_
_
_
_
Reportaje:Luces

O salvaxe oeste galego

O Festival de Cans estrea 'Naipe de sangue', o primeiro 'grelos western' baseado en textos de Lafuente Estefanía

Unha prostituta bondadosa en mans do destino, Lillie, cruza a serra rochosa acompañada de Johnny, un vaqueiro tan rudo como honesto atrapado por unha desgraza do pasado que lle cómpre vingar. Con cadansúa misión nas alforxas, as súas vidas crúzanse e a partir daí todo cambia para esta parella debuxada conforme os cánones das películas do Oeste. Axiña o espectador apreciará en pantalla os fentos que medran á beira das corredoiras, os bosques de piñeiro e carballo e os eucaliptos inevitábeis no Oeste europeo e que os mozos cruzan ao lombo dun cabalo chamado Furancho, camiño de Bichita, como a barriada obreira de Teis.

O oído recoñecerá, no entanto, unha voz moi familiar desde a posición do narrador e mais o timbre dunha gaita imbricado nunha instrumentación que soa a fronteira. Debaixo das alas do sombreiro e dunha melena rubia, a ollada albiscará que eses que falan galego son dous coñecidos membros da escena musical viguesa. Ela, encarnada pola cantante e actriz Silvia Superstar, e mais el, a quen dá vida o músico Eladio Santos no seu debut fílmico, son os protagonistas de Naipe de sangue, unha película de 40 minutos que este serán se estrea no Festival de Curtametraxes de Cans (O Porriño). Ao certame que converte os galpóns en sinónimo de salas de proxeción e que constrúe un paseo da fama no torreiro da igrexa parroquial acáelle ser o berce dun subxénero como o grelos western, a denominación promovida polos pais da criatura, os realizadores José Ballesta e Manxo Fernández.

Lafuente fundou a editorial Cíes en Vigo, a onde fuxira da represión fascista
"O 'western' sae galego porque todos somos galegos", di o director

Estes Lillie e Johnny son personaxes cinematográficas baseadas en caracteres creados por Marcial Lafuente Estefanía, un enxeñeiro de carreira brillante que se instalou en Vigo fuxindo da represión franquista e que nos anos corenta fundou Editorial Cíes, onde se convertiu nun prolífico escritor de novelas do Oeste. Aínda que Marcial Lafuente finou en 1984, o seu nome segue asinando novelas, xa que o oficio foi e continúa sendo compartido por varios membros da súa familia. "Eran como Globomedia", bromea Alfonso Pato, o director de Cans. Un dos seus discípulos é seu fillo Federico, quen, se a súa saúde lle permite finalmente viaxar desde Alacante, agarda poder pisar hoxe a alfombra vermella que conduce ao baixo do Moncho en Cans para poder presenciar esta homenaxe canda todo o equipo.

No guión de Naipe de sangue concorren argumentos,personaxes e temas de Marcial Lafuente, produto das lecturas de Ballesta, coleccionista destas novelas. A música é invención de Paco Serén, ex membro de Los Piratas, quen non dubidou en mesturar a inspiración de Morricone con gaitas, cantareiras e zanfonas para compoñer unha banda sonora que envolve as paisaxes graníticas da Serra do Galiñeiro e as praias do Morrazo como se fosen o deserto de Sonora. "Sen pretender galeguizar o western, sáenos galego porque todos os membros do equipo o somos", indica Manxo Fernández. Alén do idioma, a música, os recursos humanos e as localizacións, o codirector atopa outros elementos, como que "a violencia non está tan marcada e o papel da muller aproxímase ao que significa o matriarcado galego, e cobra maior peso argumental", para singularizar o grelos fronte ao spaghetti.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O filme, que custou 30.000 euros, encádrase na produción dun documental sobre o fenómeno editorial labrado desde Vigo por Lafuente Estefanía, M. L. Estefanía. Galicia, máis Oeste que nunca é un tributo á cultura popular na persoa de quen foi deostado en vida pola elite cultural. Un xeito de poñer en valor ao escritor máis lido da posguerra española é a través de entrevistas con siareiros das súas novelas, entre eles escritores moi recoñecidos. "Non estamos falando de taxar a calidade literaria das novelas de Lafuente Estefanía, senón de analizarmos o seu impacto en varias xeracións de lectores de España e de Latinoamérica, para quen estes libros supuxeron a entrada na lectura, do mesmo xeito que as películas do Oeste popularizaron o cinema", explica Ballesta. Só na época viguesa de Cíes, até 1958, a editorial vendeu seis millóns de libros, que voaban dos quioscos por menos de cinco pesetas a unidade. "Coido que nos gustaban porque retrataban un mundo no que, a diferenza do noso presente naquel entón, triunfaban os bos", lembra Antonio, un dos devoradores das novelas.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_