_
_
_
_
Luces

Roi Casal: "As discográficas non achegan nada, ao revés"

Cando os músicos estadounidenses de hardcore, na década de oitenta, decidiron prescindir da mediación das discográficas e organizarse á marxe da industria hexemónica, non imaxinaron que estaban escribindo o futuro. Un proxecto tan afastado daquelas coordenadas coma o de Roi Casal, autor de pop con aires folk e ambición comercial que onte presentou en Santiago o seu segundo disco, tamén escapa dos modos de produción usuais até agora: "As discográficas non achegan nada, ao revés, son un handicap".

"Foi o meu primeiro disco, Lendas douradas, o que me permitiu ser dono de min mesmo", aclarou Casal. Datado en 2008, con esa obra o músico emancipouse de Milladoiro -a banda na que formou durante seis anos e da que o seu pai é membro fundador- e atinxiu considerábel repercusión. "Sobre a sólida base de recursos económicos que me proporcionou, pero tamén de persoas e musical", explicou, "construín Maxicamente vello, con menos límites, máis libre".

O segundo traballo de Casal recolle o título dun poema de Manuel María, o poeta ao que precisamente Milladoiro dedicara Unha estrela por guía (2006). "É o único poema dos nove do disco que non é meu", sinalou, "un tema que xa tocabamos na xira anterior e que funcionaba moi ben no público". Non só a distribución da obra foxe do vello sistema discográfico: Maxicamente vello foi rexistrado no estudio particular do autor, con engadidos nas dependencias da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra e masterizado en Pontecaldelas.

"Música sen complexos"

"Este traballo trata de música actual, ambiciosa, comprometida, sen complexos e en galego", sintetizou. Roi Casal tamén falou dun "punto de vista pop rock" que se arrima, melódica voz mediante, ás correntes centrais do panorama radiofónico. Pero con instrumentos, tocados por Casal, pouco habituais: arpa, bouzuki ou zanfoña. "Tampouco é usual esta estética pop cantada en galego", considerou, antes de aclarar: "Que estea cantado en galego non significa que estea enfocado só aos galegos".

Roi Casal e a súa banda, coa que traballa dende Lendas douradas, inician a posta en público de Maxicamente vello o 18 deste mes en Santiago. Ao día seguinte estará en Lugo e en marzo visitará Lugo (día 11), Vilagarcía (día 18) ou Madrid (día 30).

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_