_
_
_
_
Luces

Samir Amin, na Semana Galega da Filosofía

A relación entre a filosofía e a mentira presidirá a XXVIII Semana Galega da Filosofía, que se celebrará do 25 ó 29 de abril en Pontevedra baixo a organización da Aula Castelao e Filosofía e co exipcio Samir Amin como invitado estrela. "Vivimos tempos escuros nos que o engano e a mentira xogan un papel relevante, un tácito acordo que cremos necesario", explicou onte no acto de presentación do programa o seu coordinador, Carlos Calviño.

"A filosofía posúe as armas indicadas para enfrontar o desafío da mentira instalada no poder político e económico", afirmou. As xornadas estrutúranse en tres bloques nunha semana intensiva, con charlas de mañá, tarde e noite. Dunha aproximación xeral no bloque de mañá, Unha ollada filosófica á mentira, pasarase polas tardes a formular a influencia da mentira institucional e mediática en Galicia co título de Galiza: enganos e quimeras. As noites estarán destinadas á análise "dalgunhas das mentiras que circulan na conciencia colectiva" na política, os medios ou a economía baixo o epígrafe Ficcións instaladas.

Barreiro e a mentira

Asistirán, entre outros, Isabelle Garo, do Lycée Chaptal de París, para falar sobre a mentira política, asunto sobre o que tamén tratará Xosé Luís Barreiro no plano galego, cun discurso sobre "a falsa reivindicación da autonomía". "Nós cremos que forma parte da nosa herdanza delatar sen miramentos esta metáfora que é unha condena para a meirande parte da poboación mundial", insistiu Calviño. As falsidades da revolución tecnolóxica tamén serán abordadas, con mención á súa influencia na educación en Galicia. O programa Abalar para a introdución dos recursos dixitais nas escolas galegas será analizado polos profesores Francesc Llorens i Cerdá e Ramón L. Gil Sánchez. Coas revolucións no mundo árabe de fondo, a presenza de Samir Amin brindará a oportunidade de coñecer de primeira man as opinión do economista exipcio sobre a xénese e consecuencias dos cambios no norte de África. O veterano autor marxista fará un repaso pola traxectoria do capitalismo histórico.

Os organizadores elixiron a estampa A verdade de Castelao como imaxe do foro. "Os homes, mulleres e nenos están cegos; a ceguera é un produto da alienante realidade cotiá que nos impoñen", xustificou Calviño. "E a rebeldía pasa por unha crítica feroz e descarnada", avanzou.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_