Actores e Cans
O festival de curtometraxes de Cans é único. Nace xa cun carácter único, a ironía de quen xoga coa comparanza entre Cannes e Cans, un luxoso porto marítimo e unha aldea do interior. E como corresponde ao tamaño relativo de Cans, o seu festival ocúpase do cinema de breve duración. E así, os días do festival son días de aldea, co seu encanto indudábel para a xente de cidade. Entre pistas, rueiros, galpóns, galiñeiros, eiras, leiras e o adro da igrexa sucédense debates, encontros e un repaso da nova creación audiovisual.
E como non hai mellor lugar para estar que o aire libre, foi nun debate nunha leira petando o sol onde aflorou o tema de fondo do audiovisual galego. Saiu polas mellores bocas, polas de actores: Luis Iglesia e Antonio Durán, Morris, fixeron un coloquio na leira guiados con discreción por Alfonso Pato. No coloquio entre eles dous e co público, Alber Ponte maiormente, afloraron feridas e dilemas para os dobradores, os actores e actrices. Os actores e o público discutiron sobre as linguas, sobre as produtoras, sobre a TVG, sobre a dobraxe. Diferentes experiencias, dilemas, dúbidas, conflitos íntimos e ideolóxicos.
As empresas audiovisuais son dependentes da TVG. Algunhas, as máis prósperas, absolutamente dependentes. E pódese ver que esa situación empresarial ten consecuencias artísticas, unha atadura invisíbel mais verdadeira. Conformarse con esa situación pode limitar o valor da producción audiovisual galega. O universal é o local con naturalidade e sen medo ao mundo. Aínda que nada máis sexa porque os nosos actores e actrices non lles falten as oportunidades que lles corresponden lexítimamente cando traballan desde aquí en galego. As mesmas que cando traballan en Madrid en castelán ou en París en francés.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.