_
_
_
_
Reportaje:Luces

O baile das esperas

A danza reclama a reactivación do Centro Coreográfico - "O público necesita linguaxe corporal" - Entre 1996 e 2008 triplicouse o número de compañías

Nos derradeiros días de outubro, comezou a circular na rede un manifesto "pola continuidade do Centro Coreográfico Galego". Asinado inicialmente por uns 40 xestores culturais de España e de Portugal, o texto, que continúa recibindo adhesións a través dun blog, fai fincapé no labor da institución cultural para a promoción da danza galega no exterior e na creación de sinerxias con entidades análogas de todo o Estado. No encabezamento da proclama, os asinantes sinalan a "dependencia dos cambios políticos" como causante dunha situación que desestabiliza os proxectos culturais institucionais.

"Parécenos moi mala noticia a incerteza que xera o cesamento da actividade do Centro Coreográfico Galego e a marcha da súa directora, Natalia Balseiro", declaran, entre outros sinatarios, o director do centro artístico público barcelonés Mercat de les Flors, Francesc Casadesús, o director artístico do teatro do Centro de Arte e de Creación Industrial Laboral de Xixón, o galego Mateo Feijóo, o coordinador da área de Artes en Vivo do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, Fernando Cerón Sánchez-Puelles, e o coreógrafo portugués Rui Horta, director do centro multidisciplinar O Espaço do Tempo.

O substituto de Balseiro coñeceráse "este ano", pero non se sabe nada do concurso
Más información
Pisando Ovos abre o Catropezas

O escrito axiña obtivo resposta da parte dos profesionais da danza en Galicia. Maioritariamente agrupados, a título individual ou como compañías, na plataforma asociativa Danesga (Danza Escénica Galega), enviaron unha carta ao actual responsábel da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fernández Fasero, de quen dependen o Centro Dramático Galego (CDG), o Centro Coregráfico (CCG) e a Escola de Altos Estudos Musicais. A preocupación de fondo é a ausencia dunha dirección e dun proxecto de futuro no CCG. Á demora lóxica e predecíbel, consecuencia do traspaso de poderes logo dun cambio de goberno, súmanse demasiados meses de retraso e de parálise. "Os proxetos culturais públicos han camiñar alleos á cor política de quen xestione os seus números, polo motivo sinxelo de que se trata de organismos onde se traballa en cadea", reza o manifesto de Danesga, que insiste na conveniencia de non cortar "un modelo que funciona sen terse esgotado, que en pouco tempo chegaría moi lonxe e que involucra a un alto número de profesionais e de cidadáns galegos".

"Queremos defender o noso bo traballo, como o están sinalando as críticas que veñen de fóra, nun momento, ademais, no que os públicos necesitan consumir danza, linguaxe corporal", asegura o bailarín Javier Martín. "Cando fundamos Dobre Xiro, en 1996, eramos media ducia de compañías en toda Galicia; agora ese número é o triple, polo menos. É a cristalización do labor do CCG a prol da visibilidade da danza no país, da formación dos artistas e do achegamento aos espectadores, pero tamén é o resultado dun traballo de fondo realizado por moitas persoas e empresas, como a desaparecida Sala Galán de Compostela, durante moito tempo", reflexiona a bailarina Olga Cameselle, actualmente á fronte de Disquedanza. Na traxectoria do bailarín Quique Peón, a existencia do organismo é fundamental. Logo de máis de trinta anos adicado á procura dos ritmos e dos pasos marcados pola tradición, a súa colaboración co Kiosco das Almas Perdidas abriu novas perspectivas na súa carreira. Un resultado é Ovay, a primeira montaxe coa que se adentra en solitario na danza contemporánea e que proximamente se editará en DVD. "En Ovay, a linguaxe corporal é tradicional pero o concepto é contemporáneo", asegura.

Na memoria máis recente do CCG, correspondente a 2008, computánse 290 accións artísticas e formativas ás que asistiron 14.749 persoas. Nese capítulo inclúense as funcións da produción propia Kiosco das Almas Perdidas, tres coproducións con compañías de España e de Portugal e oito residencias artísticas, amais de aulas para profesionais e obradoiros abertos ao público. O ano pasado foi tamén o da celebración, na illa de San Simón, do certame Mov-s Galicia, un espazo de intercambio internacional de propostas artísticas impulsado polo Mercat de les Flors, no que participaron 250 profesionais vencellados á danza.

O sector escénico galego mobilizouse a comezos do verán pasado a propósito da dilación na convocatoria de axudas públicas á creación artística, que adoita resolverse na altura do mes de abril e que este ano foi adxudicada en xullo, unha vez que se recompuxo o novo organigrama da Consellería de Cultura tras os comicios de marzo. Desde as eleccións, a extinción dos contratos dos bailaríns, en xullo, e o cesamento de Balseiro, en setembro, foron as dúas únicas novidades consumadas relativas ao CCG. Tanto o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, como o xerente da Agadic aseguraron a pervivencia do CCG e do CDG, que aparecen consignados nos orzamentos da Consellería para 2010 baixo a pretensión de que se convirtan en "centros de referencia". Fontes do departamento da Xunta comunicaron que o proceso de selección dun responsábel para o CCG estará resolto antes da fin de 2009 e que a escolla se fará mediante concurso público, "tendo en conta os perfís artísticos e profesionais dos aspirantes". O prazo para a presentación de candidaturas ou o cronograma concreto do procedemento non se revelou, polo momento.

Corren sortes distintas para ambos os dous proxectos. O CDG, aínda sen cabeza visíbel despois da destitución de Cristina Domínguez, segue adiante coa produción de As actas escuras, o seu primeiro proxecto da tempada, e xa anunciou o programa de coproducións 2009-2010. Tras a estrea de Giseliña, a terceira e última produción propia, o pasado mes de marzo, no Centro Coreográfico Galego non hai actividade alén do desenvolvemento das oito residencias artísticas concedidas o ano pasado. As do ano que vén aínda non foron convocadas.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_