houbo xente en Santiago, por exemplo, que nin se enterou do Festival Rock en Costa do Castiñeiriño.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_