_
_
_
_
Luces

Marta Harnecker, na Semana Galega de Filosofía

O espazo de pensamento que a Aula Castelao de Filosofía reserva en Pontevedra cada primavera desde hai vinte e seis anos será, entre os vindeiros 13 e 17 de abril, un convite a reflexionar sobre a educación. As modificacións curriculares recentemente introducidas polo Goberno do Estado e a adaptación do modelo universitario español ao Espazo Europeo de Educación Superior traen á actualidade o debate educativo desde postulados filosóficos, "un asunto importante, urxente e necesario", segundo o presidente da Aula, Carlos Calviño. "Cómpre falarmos de cal é o sentido de educar, cales son as metas da aprendizaxe e de como se deciden as ideas e os valores que se están a transmitir ás novas xeracións", apunta o novo responsábel do colectivo.

Se o Plan Bolonia e a materia de Educación para a Cidadanía entran por vez primeira neste foro e con perspectivas informativas, a cuestión lingüística regresa á Semana Galega de Filosofía pola súa condición de asunto "prioritario" nos principios programáticos da Aula. A Aula posiciónase a favor da evolución da introdución da lingua galega no sistema educativo a todos os niveis: "Son os especialistas, e non os pais, os que deben decidir o ensino, de igual xeito que aprender a dividir non é de libre elección".

A lingua na escola

"A pesar de que na lexislatura pasada se produciron tímidos avances, a presenza da lingua galega no ensino non está resolta e non podemos permitir nin un paso atrás", indica Eduardo García, membro do grupo, quen considera que a confrontación lingüística a favor do castelán é "un debate alimentado por grupos de presión organizados como nunca antes se dera na democracia e, ademais, é artificial, porque o galego non está en situación de igualdade perante o castelán".

Como é habitual, as ponencias distribuiranse en tres bloques temáticos. Os de carácter máis teórico, que analizan o feito educativo desde as principais correntes do pensamento europeo, estarán defendidos por profesores como Carlos García Gual, Marina Subirats e Pedro García Olivo. Verbo das perspectivas educativas en Galicia intervirán Goretti Sanmartín, Marcial Gondar e Domingos García Fernandes, mentres que Manuel Delgado e Montserrat Galcerán tomarán a palabra no ciclo Olladas á educación. A socióloga chilena Marta Harnecker pronunciará a lección de clausura.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_