Outono histórico para o cinema
A fita 'Retornos', dirixida por Luis Avilés, estréase hoxe e abre paso a unha nómina de cineastas que achegan enerxía nova ás salas do país
Se Chano Piñeiro levantase a cabeza dificilmente daría crédito ó que está acontecendo este outono no país no que puxo as primeiras pedras para edificar unha cinematografía aquí. Cinco filmes de realizadores novo agardan a súa chegada escalonada ás pantallas dos cines españois. Desde o filme de animación O Apóstolo de Fernando Cortizo, coa distribución pechada para América Latina, ata Todos vós sodes capitáns de Óliver Laxe, que continuará o seu periplo no festival de Xixón, pasando por Os Crebinsky de Quique Otero, que despois do seu paso polo festival coreano de Pusan está a piques de pechar a súa distribución para estar nas salas a principios do vindeiro ano. Pero dúas son as películas que terán estreas inmediatas: 18 comidas, de Jorge Coira, que se estrea o 19 de novembro, e Retornos, do debutante Luis Avilés, un interesante thriller que hoxe se estrea nas salas de toda España.
Avilés: "Tardei sete anos en facer o filme e aprendín a non desanimarme"
"Ninguén vai pelexar polo proxecto coma un mesmo", di Isabel Rey
Estes directores configuran unha nova fornada de creadores chamados a aportar novos folgos ó cinema. "Estivemos en Montreal, e acabamos de chegar da Seminci de Valladolid. Vistas as críticas e a acollida, eu non podo pedir máis", comenta ilusionado Luis Avilés, director de Retornos, un filme que conta a historia dun emigrante que regresa ó pobo para o enterro do seu pai e para tratar de reconciliarse co seu irmán, recuperar a súa filla e enfrentarse cun desacougante pasado. "Intentei facer personaxes con peso, con suspense e que funcione ben entre o público", explica este cineasta, fillo do poeta noiés Avilés de Taramancos. "Hai un grupo de cineastas que aguantamos o tirón desta difícil carreira de fondo. Empecei con Retornos hai sete anos, e se algo aprendín foi a autoxestionar a ilusión para non caer no desánimo", explica lembrando o difícil camiño recorrido antes de ver a súa película nas salas. O realizador móstrase particularmente orgulloso de logros como que o seu filme se distribúa mantendo os diálogos en galego na versión orixinal, feito que comparte tamén con 18 comidas.
Coñecedor do sector audiovisual en Galicia, Avilés achega unha reflexión interesante sobre os filmes que se van abrindo: "Hai un cambio de mentalidade na produción. Este filmes están impulsados por produtoras novas, ou por directores con moitísimo mérito e que loitaron por autoproducirse como Quique Otero ou Fernando Cortizo, porque as produtoras vacas sagradas non o farían". Unha das novas produtoras é Tic-Tac, coprodutora de 18 comidas, á fronte da que está Fernanda del Nido, unha arxentina que vive en Galicia. "Metínme a producir 18 comidas nunha aposta por Jorge Coira. Confío nel mais que no papel", explica a produtora, á que lle gustan as historias achegadas ó documental.
Outra das empresas que se está a meter en varios proxectos é Zircocine, a produtora que comparten Luís Tosar e o tamén actor Farruco Castromán. Un dos seu proxectos é Os Crebinsky, dirixida por Quique Otero, cuxa estrea nas salas está prevista para principios de ano. "Meterse a coproducir Os Crebinsky foi o meu primeiro reto como produtor executivo, pero apetecíame correr o risco", explica Castromán, tamén coprodutor de 18 comidas. Zircocine afronta agora a preprodución de Os fenómenos, o segundo filme de Alfonso Zarauza, e Operación E, unha coprodución internacional entre Francia e Colombia, na que o protagonista será Luís Tosar.
Estas novas produtoras promoven un cambio de mentalidade e unha forma de producir onde prima a fe nas súas propias historias. "Ninguén vai pelexar un proxecto como un mesmo. Ofrecémoslle o proxecto a todo o mundo pero ó final non queda outro remedio", apunta coa súa desbordante vitalidade Isabel Rey, produtora executiva de O Apóstolo. O curioso deste outono é que hai días nos que se producirá un feito inusual: a estrea simultánea de dous filmes de produtoras galegas. Esta semana mesmo, pasará con Retornos e a animación en 3D A tropa de trapo, dirixida por Álex Colls e coproducida polas galegas Continental e Abano Films. Outra coincidencia producirase o 19 de Novembro, coa estrea de The Way, a película de Filmax protagonizada por Martin Sheen e dirixida polo seu fillo Emilio Estévez, o mesmo día que 18 comidas. Os cinéfilos van ter que quitarlle as teas de araña á súa axenda. Outono coma este nunca tal se vira.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.