_
_
_
_
Entrevista:JORGE COIRA | Director de '18 comidas' | Luces

"Estamos empezando a facer filmes sen complexos"

Jorge Coira (Rábade, 1971) estreará película nos vindeiros días. 18 comidas é o título do filme que chegará ás salas o 19 de novembro. Unha proposta sorprendente, xogando coa improvisación dos actores, e na que se narran diferentes historias coas comidas como nexo. Foi Premio do público, mención especial do xurado ó filme e o seu reparto no último Festival de Ourense, e premio á mellor dirección no Festival Internacional de Taormina (Italia), concedido por un xurado no que formaban parte, entre outros, Dieter Kosslick, director do Festival de Berlín e a cineasta Isabel Coixet.

Pregunta. Cómo definiría 18 comidas?

Resposta. Non é fácil. Navega entre a comedia e a traxedia. É un cine que apela ás emocións por enriba de calquera criterio.

P. Cómo se roda un filme en que gran parte é improvisado?

R. Partimos dun guión non convencional, só marcándolles ós actores a estructura, as historias e o perfil dos personaxes. Tiñan marcas argumentais e a partir de aí todo estaba aberto. En cada secuencia, os actores tiñan un móbil ó lado por se houbera indicacións sobre a marcha. Eu mandáballes mensaxes e chamábaos, e uns cambiaban de reacción, pero outros descoñecían esas ordes. Como na vida.

P. En que medida 18 comidas é unha película que depende do seu oficio como montador?

R. Foi a montaxe mais complicado da miña vida. Sentín momentos de pánico. Gravamos 90 horas de brutos e houbo que descartar moi bo material. Había que equilibrar as historias, e deixar fora algunhas supuxo unha decisión moi dolorosa.

P. É unha película achegada ó documental?

R. Sen a miña relación cos documentais esta película non existiría. É unha ficción documentalizada. O director é un observador solidario que asiste a un feito real.

P. A estrea do filme coincidirá con outras estreas de cineastas galegos e coetáneos seus. Percibe un cambio de rumbo?

R. Empezan a xurdir filmes feitos desde aquí, pero dun xeito moi natural. Nin reivindicativo nin forzado. Empezamos a facer cine sen complexos. Luis Avilés, Fernado Cortizo, Quique Otero, Mario Iglesias, Óliver Laxe ou Ángel Santos que están a facer pelis moi diferentes, pero cunha personalidade moi marcada.

P. A que se debe?

R. Desde mediados dos noventa hai un grupo de directores novos con sensación de xeración. Fomos tratados con pouco coidado. Os produtores mais fortes non fixeron apostas claras e algúns quedaron atrás.

P. Asúmense máis riscos agora?

R. Aquí sempre houbo disposición a buscar directores de fóra. Non houbo irmandade entre o talento de directores e guionistas cos produtores. As cousas están cambiando, en parte gracias a axudas moi interesantes nos últimos anos. Na maioría dos casos citados, están apoiados por produtoras novas.

P. Xa rodou unha tv movie de narcos (Entre Bateas),unha comedia xuvenil (O ano da Carracha), e agora 18 comidas. Cal será o vindeiro pao que toque?

R. Gústame o cambio e a curiosidade lévame a cambiar de terreo. Agora mesmo teño moitas ganas de meterme no teatro, e xa teño un proxecto.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_