O vello soño dunha Arco galega
'Puro Arte' celebrará este ano a súa segunda edición en Vigo con dúbidas sobre o futuro
A emerxencia dun mercado da arte contemporánea en Galicia está a levar a algúns galeristas e responsables do sector a preguntarse pola conveniencia de poñer en marcha unha feira para este sector. Un dos obxectivos sería o de conseguir que as galerías galegas poidan vender os seus productos sen necesidade de afrontar custosos gastos para desprazarse ás grandes feiras internacionais. A feira Puro Arte, celebrada en novembro do pasado ano en Vigo, significou un intento neste sentido, aínda que a iniciativa non partíu de xestores galegos senón da galería madrileña Gaudí, que contou co apoio do concello de Vigo.
A directora desta iniciativa, Marta Scarpellini, explica que xa están traballando cara a segunda edición deste evento que terá lugar no recinto do IFEVI en Vigo entre o 18 e o 22 de outubro. Scarpellini apunta que, como ocorreu en 2006, no evento estarán presentes galerías de países como Israel e Francia e se incorporarán algunhas de Portugal. A directora de Puro Arte destacou que se apostará por incrementar a calidade das obras presentes e se celebrarán actividades complementarias para atraer a máis público.
Un dos asistentes á edición do ano pasado, o galerista vigués Fernando Magdalena, sinala que a experiencia non resultou moi satisfactoria debido a falta de promoción do evento e a escaseza de coleccionistas presentes. "No que se refire ás ventas a feira foi un desastre. Eu puiden cubrir os gastos grazas a que unha entidade financieira realizou unha compra", explica Magdalena, quen está convencida de que para que unha iniciativa deste tipo teña éxito en Galicia resulta imprescindíbel traer a coleccionistas de fóra. Malia esta decepción, Magdalena considera que hai espazo para organizar una feira de arte contemporánea na comunidade autónoma: "Temos o exemplo do Foro Atlántico que funcionou hai algúns anos. O que necesitaría unha feira deste tipo é algún apoio institucional porque senón se converte nun evento cun carácter puramente comercial".
A realidade é que ningunha das cinco galerías galegas que acuden habitualmente á feira Arco de Madrid, un dos eventos do sector máis importantes de Europa, estivo presente na que se celebrou en Vigo.
Mónica Iglesias, representante da galería SCQ, apunta que unha das causas desta ausencia é que os galeristas non ven claro que exista unha demanda dabondo para realizar unha feira deste tipo en Galicia. "O evento celebrado en Vigo apostaba por un público e un mercado moi xenérico e, na miña opinión, aquí tería máis sentido celebrar unha feira cun contido máis especializado porque xa temos moitas feiras para o público en xeral e resulta difícil atraer a coleecionistas interesados neste tipo de obras", apunta.
A presenza das galerías nas feiras non ten só unha compoñente económico xa que "moitas veces nin sequera vendendo todas as obras que hai no stand se cubren os gastos que supón estar presentes nun acontecemento coma Arco. Son máis importantes os contactos que se poden facer e dar a coñecer aos artistas que forman parte da galería. Trátase dun escaparate que facilita moito as cousas", explica Iglesias.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.