_
_
_
_
Luces

Os sonetos de Shakespeare en galego: o soño dun lector

A tradución de Ramón Gutiérrez Izquierdo recolle os parabéns da crítica

En 1609 editábase en Londres Shake-Speares Sonnets, unha colección de 154 sonetos "never before Imprinted" [nunca antes impresos], que desde o século XIX se veñen considerando unha das cimeiras da cultura universal. Se a universalización dunha obra se pode medir polas traducións, desde finais do XVIII fixéronse unhas 70 versións completas en alemán, e hoxe está verquida desde o latín ao klingon. As traducións ao español do libro completo tardaron (a primeira, Luis Astrana Marín, é de 1941) e non chegan a unha ducia. O galego acábase de incorporar a ese club cos Sonetos de Shakespeare (Edicións Xerais de Galicia). Tanto esa estrea no noso idioma como a última e sen dúbida a máis completa versión ao castelán (en Visor) son de Ramón Gutiérrez Izquierdo (Ourense, 1956). As dúas recibiron as loas máis expresivas por parte da crítica, a pesar de que é a primeira incursión importante no xénero do seu responsable (en 1984 traducira, con Gonzalo Navaza, un libro de Douglas Gifford sobre mitoloxía americana) e, xa postos, tamén na poesía.

As versións de Izquierdo recibiron as loas máis expresivas
"Ao examinar outras versións, lense versos inintelixibles"
A tradución ao galego foi froito de máis de dez anos sobre os textos
"Esta non é unha tarefa á que teña pensado dedicarme", di

"Desde moi novo comprobei a fascinación xeneralizada polos Sonetos, a súa influencia na literatura ou no cine, pero eu, que sempre me tiven por bo lector, non entendía como aqueles xeroglíficos abstrusos que lía en castelán podían ter tanta fama. Así que decidín resolver unha dúbida: ou eu non era tan bo lector ou resultaba que as traducións non eran idóneas, precisamente. Érame máis cómodo crer o segundo", asegura Ramón Gutiérrez, que se licenciou en Filoloxía e Ciencias da Educación, e na actualidade é profesor de lingua e literatura galegas no campus de Ourense da Universidade de Vigo. A tradución dunha obra poética afronta o problema, a maiores dos de calquera recreación dun texto noutro idioma, de limitarse a reproducir o contido (de feito, Astrana Marín traduciunos en prosa), ou ben tentar manterse fiel á métrica, á rima ou ao ritmo. Gutiérrez afrontou todos os retos á vez: manter o sentido, a métrica e a rima e ademais, como afirma no prólogo, procurar que "o resultado suscite no lector a ilusión de encontrarse ante un texto poético orixinal". E mesmo da época.

"Examina outras versións e verás que hai versos inintelixibles. Os tradutores dominan o inglés, pero sen comprender plenamente o poema e o seu contexto cultural só se producen enxendros que manchan o nome de Shakespeare. Son moitas as dificultades derivadas das ambigüidades, dos xogos de palabras, do argot sexual da época", di Gutiérrez por teléfono. O resultado, a maiores do consabido logro de encher un baleiro, "revela fidelidad y también seducción rítmica", segundo considerou Ángel Rupérez en Babelia. "Una traducción rigurosa y soberbia. La espléndida versión de Ramón Gutiérrez me ha conmovido. La profundidad del pensamiento abisal, la hondura del aliento poético, la zozobra del sentimiento inacabable se desprenden tibiamente, como el río que no cesa, de los sonetos de Shakespeare", para a pluma ditirámbica do académico da Española Luis María Anson.

Todo ese traballo (que se reflicte na tradución dos sonetos e tamén na explicación de todos e cada un, que ocupa na edición de Xerais máis páxinas que a propia obra), foi o froito do soño dun lector, pero levoulle algo máis que unha noite de verán. Foron dez anos. Como sen dúbida ignoran Anson e os outros críticos da edición de Visor, a tradución ao castelán é en certa medida unha versión da galega. "Dediquei oito anos á traducir en galego. Fixen máis de dez versións completas e dalgúns sonetos ata 14. Logo rematei en dous anos a versión de castelán, porque me valeron moitas das solucións que forxara en galego". Aínda así, a esixencia por manter a musicalidade e a rima determinou diferenzas. Por exemplo, a primeira estrofa do primeiro soneto reza en galego: "Queremos que procreen as belas crïaturas, / e que non morra nunca a rosa da beleza, / senón que cando murche, co tempo xa madura,/ nun tenro herdeiro dela reviva e permaneza". En castelán converteuse en: "Queremos que procreen las bellas criaturas, / y que jamás la rosa de la belleza muera, / sino que ya marchita, después de que madura, / de su memoria sea su estirpe la heredera".

Desde a perspectiva do "non profesional" que deu conquistado un oito mil, Gutiérrez Izquierdo considera que o nivel da tradución ao galego "é moi satisfactorio. Hai obras que gozan dunha mellor tradución que ao castelán. A do libro de Amin Maalouf A viaxe de Baldassare

[versión de Xavier Queipo e Dolores Torres París en Edicións Xerais] é moi superior á publicada en castelán, como se evidencia desde a primeira páxina. Tamén son moi boas as traducións de Shakespeare que fixo para Galaxia Miguel Pérez Romero". O introdutor da poesía shakespereana ao idioma de Rosalía non ten ningún proxecto de tradución en perspectiva, "nin é unha tarefa á que teño pensado dedicarme". Nun país en que as autoridades culturais non consideran que sexa "un gran proxecto" traducir o Ulises de Joyce tampouco ten moito sentido.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_