A construción da alma de Antón Lamazares
Ourense pecha unha das maiores retrospectivas do pintor lalinense
Antón Lamazares (Maceira-Lalín, 1954) levanta o domingo a casa das emocións que tivo aberta perto dun mes no edificio cultural Simeón, de Ourense. O artista chegou, mediado decembro, con 151 obras de gran formato para ocupar os 1.500 metros cadrados de exposición que ofrece o centro cultural dependente da Deputación.
Trouxo a súa obra máis recente e inédita de dúas series, ambas relacionadas co fogar dos sentimentos: Domus Omnia, algo así como casas para sempre, e Fai frío no lume, en homenaxe ao seu pai falecido pero ademáis tamén á outra forma de vida que é a morte. A súa exposición podería ser a casa da morte tanto como a da vida. Por iso resulta impresionante, máis aló do seu valor artístico. O tamaño das pezas concibidas para que caiba o corpo, e polo que teñen de sepultura, sobrecolle.
"Non hai por ningures o sentido tráxico da vida", sinala o comisario
"Son todas as casas posibles", explica o artista. "A casa da alma, a casa que non é; tamén a que é; a casa da desgracia, a da alegría ...". Pero non asoma o dramatismo. "É que non hai por ningures un sentimento tráxico da vida", matiza o comisario da exposición, o escritor do Irixo Luis González Tosar, quen alude de seguido a ese concepto da morte adscrito ás psicoloxía colectiva galega, "tan telúrica". A casa que levanta Lamazares é, en realidade "unha epifanía; é a morte como unha celebración; como a festa da vida", explica o comisario. A memoria da vida e da morte, e os significados posibles da palabra casa, estoupan nos soportes de cartón e madeira pintados con aceite industrial. Pero non hai casas, nin féretros. Só a tensión do significado que cada un ve nelas.
O artista, que vive en Berlín dende 2004 "porque é a cidade-aldea, ademáis de ser preciosa", pendurou en Ourense os sentimentos da súa propia memoria mesturada coa familiar. Unha parte destas series estivo xa exposta en Nova York, nun centro cultural da illa de Manhattan, en plena Gran Manzana, prácticamente ao mesmo tempo que na cidade das Burgas.
Pero aquí, na terra natal, enchéuselle de recordos. Dos seus anos, aló polos 70, cos artistas ourensáns entre os que salienta a Trabazos, Arturo Baltar, Vidal Souto, Alexandro ou Carlos Vello. "Enchéuseme de cariño", recoñece Lamazares, moi agradecido á Deputación de Ourense "con José Luis Baltar á cabeza", que se define coma "un pintor de Lalín con sangue de Auria". "Estudei nos franciscanos", dí para dar conta do seu xeito de afrontar á vida e tamén a pintura. "Traballo sempre sobre cartón e madeira, con elementos agarimosos", explica as súas técnicas.
Agora, recuperado o sentimento da súa mocidade artística ourensá, o pintor espera que os cidadáns ourensáns vexan e aprecien tamén a súa obra. "A min a exposición devolveume multiplicado o agarimo", recoñece sen se arrubiar.
Cando o domingo recolla todas as casas da emoción da memoria, Lamazares transportará esta "construción da alma" na que viven "a familia, a amizade e as cousas sinxelas que forman a vida", moi cedo, á Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Entrementres, o artista aférrase á única patria posible, a súa aldea de Maceira. Por eso tamén a elección da "impresionante cidade-aldea de Berlín", para vivir e traballar con ese, o seu xeito no fondo de raíz franciscana.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.