Da arte sónica ó preimpresionismo
Máis de 20 exposicións conforman unha oferta heteroxénea espallada polos museos das cidades galegas
Os museos e centros de arte galegos acollen nestas últimas semanas do ano unha gran variedade de exposicións que permiten realizar un percorrido por etapas artísticas moi diversas, ademáis de afondar en aspectos pouco coñecidos da cultura galega. A Coruña, Vigo e Santiago son as tres cidades cun maior número de mostras de interese, aínda que tamén hau propostas atractivas noutros puntos de Galicia. Pódense atopar opcións para satisfacer diversas sensibilidades:dende exposicións que repasan as últimas tendencias da arte contemporánea ás que fan un repaso da historia da lingua galega ou da evolución do deseño nórdico.
Para os máis mozos está a mostra De Leipzig a Düsseldorf. Figuración alemana actual que pode verse ata finais de xaneiro no Museo de Unión Fenosa da Coruña. Nela analízanse as diferenzas e semellanzas entre as dúas escolas pictóricas máis importantes de Alemania e desvélanse os novos aires da pintura dese país despois da caída do muro de Berlín. Os bodegóns modernos de Stefan Stössel, as paisaxes misteriosas de Peter Busch e as figuras realistas de Karin Kneffel son algunhas das propostas dunha exposición que descubre nomes que darán moito que falar na arte internacional.
Pezas senlleiras da cultura galega na mostra do Centenario da Real Academia
Se viaxamos ata Vigo, nas salas do museo MARCO coinciden Pintura mutante e A mostra invisible, dous proxectos que poden gustar ou non gustar, pero que non deixarán indiferente a ningúen. No primeiro deles plantexase ao espectador unha serie de obras de creadores españois nas que se amosa como a pintura soubo reinventarse ao coller elementos doutras disciplinas que nas últimas décadas ameazaban con suplantala. Daniel Verbis, Arancha Goyeneche, Manu Muniategi e os galegos Marina Núñez, Salvador Cidrás e Teresa Moro son algúns dos artistas participantes
Arte dos sons
A mostra invisible reúne a grandes nomes da arte internacional como Joseph Beuys, Vito Acconci, Bruce Nauman, Juliao Sarmento ou Louise Bourgeois, dos que se exhiben pezas que teñen coma principal soporte -e ás veces único- o son. Trátase de explorar as distintas posibilidades artísticas da voz humana e doutros sons a través de obras que obrigan ao espectador a implicarse para desentranalo seu significado. É unha mostra cunha concepción moi orixinal e ás veces non apta para os non iniciados, pero os que acepten o reto descubrirán que non sempre é preciso usar o sentido da vista para comprender unha obra de arte.
Tamén en Vigo permanecerá aberta ata o vindeiro domingo a mostra. Deseño Escandinavo. Máis alá do mito, na nova sede da Fundación Barrié de la Maza. Poden verse perto de 200 pezas que abranguen dende os anos 50 ata hoxe. Alí atoparemos dende diseños de vestidos ata telefónos, mobles ou obxetos de vidro. Verner Panton, Arne Jacobsen, Mats Theselius e Stefan Lindfors son algúns dos deseñadores presentes. A mediados do mes de decembro a exposición viaxará á sede coruñesa da Fundación Barrié.
Tamén na Coruña, Territorio de mulleres nas colecciones do IVAM e Caixa Galicia permanecerá na Fundación Caixa Galicia ata mediados de febreiro.Nomes destacados do panorama artístico nacional e internacional coma Helena Almeida, Carmen Calvo, Cristina Iglesias o Ana Fernández achegan as formas de entender a arte e a vida destas mulleres.
Unha reflexión sobre o papel das edicións baratas no mundo da arte (Paperback) e outra sobre a obsesión pola actualidade que caracteriza ós medios de comunicación de hoxe (O futuro da actualidade) ocupan ó CGAC de Santiago. Alí tamén se pode visitar a exposición adicada a unha das artistas galegas máis importantes das últimas décadas, Menchu Lamas.
Os interesados en profundizar nas influenzas dos artistas galegos da primeira metade do século XX teñen a oportunidade de achegarse á Fundación Luis Seoane da Coruña, onde atoparán unha selección de obras de 26 artistas galegos que buscaron inspiración en fontes tan variadas como a arte xaponesa, os prerrafaelistas e o postimpresionismo. Lloréns, Asorey, Castelao o Luis Seoane son
algúns dos artistas representados.
Outro dos grandes nomes da arte galega do século XX, Arturo Souto, é obxecto dunha exposición no Centro Sociocultural Caixa Galicia de Lugo. Na mostra hai 24 cadros, cinco deles -pintados durante o exilio americano do artista- exhibense por primeira vez en España.
O ano centenario da Real Academia Galega tamén ten a súa exposición, recén inaugurada na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia. Preto de 400 pezas -publicacións, enseres persoais, fotografías, libros e cadros- achegadas por numerosas institucións e particulares compoñen un percorrido único pola historia da lingua e da cultura galegas. Entre as pezas que se poden atopar destaca o senlleiro Cancioneiro da Ajuda e o primeiro documento xurídico escrito en galego, que data de 1228.
Unha mostra sobre os preimpresionistas franceses atópase no Centro Social de Caixanova de Pontevedra e dende o 30 de novembro poderá verse tamén en Ourense, Son 20 artistas, integrantes da chamada Escola de Barbizon.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.