_
_
_
_
Reportaje:A FRONTEIRA INTERIOR | LUCES

Cando a periferia da periferia tamén se move

Hai máis de dez anos que o movemento bravú nacía na vila de Chantada e axitaba as quietas augas da cultura musical galega

"O movemento bravú serviu, polo menos, para pór en contacto xentes que adoraban a Mano Negra pero que non coñecían a uns veciños que tocaban nun grupo na aldea do lado música inspirada pola banda de Manu Chao", xustifica Xurxo Souto, ideólogo d'Os Diplomáticos de Monte-Alto. Hai exactamente dez anos aparecía na rúa o primeiro número da revista Bravú -"a publicación que sae cando a situación o require"-, integramente dedidada a reivindicar unha selección galega de futbol. Comezaba o devalo e fase final dunha corrente cultural que nacera no cerne de Galicia en 1994.

"O primeiro congreso do bravú, onde lle dimos nome, foi nunha parrillada de Chantada que se chamaba El caballero de Diana", lembra Souto, "pero os da zona dicíanlle O Sistema, porque o propietario explicaba aos clientes a dieta: 'o sistema é cocido no inverno e churrasco no verán". Corría o inverno e os asistentes pegáronlle ao cocido. A vila de Chantada seguramente é o lugar que máis se achegue ao título de epicentro do Bravú. Naqueles tempos, un rapaz de Monterroso, a 25 kilómetros de distancia, que tiraba uns cartos da quiniela podía gastalos nunhas vacacións dun mes en Chantada. "En Chantada naceran Os Rastreros, que c'Os Impresentables de Vimianzo e nós, da Coruña, acendimos o tema bravú", realata a voz d'Os Diplomáticos.

Más información
A existencia dunha literatura bravú

Segundo o Dicionario Xerais da Lingua, "bravú" significa, entre outras cousas, "cheiro característico de certos animais do monte e dalgúns domésticos coma o carneiro ou o castrón". No entanto, o bravú non resultou un movemento exactamente rural. A contorna vilega e os barrios das cidades acolleron as hordas de rapaces que, a medio camiño entre o punk e canción protesta dos 70, decidiron que a lingua galega servía coma calquera outra para facer rock and roll. Para o responsábel do selo dixital A Regueifa, Noel Feáns, "o bravú foi o que normalizou dunha vez por todas a lingua na música". "Debemos estar orgullosos do bravú como un vasco está do rock radikal ou un alemán do krautrock", non dubida.

A ollada do crítico e xornalista Iago Martínez amósase, porén, contraria ao revisionismo positivo do movemento. "O bravú", opina, "foi unha nova volta de rosca á idealización da cultura rural en Galicia, que excluía o urbano, e tivo pretensións totalizadoras de se estender tamén á literatura". "O bravú fabricou unha imaxe do país esencialmente reaccionario", di. Martínez puntualiza: "Talvez o único positivo do bravú resultou o seu sentido lúdico e a constatación de que se podía facer música aquí para consumir aquí; iso é o que aproveita do bravú a nova escena musical galega".

A xornalista María Yáñez, daquela directora do portal Bravú.net, fala da "confluencia inevitábel entre o aúxe do folk e a cultura rock" que desembocou no movemento. "Nos anos 90, en Galicia, o folk e o punk tiñan o mesmo público", asegura. Yáñez lembra "o labor teórico de Xurxo Souto" que armou "un colorario de ideas que axuntou persoas das vilas, dos barrios, das aldeas" e potenciou "a cuestión da autoestima e un certo proceso de descolonización mental". "Para min, o grunge, Tarantino e Os Diplomáticos estaban, en 1994 ou 1995, no mesmo barco", conclúe.

O bravú comezou a esmorecer antes da mudanza de século. Aquel "vive ás presas e morre mozo" do tópico rock semellou guiar a experiencia rururbana do bravú. O "bonito cadáver" que coroa o axioma semella fóra de discusión. Os consultados coinciden en rescatar o legado fonográfico da xeración. Noel Feáns analiza con contundencia: "Absolutamente todos os discos bravú parécenme imprescindíbeis, de Érguete! de Xenreira a Avante toda! d'Os Diplomáticos, de Galician people speak galego de Yellow Pixoliñas a O verme homicida de Skornabois". Para María Yáñez, o terceiro traballo de Diplomáticos, Avante toda!, condensou a madurez da xeira bravú. O escritor Santiago Jaureguizar, cabeza visíbel do que quixo denominarse "literatura bravú", comenta como adoito regresa aos longos de Rastreros, Diplomáticos ou Skornabois. O propio Xurxo Souto enorgullécese do realizado: "O bravú demoleu apriorismos e deixou á vista que se pode facer algo con personalidade desde a periferia da periferia". "O bravú rematou porque se perdeu a tensión inicial", segue Souto. Para María Yáñez, nada dura toda a vida. Pero Iago Martínez fala da non viabilidade dun proxecto cultural en Galicia que non conte coa importancia das cidades.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_