_
_
_
_
Reportaje:DETRÁS DA PANTALLA | LUCES

Os debuxantes anímanse

Os autores de banda deseñada aproveitan o auxe do xénero para pasar ó cine

"Vivimos un momento dourado, en canto a número de debuxantes e a calidade media, iso é indiscutible". Así de rotundo se mostra Miguelanxo Prado, o autor mais importante de toda a historia da banda deseñada galega, sobre o momento que viven as viñetas no país. Prado non só encabeza ese "momento dourado", senón que foi o primeiro dunha ringleira de debuxantes galegos en dar un paso adiante e experimentar co paso á animación, a través do primeiro filme que acaba de dirixir: De Profundis, producido por Continental.

Este auxe da banda deseñada está a provocar que moitos novos autores sigan as rilleiras marcadas por Prado, e tamén estean a dar o salto á animación, como David Rubín, Manel Cráneo ou Xoán Carlos Abraldes. "En Galicia estamos nun momento emerxente, e eses momentos de eclosión son ocasións que hai que aproveitar porque é cando mais cousas interesantes se producen", explica Prado, un autor que xa en 1998 deu un gran salto cara á animación ó traballar para a mítica factoría americana Dreamworks como deseñador de personaxes na serie Men in black.

Un dos debuxantes que trata de aproveitar esa ocasión é o ourensán David Rubín, que está a preparar a súa primeira longa de animación cun dos referentes deste xénero en Galicia: a produtora Dygra. Logo de producir O soño dunha noite de San Xoán , e a exitosa O Bosque animado, Dygra está a producir O espírito do bosque, a súa terceira longametraxe de animación, que Rubín codirixe con Juan Carlos Pena e están a piques de rematar, logo de case tres anos de traballo. "Un resiste mellor economicamente no audiovisual, o que pasa é que agora os tebeos, que son a miña orixe, convertéronse nun sobresoldo", explica Rubín, un debuxante que non para de coleccionar premios nos últimos anos. O seu último traballo, La tetería del oso malayo, esgotou a primeira edición en tres meses, e está nominado a catro premios no Salón do Cómic de Barcelona, que se celebra estes días: mellor guión, mellor obra nacional,mellor debuxo e autor revelación. Rubín traballa para Dygra desde hai oito anos, logo de que o chamaran para facer storyboards. "Despois había que facer unha curta e encargáronme dirixila, e agora toca película", conta.

Os 'storyboards'

Pola vía dos storyboards tamén se asomou ó audiovisual Manel Cráneo, un debuxante devoto das historias mortuorias. Cráneo debutou con éxito na animación coa curta Ladróns de cadáveres vs. Ku-Kus-Klan, que dirixiu con Xurxo García e prepara xa a segunda, titulada Os Mortos. Este debuxante foi reclamado por Antón Reixa para facer o story d' O lápis do carpinteiro, e acaba de repetir con Hotel Tívoli, que se estreará a primeiros de maio. "Aínda que pareza estrano, en Galicia hai mais industria na animación que na banda deseñada en si mesmo, na que non hai industria e todo está fóra", explica Cráneo, que tamén preside a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (Agpi). Para Cráneo, "a asociación dá unha medida do que hai no país, con preto dun cento de asociados, entre os que figuran desde caricaturistas e ilustradores ata un alto porcentaxe que traballa na animación". Según o presidente de Agpi, "xa se está dando o paso dos debuxantes á animación, pero falta a adaptación dos comics á acción real, ó estilo de 300 ou V de Vendetta, e ese paso tamén temos que dalo en Galicia, porque hai moi boas historias".

Dentro destes debuxantes que están a dar o salto ó audiovisual, tamén aprecen outros como Xoán Carlos Abraldes, que acaba de dirixir a súa primeira curtametraxe Man, un proxecto de animación en 3D onde o alemán de Camelle é o fío conductor, ou Mariano Casas, realizadr de cinco microlfilmes titulados Filmiños.

"Tecnoloxía e materia prima"

"Hai unha materia estupenda e varias xeracións de xente con talento, e iso debemos de aproveitalo na animación", indica Miguelanxo Prado, ó mesmo tempo que apunta "un factor determinante como o desenvolvemento da tecnoloxía, que fai que se estean abrindo constantemente ventás". Para o debuxante coruñés, o mellor de todo é que non hai un grupo definido: "Hai moita variedade e iso é bó en calquera ecosistema", bromea. Aínda así, Prado móstrase expectante e, sobre todo, vixiante, desde a experiencia que lle dan tantos anos de traxectoria como debuxante. "Nos anos 80, íamos comer o mundo co bum da historieta, e ó final a debacle foi tremenda. Hai que tratar de consolidar o que está pasando e darlle viabilidade", di Prado, ó tempo que lanza un aviso: "Temos que estar vacinados e non sacar os pes fóra do testo"

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_