_
_
_
_
Reportaje:Luces

A crise reactiva os monólogos

Os actores atopan un recurso de éxito que enche o circuíto de teatros e bares

Nalgún dos seus aclamados monólogos, di o humorista Carlos Blanco que os xaponeses usan a mesma palabra para dicir crise e oportunidade. Algo semellante deberon de pensar os irmáns Santi e Miguel Segret, cando hai pouco mais dun ano decidiron montar unha pequena produtora, Rababiero Producciones, e apostar por un espectáculo de monólogos nos grandes teatros de Galicia. "Moitos dicían que era un risco de principiantes e que nos iamos esnafrar, e ata os propios artistas eran un pouco escépticos", lembra Santi.

Noites de Retranca, así se chama o espectáculo de monólogos, foi visto xa por 8.000 persoas, cifra sen precedentes neste formato en Galicia. As actuacións en solitario de actores como Manuel Manquiña, Javier Veiga, Sergio Pazos ou Luis Zahera encheron os mellores teatros de Galicia, mesmo con dúas funcións diarias. "Pensamos que os monólogos podían funcionar ben, pero arriscamos, porque as entradas non son baratas, entre 15 e 20 euros, como un espectáculo teatral de primeiro nivel. Hai que poñer en valor ós artistas", explica Segret. Un dos mais eloxiados do espectáculo é Manuel Manquiña, un vello supervivinte do reto de enfrontarse ó público corpo a corpo. "Eu xa facía cousas en solitario nos bares nos oitenta, cando a isto aínda ninguén lle chamaba 'monólogo'. Agora ofrecéronmo de novo e gústame, é divertido", lembra este veterano actor que hai uns anos retomou o gusto polo monólogo ó reaparecer en El Club de la Comedia. "A min gústame moito como filosofía de espectáculo, porque cando te sentes observado nesa soledade ten algo de ring de boxeo, de circo ou de gladiador, nesa idea de un só contra o mundo", confesa Manquiña, amante de contar historias cotiás para escachar coa risa, traumas políticos de xuventude e miserias vitais de parellas máis unidas polo recibo da hipoteca que polo amor.

"As entradas non son baratas. Hai que dar valor aos actores.", di unha produtora
"É un bo formato para estes tempos", explica Blanco, "pero eu xa o facía antes

Volven os monologuistas ós bares pola esencia do espectáculo en solitario ou porque a crise os aguilloa? "A crise ten que ver obviamente, porque agora os espectáculos de teatro non pasan de dous ou tres actores, e este formato é perfecto", recoñece o actor vigués. "En tempo de crise, o espectáculo é a palabra", di Cándido Pazó. A Pazó, un veterano dos circuitos da narración oral, non lle debe de quedar ningún garito, asociación de veciños ou palco por pisar. Se hai que falar de monólogos, contadores, ou "unipersoais", como a él lle gusta, Pazó é unha autoridade, ademais de presidir a primeira asociación de contadores "unipersonais", denominada Variosventos, que agrupa a 14 artistas. "Aproveitamos a crise porque temos precios asequibles, pero os circuítos poden programar de xeito mais doado", explica este narrador oral formado no teatro, que empezou nos bares a principios dos noventa.

"Acabo de chegar do Brasil, dun festival de teatro, onde había espectáculos unipersoais, non é só aquí", explica este contador que xunto a Quico Cadaval ou Paula Carballeira foi dos primeiros en abrir un circuíto, cando os locais eran moi escasos. "Hoxe medrou o circuíto, porque se coñece a fórmula. E os bares déronse conta de que tamén é bo xeito de promocionar un local", afirma Cándido Pazó.

"Agora hai un circuíto alternativo moi potente e iso creouse gracias a xente como Pazó, Quico Cadaval, Avelino González ou Pepo Suevos", explica o actor e humorista Carlos Blanco, artista reclamado en multitude de espazos, cuxa presencia nun local é garantía de cheo absoluto. Blanco contabilizou no último ano por enriba dun cento de actuacións, e iso que non acode a todos os sitios onde o chaman: "Cada ano igual rexeito arredor de medio cento de actuacións, porque a veces levo un ritmo moi forte e hai que descansar". Blanco circula, entre bares e teatros, ata con catro espectáculos simultáneos, só ou ou acompañado: Africanízate, Ordem e Progresso, Humor Neghro ou .

Na web da súa produtora definen o seu espectáculo de monólogos como delicatessen low-cost, pero a él gústalle "folk-oral, do mesmo xeito que outros din que fan pop-rock", ironiza o actor arousán. "Este formato é bo para estes tempos, pero eu xa facía monólogos cando non había crise, permítenme comentar pola noite o que pasou ó mediodía", explica chegado da rodaxe da miniserie 14 de Abril. Blanco é deses privilexiados ós que lles sobra traballo, e mesmo rexeitou un papel fixo nunha serie en Madrid. "É que a veces non me compensa e prefiro quedar a facer cousas aquí, como os monólogos que teño previstos. Gústame este contacto directo co público, sen intermediarios", confesa. Carlos Blanco é deses artistas que disfruta usando a palabra como única ferramenta. E sabe que os monólogos cotizan á alza en tempos de crise.

Un formato exportable

"Hai que buscar mercados fóra, porque o interior está á baixa, sobre todo no que se refire a concellos e institucións". Carlos Blanco leva anos no oficio e coñece ben o mercado. Se cadra, é por iso que xa hai tempo que empezou a buscar novos circuítos fóra de Galicia. No último ano, cos seus espectáculos Africanízate e Humor Neghro pechou unha ducia de actuacións en Portugal. En marzo xirará co seu espectáculo Ordem e Progresso por Castilla, e en xaneiro viaxará a Brasil coa intención de buscar actuacións nese país, aproveitando que comparte escenario co músico brasileiro Sérgio Tannus.

Pola súa banda, os irmáns Segret, de Rababiero Producciones, prepáranse para exportar a outras cidades de España o éxito das Noites de Retranca. No primeiro trimestre de 2011 xa pecharon actuacións en Tenerife, Salamanca, Valladolid ou Burgos, onde esperan contar con algúns dos artistas que tanto éxito tiveron en Galicia, como Manuel Manquiña, Luis Zahera ou Javier Veiga, e sumar novos artistas a un espectáculo que Santiago Segret cualifica de "un proxecto aberto". Segret recoñece que o seu gran obxectivo é lograr colocar este espectáculo en Madrid, pero aí as cousas non son doadas. "Na maioría das salas programan as grandes distribuidoras, e a única opción sería alugar unha sala. Alí somos descoñecidos e piden prezos de alugueir que oscilan entre 5.000 e 7.000 euros. Iso é moi difícil de asumir", explica o socio da productora Rababiero.

Entre os plans desta produtora coruñesa está o de trasladar o mesmo formato de Noites de Retranca a un espectáculo concibido unicamente por mulleres, e de paso paliar a escasa representación femenina que existe no mundo dos monólogos. Polo momento, barallan nomes entre os que están Camila Bossa, Mabel Rivera, Cristina Castaño ou Sara Casasnovas. "Cando intentamos saír fóra de Galicia vese o complicado que é producir. Case sempre ten mellor resposta do público o que vén de fóra que o que facemos aquí. Pero queremos descubrir cousas desde aquí, testalas e logo exportalas, non ao revés", explica Santi Segret. "Este formato é dos mais exportables, non só porque é económico, senón por ese punto canalla que lle gusta á xente en todas partes", sentencia Manquiña.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_