_
_
_
_
Reportaje:POP ROCK / ELECTRÓNICA | Luces

De Bob Dylan a Chemical Brothers

Galicia debe de ser un dos poucos lugares de España onde aínda non se celebra un gran festival de pop rock ao longo do verán. En compensación hai unha lista interminable de eventos dispersos que fan que calquera poida atopar algún concerto do seu gosto ao que asistir nestes meses de lecer. As actuacións de grupos e cantantes internacionais mestúranse con pequenos festivais nas vilas nos que desfilan desde bandas galegas novas ata grupos españois e estranxeiros que trunfaron hai moitos anos e que agora voltan aos escenarios.

O primeiro gran concerto chegará a semana que vén coa presenza do cantante colombiano Juanes (20 de xuño) no Multiusos do Sar de Santiago. Ao día seguinte, no mesmo escenario, e celébrase o Día da Música coas actuacións de Deluxe, Iván Ferreiro e Quique González. Antes de que remate este mes, o venres 27, chegará ao recinto feiral de Vigo Bob Dylan para ofrecer o que será un dos concertos máis agardados do ano. Non é a primeira vez que vén, pero a presenza deste mestre do rock sempre é atractiva, sobre todo para a súa lexión de seguidores incondicionais.

Más información
Os festivais canean a crise

O mes de xullo é o que concentra máis concertos destacados. O festival Cultura Quente de Caldas de Reis reunirá na carballeira do concello, os días 11 e 12 de xullo, a bandas tan diversas coma os británicos The Godfathers, os mexicanos Café Tacuba e os romaneses Taraf de Haidouks. A entrada é de balde. En Vigo outro dos concertos máis esperados do verán chegará o 23 de xullo coa actuación en Castrelos do ex líder de Supertramp Roger Hodgson. Pola súa banda, as festas do Apóstolo en Santiago aínda non pecharon o seu programa pero xa se pode confirmar a presenza dos brasileiros Caetano Veloso (21 de xullo), Toquinho e Maria Creuza (26 de xullo) e da canadiense Loreena McKennitt (30 de xullo). Ese mesmo día chegarán ao Coliseum coruñés unha das bandas lexendarias do hard rock, os británicos Whitesnake. Na mesma data en Vigo a protagonista será a música latina co concerto de Rubén Blades en Castrelos. A axenda do mes de xullo é apretada e mesmo maís dun seguidor da música en directo pode atoparse con dúbidas para elixir entre dous bos concertos que coinciden no mesmo día.

Outra das citas ineludibles do verán para moitos galegos é o festival portugués de Paredes de Coura, que se celebra a vinte kilómetros da fronteira, e que este ano trae a grupos coma os míticos Sex Pistols, Primal Scream, Editors ou Thievery Corporation. Celébrase entre o 31 de xullo e o 3 de agosto.

Neste mes a actividade será menor sobre todo no que se refire a figuras internacionais. De todos os xeitos non faltarán oportunidades de poder ver en directo a grupos de diversos estilos. Dúas vilas coruñesas programan cadanseu festival no fin de semana do 8 e 9 de agosto. O Felipop de Fene cumpre o seu décimo aniversario coa participación de bandas británicas coma The Coal Porters e Colin Hake & Honeybus, cos arxentinos Super Ratones e con bandas españolas coma Feedbacks, Los Marañones o La Granja. En Ordes o festival Brincadeira traerá nas mesmas datas a grupos coma Krakovia, Def con Dos, Los Coronas e Amparanoia.

Os últimos concertos do verán chegarán en setembro. O día 2 anúnciase un novo festival, Creamfields, que se celebrará no recinto feiral de Vigo e que conta cos Chemical Brothers coma cabeza de cartel. Tamén estarán, entre outros, Derrick May, James Holden e Alexander Kowalski. Uns días máis tarde, entre o 19 e o 21 de setembro, chegará a vila de Allariz o festival Reperkusión, que xa confirmou a presencia de grupos coma Roy Paci & Aretuska. Tonino Carotone e Los Delinqüentes.

A este amplo calendario de concertos hai que engadir a presenza de diversos grupos e cantantes españois que pasarán pola xeografía galega. Amaral, Miguel Bosé, Estopa, Extremodura, Hombres G e Pereza son algúns deles, pero a lista se incrementará cando se pechen os carteis das festas dos concellos. O verán musical galego ofrecerá opcións para todos os públicos.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_