_
_
_
_
Tribuna:Luces
Tribuna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las tribunas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A viaxe da cultura

A cultura galega ábrese paso no mundo, está presente en ámbitos culturais, en mercados, en espazos xeográficos diversos, con atención preferente para Europa e América. Europa, por ser o noso espazo xeográfico, cultural e económico, é tamén destino privilexiado das accións de internacionalización dos artistas e dos produtos culturais galegos, que se abren camiño en feiras, festivais e espazos de programación de Portugal, Francia, Bélxica, Alemaña ou as Illas Británicas.

En América viron a luz ideas e proxectos que contribuíron a modernizar Galiza e a facela máis consciente da súa identidade, e agora é o momento de facer outra vez ese camiño, de cruzar o mar coas maletas cargadas de libros, de ritmos, de historias, de imaxes, de ideas.

Nesta viaxe de volta a América, a cultura galega fará escala en Cuba, na Feira Internacional do Libro da Habana, entre o 13 e o 24 de febreiro próximos.

A presenza na Feira do Libro da Habana é en primeiro lugar un acto de recoñecemento. Recoñecemento de Galiza como cultura, como país, como a primeira nación sen Estado que é convidada de honor deste evento multitudinario, o principal acontecemento cultural de Cuba. Mais tamén oportunidade de recoñecemento para os homes e mulleres que chegados desde Galiza contribuíron ao progreso material e social de Cuba e que desde a illa promoveron o desenvolvemento cultural e económico do noso país.

En segundo lugar é unha vía para o coñecemento da realidade dun país con historia que quere estar con voz propia no mundo, para a presentación da imaxe actualizada, afastada de estereotipos, dunha cultura viva, dinámica, expansiva. Será un gran escaparate da cultura e do libro galego, o mesmo escaparate que utilizaron antes ca nós países como Alemaña, España, Brasil, Venezuela ou Arxentina.

E en terceiro lugar constitúe a porta de entrada natural da nosa cultura en América, unha plataforma desde a que desenvolver novas accións en países aos que nos unen vínculos históricos e culturais como México, Brasil, Arxentina ou Uruguai, países nos que se intensificarán as accións de difusión da cultura galega.

Despois da Habana virán novas citas, novos encontros para a cultura galega, porque as feiras son tamén lugares de relación, de diálogo, de intercambio, de negocio. Do negocio que vén polo incremento das cifras da exportación de produtos culturais mais sobre todo do negocio -de valor incalculábel- que se deriva da superación dos tópicos e da presentación da nosa cultura, unha grande descoñecida aínda, en termos de normalidade en eventos internacionais.

E máis alá dos negocios materiais e inmateriais, máis alá dos mercados e do libre comercio, interésanos falar coa nosa propia voz, defendendo unha idea da cultura e do mundo que acredite no valor da diversidade e do pluralismo, no valor da cultura como antídoto contra a dominación, a violencia, a opresión e a barbarie.

- Cara a unha estratexia global. Desde a Consellaría de Cultura e Deporte estanse a definir estratexias globais de promoción internacional da nosa cultura en ámbitos como as letras, a música ou a banda deseñada. Trátase dun plano de actuación integrado, progresivo, que parte do coñecemento dos espazos e dos escenarios, e que a partir de aí fixa os ritmos e define as prioridades. Na etapa na que nos encontramos é absolutamente crucial que vaian da man o país e a cultura, o todo e as partes, as institucións e as empresas.

A Axencia Galega para as Industrias Culturais (Agadic) será o instrumento acaído para acoller as políticas e os programas de internacionalización das empresas e dos produtos culturais galegos. Xa estamos no camiño de Agadic, desenvolvendo estruturas e programas que nos permitan consolidar posicións e seguir avanzando no obxectivo de levar a cultura galega polo mundo. A cultura entendida en primeiro lugar como a marca de identidade e de calidade do país, como representación do nosa singularidade, da nosa universalidade. Mais tamén como unha grande factoría de imaxinación e creatividade, fábrica de produtos e de creacións que aspiran a ser lidas, vistas ou escoitadas por millóns de persoas.

Luís Bará Torres é director xeral de Creación e Difusión Cultural. .

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_