"As figuras da arte veñen cando lles interesa o proxecto"
O director do Museo de Arte Contempóránea de Vigo (Marco) tamén celebra o seu aniversario ao frente do centro (vanse cumprir dous anos do seu nomeamento) e amósase optimista sobre o futuro da institución nos vindeiros anos, para os que xa están previstas grandes mostras internacionais.
Pregunta. O Marco cumpre cinco anos, que é pouco tempo para un museo. ¿Pódese dicir que se están a cumprir as espectativas iniciais?
Resposta. Estamos máis que satisfeitos cos resultados, aínda que nos queda moito por facer. O proxecto do Marco estivo ben concebido dende un principio, e iso reflíctese no resultado. Dende o inicio creouse unha fundación estable que administra o museo formada polo Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e Caixanova, ás que máis adiante se sumou o Ministerio de Cultura, o que nos dá unha estabilidade e ao mesmo tempo unha autonomía pouco habituais nun centro coma este. Todo isto sentou as bases para unhas condicións óptimas de traballo que explican os resultados acadados.
"Isto non é unha competición aínda que algúns se empeñan en que sexa así"
"O proxecto estivo ben concebido desde o principio e iso reflíctese no resultado"
P. A liña do museo nestes anos caracterizouse polas exposicións colectivas e temáticas. ¿Vai continuar nesta liña ou hai que retocala? ¿É posible traer a máis figuras internacionais co orzamento actual?
R. De momento imos seguir a afondar na liña de mostras colectivas, e de feito son moitos os proxectos de investigación que temos iniciado para realizar exposicións de grupo nos vindeiros anos. En calquera caso, non descartamos facer algunha mostra individual nun futuro próximo se está xustificada. Respecto á outra pregunta, na exposición que hoxe inauguramos están presentes artistas como Jimmie Durham, David Lamelas, Ignasi Aballí, Jonathan Monk, Susan Norrie, Douglas Gordon, Tacita Dean ou Gianni Motti, por citar só algúns deles. Case a metade das mostras que facemos están coproducidas con outros centros, o que fai posible repartir os custos mantendo a calidade. As figuras da arte veñen cando lles interesa o proxecto para o que as convidas e lles ofreces unhas boas condicións de traballo, non é só unha cuestión de orzamentos.
P. Ademais das exposicións, o Marco está a facer moitas actividades paralelas. ¿Está respondendo ben o público da cidade a estas iniciativas?
R. O certo é que a resposta a estas actividades está a ser case sempre moi superior ás nosas espectativas. Este ano tivemos que duplicar as sesións de dous cursos, Iniciación á arte contemporánea e Aprender a ver arte para poder atender todas as solicitudes. A partir da semana que vén abriremos o museo unha hora antes polas mañás para poder atender máis grupos de escolares. Ademais, temos as actividades da Agrupación de Amigos, que ten máis de 500 membros e da que estamos especialmente orgullosos, son cada vez máis diversificadas. Todo isto é francamente satisfactorio, non tanto polo número de persoas que participan senón sobre todo polo que supón de mellora cualitativa, polo que significa contribuír a crear públicos mellor informados.
P. ¿Cre que a presenza de artistas galegos no museo é a axeitada ou sería necesario ampliala no futuro?
R. Non é nunca unha cuestión de porcentaxes, senón de calidade e de oportunidade. O noso Espazo Anexo está adicado dende o inicio a proxectos desenvolvidos por artistas galegos especialmente para ese lugar. Ademais sempre que o tema o permita intentamos incluír artistas galegos nas mostras colectivas. Nesta liña, a principios de 2009 faremos unha mostra comisariada por Horacio Fernández cun importante traballo de investigación sobre fotografía feita en Galicia desde o século XIX ata hoxe.
P. Dende o pasado verán o museo ten acceso gratuíto. ¿Notouse esta medida na afluencia de público nestes meses?
R. Obviamente, si. Este verán tivemos máis do dobre de visitantes que no mesmo período do ano pasado. Probablemente é algo que ten máis influenza sobre o público ocasional, dado que os visitantes habituais sabían xa que había dous días de entrada gratuíta e que existían outras posibilidades de libre acceso.
P. A colaboración con outros museos galegos faise realidade sobre todo no chamado Proxecto Edición. ¿Hai plans para ampliar esta colaboración?
R. O Proxecto Edición foi unha iniciativa do director do CGAC, Manuel Olveira, que conseguiu poñernos dacordo a tres centros para traballar en rede, algo inédito ata o momento se exceptuamos algunha iniciativa illada. Ademais faremos unha exposición en 2009 en coprodución co Museo de Belas Artes da Coruña, entre outros proxectos que temos entre mans. No futuro máis inmediato, estamos a preparar proxectos co Centro Andaluz de Arte Contemporáneo, o Koldo Mitxelena, La Panera de Lleida, ou o Frankfurter Kunstverein.
P. ¿Teñen os artistas novos os apoios suficientes en Galicia?
R. Cada vez é máis frecuente que os nosos artistas fagan residencias fóra, algo imprescindible para a súa formación. En todo caso, a situación non é moi diferente noutras autonomías. Sempre se está a falar da necesidade dun centro de recursos ou de produción para artistas en Galicia. Mentres tanto, centros e espazos coma o noso, aínda sen ter instalacións para iso, estamos a cumprir en parte esa función.
P. ¿Será bó para os museos galegos que se abra outro centro de arte contemporánea na Cidade da Cultura?
R. Sempre dependerá do tipo de proxecto que se faga, algo que descoñezo nestes momentos, pero en principio a creación de novas infraestruturas debería ser positivo para o entorno máis próximo. Isto non é en ningún caso unha competición, aínda que ás veces algúns se empeñen en que sexa así. Trátase de sumar esforzos, de ter unha visión ampla, de estudar que accións son complementarias, de pensar nos públicos reais e potenciais. Neste senso, penso que, canto mellor lle vaia ao teu veciño, mellor te irá a ti.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.