_
_
_
_
Reportaje:Luces

Éxito galego no Curdistán

A tradución ao curdo de 'Made in Galiza', de Séchu Sende, vende 3.000 exemplares

Made in Galiza (2007), o libro de relatos que Séchu Sende escribiu botando man da tradición "insumisa" da retranca, véndese no Curdistán por catro liras turcas -case 8,50 euros-. Saíu á venda, en curdo, o Día das Letras Galegas, hai pouco máis dun mes, e dende aquela esgotou tres edicións de mil exemplares cada unha: tres mil libros escritos nun idioma que falan entre 20 e 30 millóns de persoas e que, malia non estar prohibido oficialmente, segue atopando atrancos para a súa normalización nas escolas, na cultura e na administración.

"Curdos e galegos temos algo que nos une: o conflito lingüístico e a vivencia da precariedade", resume Séchu Sende (Padrón, 1972) ao tentar achar respostas a un éxito do que confesa sentirse sorprendido. O Made in Galiza curdo (Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim, editado por Avesta) é resultado dunha tradución previa do galego ao turco, aínda sen publicar, realizada por Irfan Güler e Pepa Baamonde. A partir dela, 35 representantes da cultura curda -non só escritores, senón tamén políticos e cantantes- traduciron ao idioma propio os 45 relatos que Séchu Sende botou ao prelo en 2007. "Pensamos que un libro así podía mudar a mentalidade do pobo", explica Güler, tradutor ademais de dous relatos de Made in Galiza, A cabeza voadora e Os homes das sulfatadoras. Güler sinala que a existencia dun Estado represor -a rexión histórica do Curdistán ocupa parte de Irán, Iraq, Turquía e Armenia, onde o idioma sofre distintos graos de censura- acabou por producir no pobo unha caste de autoodio. Por iso o tradutor, que agarda vender até 10.000 exemplares da obra até finais de ano, non dubida en calificar esta edición de "histórica". Éo en sentido estricto, porque nunca un libro en galego fora traducido ao curdo sen pasar antes polo castelán. Tamén, sinala Güler, porque os libros neste idioma non soen alcanzar "números tan grandes".

Sende: "Únenos o conflito lingüístico e a vivencia da precariedade"

Made in Galiza recurre ao humor e á fantasía para abordar un conflito que segue aberto en moitas partes do mundo. Por iso Sende rexeita que a súa obra se entenda coma a queixa dun galego cara os seus iguais. "O libro é cooperativo, resultado de xuntar moitas voces", di. Presentes as pantasmas da casa -a diglosia ou a perda do galego entre os mozos, por exemplo- Sende fíxase nos dramas dos outros, non tan diferentes dos propios. Tras unha viaxe á Capadocia comezou a interesarse pola situación do idioma curdo, e de tal preocupación naceu Um lugar sem palavras, a historia imaxinada dunha aldea remota do Curdistán, Varba, que cala para sempre cando lle prohíben usar a súa lingua. "Hai 10 anos que o curdo non está prohibido en Turquía", recorda Güler, "pero aínda así os nenos non teñen posibilidades de ser educados no seu propio idioma. Unha tradución do galego é máis importante para nós que do inglés, do francés ou do español, porque temos con Galicia máis puntos en común".

O equipo de tradutores de Made in Galiza é diverso e mesmo sorprendente: dende Osman Özçelik, deputado kurdo no Parlamento turco, ao lingüista Ergîn Opengîn ou Sivan Perwer, unha das voces máis coñecidas da música curda, exiliado dende 1976 por denunciar a través da súa música a opresión do seu pobo. "Este é un libro escrito para outros", subliña Sende, que define como "insostible" a censura que sofre a sociedade curda. "Non só lle falta representación política, senón que ademais perde falantes", engade antes de lembrar que este fenómeno non entende de continentes nin de idiomas. "O castelán está na mesma situación en Porto Rico, onde se estende o inglés".

O padronés xa levou a súa obra a algunhas feiras literarias, como a de Diyarbakir e en outubro irá á de Estambul. Retrocede aos días álxidos do afundmiento do Prestige -foi parte activa do colectivo Burla Negra- para explicar as orixes de Made in Galiza, que vendeu en galego uns 16.000 exemplares e vai pola sexta edición. "Hai moita xente insensible a este problema, pero moitas veces quéresenos presentar o oprimido como o opresor", denuncia. O curdo -un dos pobos sen Estado máis numeroso do mundo- perde falantes nas cidades e entre os mozos e a administración obstaculiza a súa ensinanza nos colexios. "Os sistemas escolares en linguas minorizadas non gustan aos estados. Aquí e no Curdistán, son unha ferramenta de control social e cultural", asegura Sende, profesor amais de escritor. O autor pon un exemplo: hai tres anos, o Concello de Santiago enviou manuais de lingua curda para os cativos dunha cidade irmandada con Compostela. Nunca máis se soubo deles.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_