_
_
_
_
Reportaje:Luces

As memorias de xiz de Carme Nogueira

A artista viguesa expón o traballo realizado en Rotterdam

A memoria é comparábel aos trazos de xiz, fráxil e efémera. Esta circunstancia obriga a que a recuperación do pasado sexa acto voluntarista e militante e, igual que acontece coa escritura de arxila, as pequenas historias cotiás do común das persoas volatilízanse perdidas entre as présas da masa. Nestes roteiros adéntrase o último traballo da artista Carme Nogueira (Vigo, 1970), presentado onte na Fundación Het Wilde Weten de Rotterdam.

Rotterdamweg (palabra inventada pola artista que pode traducirse como Avenida de Rotterdam) é o nome que recibe o proxecto realizado por Nogueira na súa estadía de tres meses, en calidade de residente, na fundación holandesa xestionada por creadores. A fixación de Nogueira pola historia local e polas paisaxes íntimas que debuxa o recordo das persoas levouna, anteriormente, a indagar nas ruínas da factoría Álvarez (2007), na parroquia viguesa de Cabral, e no mobiliario urbano dunha praza da localidade barcelonesa de Calaf (2007). A proxeción internacional desta investigadora-artista visual, doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo e dedicada tamén á docencia, está a medrar.

A súa perspectiva de Rotterdam parte desde a actitude da turista informada. "Quixen traballar coa idea de comportarme como unha intrusa, como faría unha turista que estivese concienciada e que olla a cidade dende fóra; e, ao mesmo tempo, facer percorridos, ao xeito dos planos, contando dez historias vencelladas con mulleres da cidade", resume Nogueira dende a localidade holandesa, onde a finais deste mes presentará a publicación A trama rururbana.

A imitación do xesto infantil de facer debuxos no chan con xiz, Nogueira trazou unha sorte de logotipo, de cor negra, Feminisms. Por riba, en branco, escribiu textos relatando as historias que ocorreron neses espazos. A artista documentou fotograficamente como o recordo debuxado se foi borrando polo tempo e os transeúntes.

Unha das historias entronca co pasado colonial de Holanda e protagonízana un grupo de mulleres do arquipélago indonesio das Molucas que, a finais dos anos 50, visitaron a fábrica de Van Nelle de café, té e tabaco, icona da arquitectura moderna do XX. Hogano, as instalacións son oficinas de deseño e o que se soubo das visitantes é que nunca regresaron ao seu país. "Nos meus relatos, non dou conta destes detalles, que poden coñecer os de Rotterdam, aínda que me decatei de que moita xente descoñecía a historia, senón que pretendo facer pensar sobre o pasado e o presente da industria, das colonias e das mulleres".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_