Entrevista:UNHA LINGUA RENDIBLE | Esteban Solleiro - Egatel | LUCES

"Nas 'telecos' o idioma está a entrar a fondo"

Egatel produce en Ourense transmisores e radiodufusores e ten participado no desenvolvemento do 70% da rede de Televisión Dixital Terrestre (TDT) en España. Factura 7,5 millóns de euros e emprega a 60 técnicos e operarios. Pero un dos rasgos da personalidade de Egatel é que constrúe a dixitalización da televisión en galego. "Nas telecos o galego está entrando a fondo" sinala Esteban Solleiro, o vicepresidente da compañía do Parque Tecnolóxico de Ourense. "Na actividade laboral esta é unha empresa moi concienciada co uso do galego, porque o 80% dos empregados somos galegofalantes", relat...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Egatel produce en Ourense transmisores e radiodufusores e ten participado no desenvolvemento do 70% da rede de Televisión Dixital Terrestre (TDT) en España. Factura 7,5 millóns de euros e emprega a 60 técnicos e operarios. Pero un dos rasgos da personalidade de Egatel é que constrúe a dixitalización da televisión en galego. "Nas telecos o galego está entrando a fondo" sinala Esteban Solleiro, o vicepresidente da compañía do Parque Tecnolóxico de Ourense. "Na actividade laboral esta é unha empresa moi concienciada co uso do galego, porque o 80% dos empregados somos galegofalantes", relata Solleiro, que considera que o emprego da lingua galega nos negocios "está mellorando".

"Nós, cos nosos clientes non podemos falar galego porque a meirande parte son de fóra de Galicia e debemos recoñecer que dentro de Galicia tampouco é o idioma da economía. Mais é cousa de poñerse . Egatel agora está estendendo o galego a todas as comunicacións internas, ao papeleo, as tramitacións e nóminas. A electrónica pode falar galego igual que fala chinés", subliña Esteban Solleiro.

Más información

Hai catro meses, Egatel foi absorbida polo grupo español EMTE. Aínda así, a empresa ourensá mantén a súa aposta por empregar e divulgar a lingua que usan a maioría dos seus enxeñeiros.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En