_
_
_
_
Reportaje:LUCES

"Pode haber un Valéry en Carballo e non o sabemos"

Manuel Vilanova fala do seu regreso á poesía galega logo de 20 anos publicando en castelán

"Sinto que abrín o camiño da poesía galega dos 80, pero a miña idea é distinta, eu fun sempre diferente... Agora estou atopando os meus lectores. Supoño que a posteridade remata aparecendo".

Máis de 20 anos despois da publicación d?A lenda das árbores de prata, Manuel Vilanova (Barbantes, 1944) retornou ao galego impreso o ano pasado, con A esmeralda branca (Follas Novas-Libros da Frouma), un cancioneiro de máis de 500 páxinas que está contribuíndo a fixar o espazo crítico do autor de E direivos eu do mister das cobras (1980). Aquel debú en galego do poeta do Ribeiro chegou a ser sinalado coma "o máis renovador da lírica galega contemporánea", pero é posible que algunhas marcas poéticas non favorecesen a recepción da súa obra na Galicia dos primeiros 80.

"Gustaríame que se recoñecese o meu traballo en galego e en castelán"
"O mundo cultural galego nos 80 cada vez se desviaba máis da miña idea"

"Non atopo un entorno cultural sincrónico, a miña xeración poética", di Vilanova. "Na castelá síntome fillo de Luis Rosales, Cernuda, Hierro e Grande. Entre conceptismo e culteranismo, eu sería clasicista". Falando de poetas galegos que o influíron, nomea a Cuña Novás, Álvarez Blázquez, Víctor Campio e López-Casanova, entroutros, con Cunqueiro como poeta de cabeceira.

En realidade, Vilanova debutara en castelán con Mejor el fuego (1972), clara homenaxe a Cernuda que foi referenciada polo crítico Díaz-Plaja como "de amplitude e complexidade nada comúns entre os poetas novos". Despois de El cazador de días (1977) estreouse en galego co poema longo A tarde chea de verán (1979), catarse persoal á memoria de Celso Emilio. Xa logo chegaron E direivos... e A lenda.... Se no primeiro volvía xunguir a aura e a política de poemas en castelán como Prohibidme a Trotsky o a Petrarca, ou desmacelaba retallos de xornais para poetizar sucesos, no segundo reflexionaba máis sobre a escrita. Alí cabían desde tópicas artúricas e paternais (en sentido literal) ata as numerosas anfetaminas de curso legal que se vendían nas farmacias.

Neste punto, Vilanova regresa ao castelán para publicar, entre 1987 e 2002, Casa para los ojos, El quinto cáliz e El corazón del pan, de marcado aceno relixioso.

"A vida vai por diante da literatura, do contrario non se valoraría", explica Vilanova, que considera que "o primeiro para un poeta é arranxar a vida". "Nunha marxe están os velenos, e na outra o fondo familiar". O escritor, catedrático de Lingua e Literatura Españolas nun instituto de Vigo, rexeita esculcar as liortas literarias dos 80, anque se entende que algunhas o afectaron personalmente.

"Do tránsito do galego ao castelán si que padezo un silencio de creación ata recuperar o castelán literario. Pero no galego o silencio foi tal porque non me volveu estoupar na escrita ata o 2000". Sobre as pendencias da época e o seu trafego coas dúas linguas, sinala que nos anos 60 "as protestas eran bilingües e todos andabamos ao mesmo". "Despois teño boas críticas, pero o mundo cultural galego cada vez se desviaba máis da miña idea. Por salvación persoal necesitei volver ao castelán, porque o cambio de lingua melloraba a miña poesía... Aí dubidei entre deixalo ou publicar de novo".

A veta relixiosa que risca a súa poesía desde 1987 responde "a un interrogante enorme" que di levar dentro del. "Non é a anguria ramoniana, senón panteísta, máis galega. A contemplación da natureza é fundamental... Como naquel poema de Pessoa [O guardador de rebanhos] onde expulsan a Xesús do ceo por ser demasiado bo. Eu vinme acollendo a ese neno na miña casa do Ribeiro".

Neste punto da conversa, Vilanova deixa fluír os recordos de Galicia e os de España, mesturados coa esperanza que deposita n?A esmeralda branca -"Dáme carraxe ser eu o autor, desexaría que fose outro", di- e o concepto do sagrado, unha das chaves da súa obra. Destaca a "tendencia galaica" da poesía do 27 e cómo observou ao principio "unha lírica galega máis filla de Bécquer que de Rosalía". "Coñecín e apreciei a Rosales, Quiñones, Gil de Biedma, os Barral, Goytisolo... José Agustín, por suposto. Ángel Crespo foi quen me convenceu de que a poesía estaba por riba das linguas". Fala alegremente das confesións de Onetti na casa madrileña de Félix Grande, durante as horas alongadas do día da morte de Franco. Entristécese cando lembra as coitas biográficas de Claudio Rodríguez. Rexeita as poéticas dogmáticas e subliña "a P. B. Shelley e a Donne como poeta metafísico".

O sagrado intervén desde Aliksir, o primeiro poema d?A esmeralda

[En xeral: endexamais puiden vivir alí onde non vivín para o sagrado]. "É un concepto esencial para un poeta e hai que buscalo, anque sexa nos feitos cotiás. A poesía é esa procura". Para evitar o prosaísmo, un dos perigos da metafísica, Vilanova pode acudir á metáfora, introducir versos brancos nun discurso libre ou "elementos humanos", explica. "Desde a ironía dos poemas sobre as tribos galegas a algúns disparates antropolóxicos da cultura popular. Tamén emprego técnicas novelísticas, desde o contrapunto ao final adiantado".

Antes que a decodificar unha paisaxe monumental para A esmeralda..., Vilanova marchou a Barbantes "por estar en contacto co galego natural". "Tampouco me gustan as cellas domésticas. Fun na procura dun sentimento de saudade do que tiña un bo recordo". Como poeta, hoxe séntese "máis lido". "Foi como se puxese un pé moi adiante no camiño... Penso que por intensidade, revelación e capacidade de coñecemento, A esmeralda é un libro cheo de plenitude e de exaltación lírica. A verdade é que tamén noto unha mellora crítica en Galicia, e voces novas [non cita para non esquecer a ninguén]".

"Nunca me preocupei en exceso da difusión da miña obra", di. "Tiven a modestia de dicir que non a algunhas antoloxías galegas". Ao castelán traducírono Xabier Baixeras e Álex Susana. "Algo me falaron dunha antoloxía en francés e inglés, pero non me lembro".

Agora Libros da Frouma reedita E direivos eu do mister das cobras. "Gustaríame que se recoñecese o meu traballo en galego e castelán", confesa. Sobre o papel que lle gustaría que se lle atribuíse: "Un lugar á altura dos meus mestres, Cunqueiro e Rosales, anque iso é moi difícil". E relativiza a cuestión da posteridade. "Hoxe pode haber un Valéry en Carballo e non o sabemos". "O feito de pensar en publicar é algo moi serio. Canto máis vivir da literatura, sorrindo sempre".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_