_
_
_
_
A VER
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Somos vellos, somos novos

A xente galega en xeral, e os escritores moi en concreto, vivimos nun país social, cultural e político complexo e iso obríganos a reflexionar sobre a realidade. Vémonos abocados a facer un traballo intelectual que noutras sociedades homoxéneas e menos conflictivas non hai que facer. É sabido. Non nos é dada a inxenuidade.

Por forza, unha desas olladas reflexivas sobre o campo no que aramos ten de ser sobre o propio corpo da escrita na nosa lingua, sobre o noso pasado, sobre a nosa tradición. É tan débil que podemos dicir que non temos tradición, que a nosa é unha literatura adánica. Este carácter de literatura con poucos antecedentes é debido a un avatar político: a vontade de destruír o Reino de Galiza e a súa lingua por parte dunha coroa que toma a Castela como soporte. E por iso o cultivo consciente da lingua, a escrita, é un acto político, cívico; aínda hoxe. É certo, escribir en galego é un acto cívico.

Temos unha tradición medieval importantísima que é parte da literatura medieval europea e non lle damos importacia bastante. Literatura que nos dá glamour e un certo orgullo, mais pode haber relación entre un lector de hoxe cunha cantiga de amigo? Pouca, principalmente o interese filolóxico. Interésanos porque está escrita na nosa lingua, aínda que sexa nunha fase inicial da súa historia, porén pouco nos di desde o punto de vista da identificación personal. O que conta a literatura medieval, sexa en prosa ou en metro, son relatos arquetípicos, non experiencias persoais. Sérvenos unha metáfora, unha figura literaria dun poema medieval, mais as nosas experiencias amorosas ou de calquera outra índole persoal non teñen nada a ver coa hipermitificación do amor cortés. O certo é que até o século XIX, en Follas Novas, apenas achamos na nosa literatura a conciencia individual que xa se encontra no Jorge Manrique ou en Villon. A nosa literatura detívose nunha época arcaica e faltoulle algo esencial, ese paso do arquetipo á experiencia persoal, o paso do Medievo ao Renacemento e logo ao prelo. A complexidade humana que expresa o Barroco, a conciencia de ser individuo, que está nas letras italianas, castellanas, inglesas, alemás... non a hai na literatura que se escribe entón entre nosoutros. E o Barroco foi o verdadeiro madurecemento das linguas, pois a literatura ten a capacidade de transformar e facer crecer unha lingua. Esa experiencia expresouse na nosa lingua, mais foi alén da fronteira trazada no río Miño, en Portugal. E aínda así, tamén por un avatar político, ao estar o reino submetido á coroa do Austria Felipe II, é unha literatura partida entre o portugués e o castelán.

Somos unha literatura acabada de nacer. A nosa lingua non é antiga como adoitamos dicir, é nova como nova e sen tradición é a nosa literatura. Somos modernos á forza.

http://susodetoro.blogaliza.org

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_