_
_
_
_
Reportaje:Luces

A propósito de Piñeiro

A exposición de motivos da Proposición de Lei de Normalización Lingüística que representando a Esquerda Galega (EG) apresentei en 1981 no Parlamento de Galiza comezaba así: 'O idioma galego, nacido en ambas ribeiras do río Miño, é a máis grande creación cultural do povo galego e símbolo permanente da súa identidade histórica (..). Forma parte dunha familia lingüística universal que serve de medio de comunicación aos cento cincuenta millóns de habitantes da área galego-luso-brasileira". Foi esta a primeira proposición de lei que se apresentaba no Parlamento e a primeira en galego, con todo o significado histórico que isto comporta.

Necesitada da toma de consideración por parte da Cámara por tratarse dunha iniciativa lexislativa xurdida no Parlamento e non do Goberno, no debate correspondente os grupos decidiron por unanimidade o estabelecemento dunha ponencia de traballo que elaborase o texto definitivo a analizar en comisión e finalmente no plenario, como se fixo, xa en 1983, sendo aprobada por unanimidade. No Diario de sesións e nos arquivos do Parlamento pódese comprobar a autoría da proposición de lei, o debate da toma en consideración, coa intervención dos representantes de todos os grupos, entre eles Ramón Piñeiro en nome do PSOE e eu mesmo en representación de EG, e os membros da ponencia de traballo que, se a memoria me é fiel, foron Xosé Luís Barreiro Rivas, Carlos Casares Mouriño, Xosé María Pardo Montero e con eles eu.

Non ten sentido atribuír a Piñeiro a autoría da Lei de Normalización Mesmo din que tamén el resolveu o Estatuto e a cuestión da capitalidade

Aprobada a lei, o texto final incluía o deber de coñecer o galego, tal e como Constituición de 1978 determinara para o castelán. Porén, recorrida a lei polo Goberno do Estado español, daquela ostentado polo PSOE, o Tribunal Constitucional anulou esa cláusula sobre a lingua propia e oficial de Galiza. O responsábel do recurso fora Domingo García Sabell, delegado do Goberno estatal e Presidente da Real Academia da Lingua Galega. Non ten, pois, sentido, atribuír a Ramón Piñeiro a autoría dunha Lei de Normalización Lingüística que percorreu tal camiño.

Houbo outras leis de desenvolvemento do Estatuto, como a Lei de Símbolos de Galiza ou a Lei do Valedor do Pobo, que aprobadas na primeira lexislatura tamén foron apresentadas por EG, de par de múltiples iniciativas que manifestaban un proxecto nacional, tratando da estrutura territorial, o desenvolvemento dos sectores produtivos, a política social, as autovías e o tren de alta velocidade, o respecto á natureza, a sanidade, a educación, os medios audiovisuais en galego, -que se porían en marcha por iniciativa de Xosé Luís Barreiro Rivas, como vicepresidente da Xunta presidida por Xerardo Fernández Albor- a relación coa Comunidade Europea ou dos direitos humanos e os problemas da humanidade. Formaron parte dun traballo que, continuado nas seguintes lexislaturas polos demais deputados do PSG-Esquerda Galega (Fernando Martínez Randulfe, Antón Martínez Aneiros, Xoán López Facal e Domingos Merino Mexuto), correspondía a un pensamento que se estruturara desde os anos 60, con expresións orixinais no mundo sindical, cultural e político, procurando a criazón dun espazo democrático nacional galego cara á plenitude do autogoberno.

Alleo a teorías que supuñan o abandono da idea de Galiza como nación, deitaba as súas raíces na esquerda europea daquel tempo e acollía a tradición do movemento nacional galego, evidenciado especialmente na II República. Foi esta dupla condición a que levou a EG a defender un Estatuto de Nacionalidade, comprometéndose na elaboración do primeiro proxecto estatutario e participando activamente nas manifestacións de 1977 e 1979, mesmo a costa de diverxer de compañeiros que tiñan unha percepción diferente e contraditoria sobre o que facer nun momento tan determinante.

Escribo isto acerca de Ramón Piñeiro sen desconsiderar a súa personalidade humana, política e cultural. Tiven con el unha relación cordial, por el mesmo recoñecida, sen encontrarme entre os seus seguidores e sen formar parte dos que se lle reviraron despois de seren os seus discípulos. Relato o que pasou porque non podo concordar coa visión que se pretende construir sobre a sua figura política, na que chegan a incluírse non só as leis citadas senón tamén a aprobación do texto estatutario e a resolución da espiñenta cuestión da capitalidade. Unha visión interesada que, ademais de furtar o traballo de todo o Parlamento, leva canda si particularmente o ocultamento dunha liña política como a de EG que, emprendendo unha aventura inacabada, se bateu por encher de contido o espazo político aberto pola democracia e as instituicións do Estatuto, tendo como horizonte a Galiza como unha nación por si mesma, unha nación aberta ao mundo.

"A presente Lei pretende definir e instaurar os instrumentos adecuados para a plena normalización do noso idioma propio, e remítese á Xunta de Galiza para a súa aplicación e desenvolvemento, en harmonía co mandato do Estatuto de Autonomía". Así remataba a exposición de motivos da Proposición de Lei de Normalización Lingüística apresentada por EG en 1981. Nesas estamos, 28 anos depois.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_