Jazz e blues para todos enVigo e Pontevedra
As cidades do sur apostan por achegar os concertos aos cidadáns cun programa de culto
Os seguidores do jazz e do blues en Galicia terán que mirar cara ao sur este verán para atopar as propostas máis interesantes. Como ven sucedendo nos últimos 15 anos o festival de Pontevedra é unha cita inexcusable aínda que este ano non estarán presentes figuras tan mediáticas coma Robert Cray ou Solomon Burke, que interviron noutras edicións. Pola súa banda o festival Imaxina Sons de Vigo, que comezou onte coa actuación de Jan Garbarek, segue a consolidarse e presenta este ano un programa cheo de concertos en distintos auditorios, prazas e pubs da cidade.
No interior o máis destacado será o festival Novas Músicas que se celebra en Monforte de Lemos. Entre as actuacións máis destacadas están as de Andy Phillips Trio (21 de agosto), Kiko Aguado & Celia Mur (22 de agosto) e Maria João e Mario Laginha (25 de agosto). Agás esta última actuación que terá lugar no auditorio da vila, o resto dos concertos se celebrarán ao ár libre na Praza de España.
Imaxina Sons prolongárase ata o 1 de xullo e entre as actuacións de pago se atopan as do grupo The Missing Stompers (23 de xuño), Chano Domínguez (24 de xuño) e Imaxina Jazz Orchestra. (1 de xullo).
Haberá multitude de actuacións de balde, como a que protagonizará a Orquesta Nacional de Jazz de Francia, que rendirá o seu particular homenaxe ao grupo Led Zeppelin. O festival fai unha clara aposta polos músicos de jazz galegos e por traer a artistas que amosen o desenvolvemento das distintas tendencias en España. No terreo internacional a preferencia son os grupos europeos, aínda que tamén acuden bandas norteamericanas.
O festival de Pontevedra seguirá o costume de ofrecer actuacións de calidade sempre de balde. As prazas do Teucro e da Ferraría acollerán as actuacións de grupos coma Walter Smith III Trio (19 de xullo), Xacobe Martínez Antelo Quinteto (20 de xullo), The Joshua Redman Trio (22 de xullo), Kurt Elling (23 de xullo) ou The Campbell Brothers (24 de xullo). Un dos momentos estelares da cita pontevedresa chegará coa actuación de los míticos Magic Slim & The Teardrops (25 de xullo), unha das mellores bandas de blues de Chicago. O vello guitarrista Magic Slim encabeza un grupo que leva máis de corenta anos grabando discos e realizando actuacións en directo por todo o mundo.
A historia viva do blues que representa Slim dará paso as novas tendencia do jazz coa actuación do grupo Bojan Z, que pechará o festival o 26 de xullo. O pianista Bojan Zulfikarpasic encabeza unha formación que sorprenderá ao público polas súas arriscadas improvisacións.
O festival pontevedrés une ás actuacións musicais a organización de obradoiros nos que participan algúns dos músicos invitados aos concertos. As jam sessions, que terán lugar cada noite no Night&Day Café son outro dos atractivos para todos os que desexen vivir plenamente a cita con mundo do jazz con máis anos de tradición en Galicia, que cada ano congrega a amantes do jazz chegados de toda a comunidade.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.