_
_
_
_
Luces

O cuarto escuro da censura

A dedicatoria da novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro valeulle a Xosé Luís Méndez Ferrín a cadea en 1969. O estado de excepción declarado pola ditadura a causa dos disturbios estudantís que axitaban a universidade metéralle a policía na casa. A acusación de propaganda ilegal baseouase no epígrafe que encabezaba o libro mecanoscrito: "Ao Piloto, último guerrilleiro de Galicia, abatido a tiros en Belesar en 1964. En memoria de Foucellas, Bailarín, Ponte, Raúl, Curuxás e de todos os xefes guerrilleiros que defenderon o honor, a liberdade e a democracia na Nación galega, e morreron". A obra fica inédita e, segundo ten declarado o autor, non permitirá que se publique mentres viva.

Diferente sorte correron os contos de Auga Lizgaira, o que ía ser o primeiro libro de Ánxel Fole (Lugo, 1906-1983). A piques de entrar no prelo da editora Nós cando o levantamento franquista de 1936, o libro perdeuse ao tempo que os nacionales destruíron as instalacións da empresa de Ánxel Casal.

Tampouco unha antoloxía de poesía galega daquela contemporánea escolmada por Xesús Alonso Montero sobreviviu, pero xa nos anos 60, á censura. A virada cara ao socialrealismo dos poemas compilados non foi a menor das causas.

A cineasta Margarita Ledo Andión apenas viña de editar o seu primeiro volume de poemas -Parolar cun eu, cun intre, cun inseuto (1970)- cando o organismo censor rexeitou Un pouco de leite callado. A obra dorme nos caixóns da autora de Linguas mortas.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_