_
_
_
_
LUCES
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

O Xerais volve sorprender

Unha vez máis, o Premio Xerais conseguiu sorprendernos, transmitirlle un chisco de emoción a esta nosa literatura, tan proclive á institucionalización (e, xa que logo, a un certo anquilosamento). A traxectoria do certame é exemplar por moitas razóns, entre as que salienta a súa capacidade de renovación dende aquel xa lonxano 1984, cando unha novela policial, Crime en Compostela, axitou as plácidas augas das nosas letras provocando un dos debates máis afervoados, pero tamén máis productivos, das últimas décadas. Logo viría aquel lema argallado en 1989, nos tempos en que a editorial era dirixida por Víctor Freixanes: "A forza dos lectores". A partir de aí, o galardón amosaría unha inequívoca vontade de dialogar co público galego e, en consecuencia, o xurado pasaría a estar constituído por lectores e lectoras competentes pero non profesionais: entre os seus acertos máis logrados está o de premiar algunha das novelas máis vendidas da literatura galega (Galván en Saor), temas orixinais inspirados na nosa tradición como o do bandoleirismo (Morning star) e, sobre todo, facer visible a existencia dun grupo de narradoras, dende que en 2001 Marilar Aleixandre se fixera co galardón. Que moitas delas como Inma López Silva ou propia Rexina Vega, gañadora desta edición, se presentasen en sociedade da man do Xerais suliña o alto valor que os axentes literarios lle conceden ao premio e o dinamismo da súa traxectoria.

A convocatoria en 1986 do Premio Merlín, en paralelo ao Xerais, supuxo a entrada da literatura infantil e xuvenil no circuito canonizador e foi definitiva para rescatala da segunda división na que parecía condenada a xogar. Por suposto, cun pulo anovador semellante ao do premio de novela, que se concretaría na concesión do galardón a obras que reivindicaban o protagonismo feminino en xéneros como o relato de aventuras (A expedición do Pacífico), ou na aposta por modalidades consideradas pouco comerciais, tal a poesía para o público máis novo (Fafarraios).

Cando os premios literarios comezaron a ser tan numerosos que ameazaban con restarse visibilidade uns a outros, Manuel Bragado tivo a intelixencia e a flexibilidade de mudar a data de entrega dos premios, que tradicionalmente tiña lugar arredor do San Martiño e que dende 1998 pasou a celebrarse no mes de xuño, servíndonos para despedir a primavera e congratularnos da chegada do verán, nun acto aínda máis fermoso (e emotivo) dende que ten lugar na illa de San Simón. Na mesma liña, o actual equipo directivo soubo detectar os problemas derivados de convocar un único certame, o Merlín, metendo nun mesmo saco ao público máis novo. Porque ¿onde están os límites da infancia? ¿Cando comeza a adolescencia? ¿Como podemos atender ás necesidades dos lectores e lectoras máis formados, esixentes e ambiciosos, teñan a idade que teñan? De aí xurde a iniciativa do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, aínda comezando a súa andaina pero ao que me atrevo a augurarlle froitos logrados, se mantén a súa aposta ata singularizarse no noso espazo literario.

Concordarán en que non se pode escribir a historia destas últimas décadas de literatura galega sen contar coas achegas do Xerais e do Merlín; pois ben, teño a convicción de que nos vindeiros vinte anos seguiremos a albiscar nelas roteiros para o noso futuro.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_