Luís Tosar estreará o 'paseo da fama' do Festival de Cans
O apretado programa do VII Festival de Curtametraxes de Cans (O Porriño) pódese resumir no tempo en que a cociñeira do Bar Fortes, na mesma parroquia do sur de Galicia, prepara unha fotoxénica tortilla de patacas. Esa medida de planificación horaria acáelle a un festival que organiza concertos musicais e proxecións de cinema en galpóns, adegas e toda caste de cubertos destinados a gardar animais e apeiros de labranza, pero que, catro días ao ano, acollen a maior concentración de profesionais da música e da escena audiovisual galega por metro cadrado do país.
Tal xuntanza de celebridades no eido rural produciu un concepto, o agroglamour, que non por casualidade é o lema da vindeira edición, do 19 ao 22 deste mes de maio. O resumo desa realidade está no almodovariano cartaz que promociona o festival, no que loce un stiletto de charol negro cuxo tacón remata nun forcado: metáfora do Cans actual que propicia a convivencia da alfombra vermella das estrelas cos instrumentos habituais para apañar esterco ou recoller a herba.
Cos estalidos dos tubérculos fritíndose no aceite na cociña do Fortes como banda sonora, o director do festival, o guionista Alfonso Pato, iniciou onte a presentación dos contidos desta edición do festival debullando as numerosas frontes, seccións e iniciativas dun certame que o ano pasado chegoui a congregar a máis de 7.000 espectadores nunha aldea habitada realmente por 400 persoas o resto da tempada.
A presenza do actor Luís Tosar será noticia por partida dobre: como líder do grupo de rock Di Elas presentará en primicia as novas cancións da banda nun dos seus escasos concertos e como premiado actor do momento por Celda 211, que xa foi merecente en Cans do premio Pedigree 2004, inaugurará unha das novidades do certame: un paseo da fama, chamado Torreiro das Estrelas, que deixará constancia do paso pola aldea porriñesa dos grandes protagonistas do celuloide. O seguinte en deixar a súa pegada será Ernesto Chao, o coñecido intérprete homenaxeado deste ano co galardón Pedigree.
Outra innovación é a creación dun xurado composto integramente por habitantes dos diferentes barrios de Cans. Encargarase de entregar o recentemente creado Premio dos Veciños. Nesa categoría e en todas as demais, que serán observadas por un tribunal participado polo actor Carlos Blanco e polo escritor Suso de Toro, entre outros, compiten as doce curtametraxes galegas de ficción e as sete de animación seleccionadas para o concurso. Fóra da carreira polos premios oficiais, haberá máis exhibicións gratuítas, como un ciclo de animación procedente de Portugal, e as estreas absolutas dos filmes documentais O mono Paco, de Piño Prego, sobre o célebre simio da Alameda de Redondela, e Naipe de sangue, o primeiro western á galega, dirixido por José Ballesta e o crítico e novelista Miguel Anxo Fernández.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
De Montoya a Juan del Val: el año en que la televisión volvió a colarse en las conversaciones
Naufragio en Indonesia: rescatan el cuerpo sin vida de una niña española desaparecida
Rusia amenaza con romper las negociaciones con Kiev: ¿qué ha pasado?
El precio de la vivienda sigue escalando... y ya crece a ritmos de la burbuja inmobiliaria
Lo más visto
- La Audiencia Nacional avala la decisión de Robles de retirar el nombre de Franco a una bandera de la Legión
- Trump anuncia la destrucción de una instalación de producción de drogas en Venezuela
- Rusia amenaza con romper las negociaciones tras acusar a Ucrania de atacar una residencia de Putin
- Alain Aspect, Nobel de Física: “Einstein era tan inteligente que habría tenido que reconocer el entrelazamiento cuántico”
- Recuperado el cadáver de la niña de la familia española desaparecida tras un naufragio en Indonesia




























































