_
_
_
_
Análisis:Luces
Análisis
Exposición didáctica de ideas, conjeturas o hipótesis, a partir de unos hechos de actualidad comprobados —no necesariamente del día— que se reflejan en el propio texto. Excluye los juicios de valor y se aproxima más al género de opinión, pero se diferencia de él en que no juzga ni pronostica, sino que sólo formula hipótesis, ofrece explicaciones argumentadas y pone en relación datos dispersos

Os 33 libros galegos en inglés

Na súa columna da semana pasada en Galicia Hoxe, o doutor Craig Patterson, profesor de galego e estudios hispánicos na Universidade de Cardiff (Gales) e presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, aposta por unha política inclusiva de promoción da literatura galega no mundo. Esta era a idea dun blogue que creei, mundoadiante.blogspot.com: que a literatura galega pode e debe expresarse no exterior. Aí constatei que o número de libros que se traduce dende e a unha lingua reflicte canto esa lingua dialoga con outras culturas e outros idiomas. É dicir, sen a tradución (segundo a cal se plasma o espírito para facilitar a comunicación), unha cultura péchase en si mesma, refuxindo do diálogo e da conversa. Non é este o carácter galego! E como o inglés vén sendo a lingua mundial, vehicular (non por casualidade), había que prestar especial atención ás traducións dende e ao inglés, porque moitos editores do mundo, que non entenden galego, pero si entenden inglés, optan por publicar libros despois de lelos neste idioma.

Só Rivas, Cunqueiro e Villar venden en inglés máis de mil exemplares
Más información
A cultura busca mapa para ir fóra

Primeiro hai que saber o estado da cuestión. Dado que unha tradución que non se publica non sirve para nada (máis ca darlle experiencia ao propio tradutor), e deixando á parte os textos soltos que foron aparecendo en periódicos e revistas, ¿cantos son os libros da literatura galega que foron publicados en inglés? A resposta debía darnos unha boa idea de como son as cousas. Para unha lingua que publica ao redor de tres mil títulos ao ano, segundo a Asociación Galega de Editores, ¿cal sería unha cifra razoable, unha cifra para compracerse, mesmo para poñerse contenta? ¿Dez... cen... mil? Falo de tódolos libros da literatura galega que se publicaron en inglés, non nun ano, senón en tódolos anos dende que saíu aquela fermosa escolma da poesía de Rosalía de Castro traducida por Charles David Ley e publicada polo Ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid en 1964. Pois, son 33. Doce títulos de autores contemporáneos, sete títulos de autores clásicos e catorce escolmas (para unha lista actualizada dos libros galegos publicados en inglés, véxase a páxina web smallstations.com/galician.html).

É moi importante non só o feito de se publicaren estes títulos, senón quen os publica e se os libros están dispoñibles. Neste sentido o autor que destaca por unha milla sobre os demais no panorama inglés é Manuel Rivas. Seis dos 33 títulos son seus, e cinco deles publícaos Random House (Harvill Secker, antes Harvill Press), que non é unha pequena editorial. Hai que admirar, e de feito admiro, o talento deste escritor, o seu puño xusticieiro, o seu cofre de imaxes, o seu incansable sentido do humor. O que fai Manuel Rivas é traducir historia, e testemuño disto é o derradeiro título que sae este mes no mercado anglosaxón, Os libros arden mal ou Books Burn Badly, unha novela en inglés de 545 páxinas, unha novela galega que espreme Galicia e que acaba de publicar, nunha magnífica edición de tapa dura, unha das maiores editoriais non só do Reino Unido, senón do mundo.

Pero, ¿onde están Rosalía de Castro e Xosé Luís Méndez Ferrín? Non se publicou ningún título individual deles. Non hai unha edición en inglés de Follas novas, e Rosalía é dabondo coñecida e respetada para que semellante publicación poida realizarse. Só hai tres escolmas da súa poesía cun total de 125 poemas (moitos repetidos), a máis recente unha edición feita polo poeta irlandés Michael Smith e publicada en 2007 polo sempre innovador Shearsman Books (que publica tamén Chus Pato e ha sacar Non son de aquí de María do Cebreiro). O profesor John Rutherford e o seu equipo de Oxford fixeron unha excelente tradución dunha escolma de contos de Méndez Ferrín, un libro predilecto do ex director da editorial Planet Books, John Barnie. Estes libros pódense conseguir a través do Internet e en contadas librerías.

O único outro autor cun perfil comercial, á parte de Rivas e de Álvaro Cunqueiro (pola tradución dun título, Merlín e familia, feita polo añorado Colin Smith e publicada por Everyman), é Domingo Villar, cuxos libros se traducen do castelán. As vendas destes tres autores (e só destes tres autores) superan os mil exemplares. Vendéronse doce mil de O lapis do carpinteiro en inglés (foi de lectura recomendada, é dicir no propio escaparate de Waterstone's, a principal librería do Reino Unido, cando saíu en 2001), dous mil de Merlín e familia e algo menos de Ollos de auga, o libro de Villar publicado por Arcadia Books. Segue Cousas, en tradución do equipo de Rutherford, con 350 exemplares vendidos, publicado outra vez por Planet Books.

Os outros títulos clásicos que se publicaron (aínda que isto non implica que teñan unha ampla distribución) son: Arredor de si de Ramón Otero Pedrayo, Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, Vento ferido de Carlos Casares, Xente de aquí e de acolá de Álvaro Cunqueiro, e o único título clásico da poesía, De catro a catro de Manuel Antonio. Outros autores contemporáneos que tiveron unha certa exposición en inglés son: Alfredo Conde (dous títulos), María Xosé Queizán, Miguel-Anxo Murado e Pepe Carreiro. Logo hai seis escolmas bilingües da poesía galega feitas polo PEN Clube de Galicia (son dúas), a Asociación de Escritores en Lingua Galega (con versión tamén en castelán e francés), a Universidade da Coruña, a Universidade de Essex (Hamlet Press) e Edicións Xerais (con versión tamén en castelán); e dúas escolmas do conto galego publicadas por Edwin Mellen e Foreign Demand.

Non está mal pero, como di Craig Patterson, había moito máis que facer. Estiven nos almacéns das grandes editoriais de Galicia, cheos de libros que están sen exportar a un mundo de lectores en lingua inglesa e máis alá. Non é difícil conseguir isto. Fan falta boas traducións, unha vontade política debidamente informada e aberta ás boas intencións dos editores estranxeiros, e pontes de comunicación. Montar unha oficina de promoción da literatura galega en inglés custaría unha fracción do orzamento previsto para o Ano do Libro e da Lectura, 2.850.000 euros segundo ten anunciado a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura. É cuestión de unir forzas.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_