“A industria do folk volveu á Transición”
Os músicos de Milladoiro chaman á “obriga moral” dos poderes públicos coa cultura
Inauguraron o venres na praza da Quintana as festas do Apóstolo e hoxe recollen a Medalla de Galicia, pero coa mirada alén dos fastos, os seis músicos de Milladoiro dinse conscientes do ermo ao que as contas públicas someten as propostas culturais. Hai moitos músicos ben formados, pero faltan os cartos de quen contrata e, avisan, o desafío é sobrevivir.
Pregunta. A Medalla de Galicia recoñece unha traxectoria. Que balance fan da súa?
Pepe Ferreirós. Entendo que este é un premio ao traballo feito dentro do campo da música tradicional, da música popular. A música dentro das artes sempre é a parente pobre e, se é música popular, máis pobre aínda. Facer un recoñecemento á música do propio país é importante.
P. Goza de boa saúde a música tradicional?
Nando Casal. A nivel artístico está nun momento extraordinario, pódese dicir que está no mellor momento da historia. O que pasa é que a outros niveis é outro cantar. Esta crise traslada, en canto á industria, a música tradicional ao nivel de cando comezaba a democracia.
P.F. Os momentos nos que comezou Milladoiro eran moi críticos. Estaban desaparecendo os vellos gaiteiros, a cualificación na música tradicional non era valorada, dicíase, bah, é unha cousa menor, e nós unha das cousas nas que puxemos maior empeño foi normalizar ese aspecto da cultura. Nunca houbo tantos músicos coma hoxe, tanta xente dedicada ao estudo serio e riguroso, nunca houbo tantos grupos de baile. O cambio nestes 30 e pico de anos foi abismal.
P. Pero hai risco de involución polos recortes en cultura?
Recoñecemento da solidariedade
As medallas de Galicia que se entregan hoxe e que en 2011 distinguiron ao investigador en xenética Ángel Carracedo e ao Instituto da Lingua Galega (ILG) recoñecen este ano a Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, os tres policías que perderon a vida en xaneiro cando trataban de auxiliar a un mozo na praia coruñesa do Orzán. O rapaz, un estudiante eslovaco de Erasmus na cidade, morreu afogado e o seu corpo tardou varios días en ser localizado, igual que os de dous dos axentes que intentaron rescatalo, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor. A Xunta concédelles a eles e máis a Javier López, o terceiro garda morto, a Medalla de Galicia a título póstumo pola súa “extraordinaria solidariedade”. “Non queremos esquecer o seu exemplo e sacrificio e queremos ter presente nesta medalla a todos os que están poñendo a súa vida a disposición da sociedade, gabou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, logo da reunión de goberno na que se acordou o recoñecemento. Os policías xa foran condecorados tras a traxedia coa Medalla de Ouro ao mérito militar a título póstumo do Ministerio de Interior.
Rodrigo Maseda, nado en Burela, José Antonio Villamor, de Friol, e Javier López, de A Coruña, tiñan 35, 34 e 38 anos, respectivamente, e non puideron facer nada contra as ondas embravecidas do Orzán. En 2007, no mesmo lugar enguliron a unha muller que paseaba pola praia. En 2001, na noite de San Xoán, desapareceu outro home que nadaba na zona
N.C. Nestes momentos de crise nos que se dedica menos diñeiro a programación cultural en xeral, estamos detectando que lle afecta especialmente á música galega. Se ves as programacións das grandes festas dos concellos, parece que aproveitan para que a música galega volva a tempos que estaban case esquecidos.
Moncho García. Houbo un momento no que valía todo. Aínda que soe mal, o mercado vai decidir quen sube a un escenario e quen non. Creo que unha das cousas que máis aportou Milladoro á música galega foi darlle unha gran profesionalidade. Nós queríamos usar equipos tan bos como os dos mellores artistas que viñan de Madrid.
P. Como lle afecta a Milladoiro o recorte orzamentario?
P.F. Hai moitísimas menos actuacións. Algúns concellos, se algún grupo vai tocar gratis, non o poden levar porque non teñen para pagar a luz. Estamos nun momento de ruína das institucións que se dedicaban a programar concertos. Esas institucións están nunha situación absolutamente paupérrima.
M.G. A pesar de que a situación é a que é, penso que a xente que está á fronte das institucións ten a obriga moral de defender o que é propio do país e que levou tanto traballo revivir. Non falo só da música. Esta crise golpea non só ao músico, senón o que hai arredor del, e é importante que este sector dunha cultura minoritaria non reciba un dobre golpe. Os poderes públicos téñense que dar conta.
P. Foron sempre moi prudentes á fusión. Por que?
M.G. O tema da fusión é un concepto que non manexamos, é un concepto de marketing.
N.C. Non facemos nada forzado para ver se se venden máis discos poque na portada aparece fulanito de tal. O tempo deunos a razón: moita xente que fixo fusión, ou máis ben confusión, foi flor dun día.
P. Malia ter un traballo integramente vocal, Unha estrela por guía, sempre defenderon o carácter instrumental de Milladoiro.
P.F. En ningún momento pretendemos ser un grupo vocal. Ese disco foi un encargo para facer un disco sobre textos de Manuel María e, obviamente, tiña que ser cantado. Foi un reto que naquel momento nos pareceu interesante.
Premio a 181 anos de historia
No tempo de Fernando VII, A Real Academia Galega de Medicina, premiada coa terceira das Medallas de Galicia que se entregan este ano, foi a autoridade competente na aplicación de vacinas para o control de epidemias. A salubridade das augas termais vixiábana tamén os académicos, obrigados a protexer a profesión censurando calquera caso do intrusismo. O nacemento da institución en 1831 constituía a primeira tentativa de organizar o saber profesional baixo o paraugas dun organigrama tecido con nomes de prestixio, como o de José Varela de Montes —que atendeu o parto da nai de Rosalía de Castro— ou o do médico e intelectual Roberto Nóvoa Santos. A Real Academia Galega foi autoridade médica tamén en Asturias até que en 1898 se crearon os primeiros colexios profesionais. Na actualidade, a institución céntrase na divulgación da ciencia médica a través de congresos e bolsa de estudos e conta con 38 académicos numerarios e 301 correspondentes, ademais de seis de honra e cinco honorarios.
Ser distinguidos polo servizo á medicina cando o poder financieiro xa lle botou o dente ao Estado do benestar, obriga á reflexión. “Estámonos vendo nunha situación crítica, case ao borde da supervivencia”, admite José Carro Otero, o actual presidente, sobre a situación da institución que dirixe. A da sanidade pública, vítima de recortes que na práctica expulsan do sistema aos colectivos máis vulnerables, merécelle un diagnóstico semellante. “Non se pode perxudicar o máis básico”
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.