Antonio Pérez Prado, o home que si foi amigo de Castelao
O médico "anarcogaleguista" falece en Bos Aires aos 83 anos
O médico Antonio Pérez Prado, de pais lugueses, naceu en 1926 no barco da emigración e foi soterrado o martes no cemiterio bonaerense da Chacarita. O seu traballo dividiuse entre o Hospital Municipal de Bos Aires, polas mañás, e o sanatorio do Centro Galego polas tardes, pero antes quixo revivir a emigración dos pobres. Nos anos 50 foi soldador en Estados Unidos, onde pasou uns meses "na fronteira da vida delictiva" (A Nosa Terra, 2003).
Articulista na prensa arxentina e autor de varios tratados de divulgación científica, en 1973 escribiu Los gallegos y Buenos Aires, reeditado en 2007 por Corregidor. A súa gran angueira foi Castelao, a película que guionizou para o arxentino Jorge Prelorán, un dos maiores documentalistas da América Latina. Entre 1973 e 1981, ditadura militar mediante, os negativos de Elixio González, o fotógrafo da emigración, convertéronse nun bruto de catro horas que Prelorán, falecido en marzo, recurtou ata 180 minutos no seu exilio norteamericano.
A copia íntegra que emitiu TVE-Galicia en 1984, cando a chegada dos restos de Castelao, mercáralla Isaac Díaz Pardo ao Centro Galego de Bos Aires. A que finalmente pasou TVG en 1992 foi a versión desmacelada polo propio centro. Os 27 minutos de menos son a sátira de Alfonso XIII, con pasodoble torero, antes da chegada da República. Segundo argumentou Pérez Prado, Castelao fíxose "para popularizar o problema nacional galego, co mínimo proselitismo, facendo un modesto apostolado e xustificando o traballo que din á miña nai cando me pariu". Eu si que fun amigo de Castelao, adoitaba dicir, sarcástico cos dirixentes dos centros galegos e crítico coas arestas que se lle riparon ao personaxe despois de morto.
Manuel González, responsable audiovisual de Cultura coa Xunta bipartita, coñeceu a Pérez Prado en 1990, cando viaxou a Bos Aires na procura de fitas da emigración. "Nunca coñecín un galeguista tan divertido", conta. "Era anarcogaleguista, facía agradable o cotián".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Elecciones en Extremadura 21D, en directo | Abren los colegios electorales en Extremadura
Cómo llegaron los líderes europeos al acuerdo para financiar a Ucrania
Así pone en peligro la vida de menores ChatGPT, según un experimento realizado por EL PAÍS
Todo lo que tienes que saber para seguir la jornada electoral de Extremadura
Lo más visto
- Uno de los promotores de la señal V-16 de tráfico: “Es duro oír el testimonio de víctimas que han sufrido amputaciones al poner los triángulos”
- Más de 40 congresistas demócratas piden por carta a Trump que cese en sus “intentos de socavar la democracia en Brasil”
- Cae una organización que enviaba camiones cargados de cocaína desde Marbella hasta varios países europeos
- La policía registra varios domicilios y las oficinas de la ministra francesa Rachida Dati por otro presunto caso de corrupción
- Manuel Castells, sociólogo: “El mundo está en un proceso de autodestrucción”




























































