_
_
_
_
Reportaje:A LANTERNA MÁXICA | Luces

Un traballo de monstros

Un grupo de galegos edita a única revista española sobre cinema fantástico

En calquera quiosco, entre a morea de publicacións sobre a sétima arte, pódese atopar unha dedicada exclusivamente ao xénero fantástico. As revistas de cine especializadas nunha temática en concreto son raras, e de feito as anteriores tentativas dentro do mercado editorial español de manter unha centrada no eido fantástico non prosperaron. E neste caso a única que mantén a bandeira en solitario engade outro mérito: faise en Galicia con difusión para todo o Estado.

Scifiworld, que se presenta como impulsora do cine fantástico, de terror e ciencia fición, vén de comezar o seu cuarto ano de vida en papel co número 37, o que saíu á venda o pasado maio. Un número menos era o récord que mantiña a publicación especializada en fantástico que máis durara no tempo. Luís Rosalés é o director desta alentadora iniciativa e confirma que a empresa comezada ten futuro. Naceron en Internet en 2005 e manteñen unha web que agora pretenden potenciar co que chaman SFW News, unha nova aplicación para iPhone e iPod Touch que permitirá aos seareiros do fantástico estar completamente ao día da actualidade que se produza. "A versión dixital permítenos seguir ao minuto a actualidade e ampliar o noso público potencial co mercado latinoamericano. Na revista mensual seguimos un pouco menos esa actualidade rabiosa, que non ten tanto peso significativo á hora de elaborar o material, xa que temos tendenza a escribir reportaxes e botar unha ollada retrospectiva á historia do xénero por medio dos seus protagonistas".

Van abrir un portal en inglés na Rede destinado ao público anglosaxón

Venden arredor de 20.000 exemplares cada mes como promedio, unha cifra realmente boa para un proxecto destas características. Co paso do tempo, Rosales aprendeu que a imaxe empregada na portada era un reclamo fundamental. "Eu crín que os temas xerais que puñamos nela eran os que levaban á xente a mercala ou non, e aínda que, claro, iso é importante, fomos vendo que cando a portada chamaba a atención as vendas subían e ían mellor as cousas cando a imaxe era un chisco máis besta. Por exemplo, o especial de zombies que levaba unha foto explícita funcionou de marabilla. Para un público ocasional, xa non para o que adoita lela todos os meses, contar cunha portada rechamante pode funcionar para a venda".

Nestes tempos de dura crise económica as publicacións en papel notan como a publicidade diminúe, algo ao que non son alleos. "Como non temos un percorrido longo no mercado aínda non contamos cunha valoración exacta sobre ese tema, mais temos claro que se nota a recesión e que baixaron os ingresos. Sobre todo foi significativo no caso do número do pasado decembro". Nun primeiro momento chamar dende Galicia para conseguir publicidade nunha revista con distribución para toda España, cando o normal é que se fagan en Madrid e Barcelona, resultaba moi extraño aos interlocutores. "Mais fomos facéndonos coñecidos neste ambiente e agora xa non chama a atención". E, sobre todo, o que foron gañando co paso dos meses foi o respecto dos entendidos polo seu traballo profesional serio. "Algúns podían pensar que isto da revista era a idea dun friki, pero creo que ao ver o resultado final do noso produto penso que xa tiñan claro que non pretendiamos realizar un fanzine de luxo, senón una publicación digna sobre un dos xéneros que considero máis importantes dento do cine español", salienta o seu máximo responsable.

Considera que estar especializados no fantástico pode ter cousas positivas e negativas: "Tes moi claro a quen vas dirixido, pero quizais sexa máis complicado que algúns a acepten como unha revista seria ao afrontar esta temática". A estes amantes da fantasía non deixa de darlles voltas a cabeza, dun xeito distinto á rapaza do filme O exorcista, e xa preparan un portal na Rede destinado ao público anglosaxón, escrito en inglés e con dedicación exclusiva ao cinema fantástico español.

Tampouco esquecen o seu labor no eido dos libros, onde preparan a saída dunha monografía sobre o director Joe Dante escrita polo galego Álvaro Pita. Neste sector xa viron como dous dos traballos editados teñen a edición esgotada. O primeiro foi unha obra sobre o xénero escrita polo director do Festival de Sitges e logo unha biografía de Paul Naschy que vendeu 2.000 exemplares. Están satisfeitos do acadado, aínda que esta faceta non comezou nada ben para eles. "O primeiro libro foi o que fixemos sobre o actor John Phillip Law e non vendimos case nada, pero despois comprobamos que a distribuidora que o levaba desentendérase del e non o puxera nas librerías". Teñen unha espiña cravada coa obra que fixeron con 75 debuxos de autores gráficos sobre a figura de King-Kong, que primeiramente foi unha exposición en Sitges e logo converteuse nun libro con fins benéficos. Pero como a distribuidora era a mesma que no caso anterior o que pretenden agora é dar a maior visibilidade posible a eses dous traballos.

Durante estes anos tamén organizan un certame de curtametraxes, ao que denominan Shots, para dar a oportunidade de facerse ver aos novos valores cinematográficos. Como se pode comprobar, os responsables de Scifiworld son xente inqueda que vai sementando para colleitar novos lectores e teñen ideas dabondo para continuar fornecendo de contidos fantásticos ao público.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_